Saltar ao contido

Lluís Borrassà

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaLluís Borrassà
Biografía
Nacementoc. 1360 Editar o valor en Wikidata
Xirona, España Editar o valor en Wikidata
Morte1425 (Gregoriano) Editar o valor en Wikidata (64/65 anos)
Barcelona, España Editar o valor en Wikidata
Actividade
Lugar de traballo Cataluña Editar o valor en Wikidata
Ocupaciónpintor Editar o valor en Wikidata
Familia
CónxuxeCaterina Coral (1388–) Editar o valor en Wikidata
Detalle do retablo de San Pedro en Terrassa

Lluís Borrassà (Xirona, ?- Barcelona, 1424/1426) foi un pintor catalán, introdutor e representante destacado do estilo gótico internacional.

Membro dunha familia xironina de pintores e artesáns, foi no obradoiro familiar onde se formou. O seu primeiro traballo documentado é a reparación dos vitrais da catedral de Xirona (1380). Mais a súa vida e obra desenvolveuse sobre todo en Barcelona, onde chegou arredor do ano 1385.

Recolle a herdanza italianizante dos irmáns Serra, á que dota de maior expresividade e dramatismo. Considéraselle o introductor do estilo gótico internacional en Cataluña.

Pintou numerosos retablos, de corpos superpostos, cun cromatismo brillante.

Influíu en artistas posteriores, como Joan Mates ou Bernardo Martorell.

Outras obras

[editar | editar a fonte]