Saltar ao contido

Lingua loup

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Loup
Nipmuck
Pronuncia:[lu] loo
Falado en: Estados Unidos de América Estados Unidos
Rexións: Massachusetts e Connecticut
Extinción: Extinta no século XVIII.
Familia: Álxico
 Algonquino
  Algonquino oriental
   Loup
Escrita: Transcrito co alfabeto latino
Códigos de lingua
ISO 639-1: --
ISO 639-2: ---
ISO 639-3: ambos:
xlo — Loup A
xlb — Loup B
Mapa

Localización da tribo nipmuck e os seus veciños c. 1600.
Status

O loup está clasificado como extinto polo Libro Vermello das Linguas Ameazadas da UNESCO[1]

A lingua loup ou nipmuck é unha lingua morta, ou posiblemente un grupo de linguas, da familia algonquina que se falou na Nova Inglaterra colonial. Foi testemuñada nun caderno titulado Mots loups (traducido literalmente como "palabras de lobo"), recompilado por Jean-Claude Mathevet, un sacerdote que traballou entre os pobos algonquinos, que consta de 124 páxinas.[2] Loup ('lobo') foi o termo etnográfico colonial francés, e o seu uso era inconsistente. Na literatura moderna, refírese a dúas variedades, loup A e loup B.[3] A lingua do caderno Mots loups é diferente de todas as outras linguas de Nova Inglaterra, e crese que era falada polo pobo nipmuc.[2]

Documentación

[editar | editar a fonte]
Sinal no lago Chaubunagungamaug, un nome de lugar orixinario do pobo nipmuc.

Loup A, que é probablemente a lingua dos nipmuck,[3] está principalmente testemuñada a partir dunha lista de palabras rexistrada de refuxiados na misión St. Francis dos abnaki do Quebec. Os descendentes destes refuxiados convertéronse en falantes de abnaki occidental no século XVIII. Loup B refírese a unha segunda lista de palabras, que mostra unha ampla variación dialectal. Este pode non ser unha lingua distinta, senón só notas sobre a falada de varios refuxiados algonquinos de Nova Inglaterra en misións francesas.[4] Segundo Gustafson 2000, a localización xeográfica e a fonoloxía do loup descartan a asociación con calquera outra tribo agás os nipmuck.[2]

Fonoloxía

[editar | editar a fonte]

Os sons vocálicos probablemente teñan a mesma calidade fonética que outras linguas algonquinas do sur de Nova Inglaterra. As vogais curtas /i o e a/ poden representar os sons como [ɪ], [ʊ], [ɛ, ə] e [ʌ], mentres que as vogais longas /iː/, /oː/ e /ã/ corresponden a /i/, /o/ e /ã/.[2][5]

  1. Moseley, Christopher e Nicolas, Alexandre. "Atlas of the world's languages in danger". unesdoc.unesco.org. Consultado o 11 de xullo de 2022. 
  2. 2,0 2,1 2,2 2,3 Gustafson, Holly Suzanne (2000). A Grammar of the Nipmuck Language (PDF). Deparament of Linguistics, University of Manitoba, Winnipeg, Manitoba. 
  3. 3,0 3,1 Goddard, Ives (2012). "The 'Loup' Languages of Western Massachusetts: The Dialectal Diversity of Southern New England Algonquian". Papers of the 44th Algonquian Conference (SUNY Press) 44: 104–138. 
  4. Victor Golla, 2007. Atlas of the World's Languages
  5. Costa, David J. (2007). The Dialectology of Southern New England Algonquian (PDF). Arquivado dende o orixinal (PDF) o 25 de agosto de 2018. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]