Laura Alonso Padín
Este artigo ou sección precisa dunha revisión do formato que siga o libro de estilo da Galipedia. Pode axudar a mellorar este artigo e outros en condicións semellantes. |
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde xuño de 2020.) |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 2 de xaneiro de 1976 (48 anos) Vilagarcía de Arousa, España |
Educación | Hochschule für Musik Karlsruhe (en) |
Actividade | |
Ocupación | cantante de ópera |
Xénero artístico | Ópera |
Tesitura | Soprano |
Instrumento | Voz |
Familia | |
Pai | Luís Alonso Girgado |
Sitio web | laura-alonso.com |
Laura Alonso Padín, nada en Vilagarcía de Arousa o 2 de xaneiro de 1976,[1] é unha soprano operística galega. Comezou a súa carreira en 1999, cando se converteu en membro do Aalto-Musiktheater de Essen (Alemaña). Tamén ten aparecido como artista principal en moitos teatros internacionais con distintas agrupacións orquestrais de prestixio.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Filla de Luís Alonso Girgado e M.ª Paz Padín Castro, comezou os seus estudos musicais no Conservatorio de Santiago de Compostela, proseguíndoos na Escola Superior de Canto de Madrid co barítono Antonio Blancas.[2] Tras graduarse en canto e violín marcha a Alemaña a estudar na Hochschule für Musik de Karlsruhe en 1993 coa prestixiosa bolsa de estudos da Fundación Alexander von Humbolt alemá cos profesores Aldo Baldin, Anna Reynolds e Jean Cox, e lied con Hartmut Höll, entre outros mestres.
Aos 21 anos cantou a súa primeira ópera, Fidelio, de Ludwig van Beethoven, no Aalto-Musiktheater da cidade alemá de Essen,[3] onde aos 23 anos entrou na súa compañía de ópera. No teatro alemán interpretou entre outros, os papeis de Mimí en La Bohème, Gilda en Rigoletto, Susanna en Le nozze di Figaro, Zdenka en Arabella, Pamina en Die Zauberflöte, ou a en Dialogues des carmélites, así como numerosos concertos. Máis de 400 representacións operísticas e concertos en total, soamente nesta casa de ópera.
Destacou tamén a súa interpretación do papel de Magda na ópera de Puccini La rondine en Utrecht e Ámsterdan coa orquestra TROS, substituíndo de xeito precipitado a Angela Gheorghiu, e obtendo un grande éxito de crítica. Debutou na Staatsoper Unter den Linden de Berlín coa ópera de Richard Strauss Ariadne auf Naxos.
En decembro de 2006, publicou o que é considerado o seu traballo discográfico máis ambicioso, "Col sorriso d'innocenza", un traballo que recolle arias pouco coñecidas de belcanto en colaboración coa Orquestra Filharmónica de Málaga e que colleitou excelentes críticas entre a prensa operística internacional. No ano 2007 encarnou a Sandrina en La finta giardiniera de Mozart durante o Festival de Salzburgo con motivo do ano Mozart, e ese mesmo ano inaugurou o Auditorio Miguel Delibes de Valladolid interpretando un programa de arias de belcanto co tenor canario Celso Albelo e a Orquesta Sinfónica de Castilla y León baixo a batuta de Alejandro Posada. En 2009 participou na estrea en Alemaña da ópera de Granados Goyescas, encarnando a Rosario.
En 1998, recibiu o Premio á Mellor Artista do Teatro (Aalto Theater Essen),[4] concedido por votación popular, e cantou no Teatro no 2010 durante as celebracións da Capital Europea da Cultura 2010, cando a cidade representou á rexión de Ruhr. En novembro dese mesmo ano debutou no Alice Tully Hall do Lincoln Center (Nova York) na representación da ópera de Ricardo Llorca Las horas vacías, obtendo un grande éxito de crítica e público.
En 2011, debutou no Teatro Colón de Buenos Aires (Arxentina), onde encarnou a Lulu, na ópera homónima de Alban Berg baixo a dirección do estadounidense Stefan Lano e con Alfredo Arias na dirección escénica. Ese mesmo ano debutou en Roma cantando a Sinfonía Nº 4 de Mahler, e realizou diversos concertos e producións operísticas en países como México, Perú, Chile ou Brasil.
É convidada regular en teatros e salas de concertos de renome internacional como o Auditorio Rishon Le Zion (Israel), Lincoln Center de Nova York, Teatro Belas Artes en México, Philharmonie de Colonia, Berlín e Essen, Laeiszhalle de Hamburgo, Konzerthaus de Berlín, Karlsruhe e Dortmund, Kuppel Saal de Hannover, Shanghai Oriental Arts Center, Maestranza de Sevilla, Herodes Atticus de Atenas, Concertgebouw de Amsterdam, Utrecht Auditorium, Os Angeles Auditorium (E.E.U.U.), Palau de Valencia e Barcelona, entre outros moitos.
Como gañadora de eminentes premios en concursos internacionais de canto destaca o seu Primeiro Premio no último Certame Alfredo Kraus, xunto a outros nos certames Franco Corelli, Verviers ou Jaume Aragall.
Cantou regularmente con directores do prestixio de Stefan Soltesz, Ión Marin, Philipp Jordan, Zoltan Peszko, Víctor Pablo Pérez, Heiko Matthias Förster , Antonello Allemandi, Frans Brüggen, Helmuth Rilling, Jiri Kôut , Karel Mark Chichon ou E. Plasson, en importantes teatros europeos, como a Deutsche Oper am Rhein, Nationaltheater Mannheim, Staatsoper Berlin, Oper Leipzig, Oper Frankfurt, Staatstheater Darmstadt, Ópera National de Lorraine, Staatstheater Braunschweig, Théâter de Poissy , Komische Oper Berlin , Theater Freiburg, Theater Lübeck, Guanzhou Opera House, Harbin Opern, NCPA Beijing, ou Brno na República Checa.
Colaborou con mestres de escena tales como A. Pilavachi, De Tomasi, Johannes Schaaf, Pontiggia, Berndt, Schlingensief ou Hilsdorf e actuado nos Festivais de Las Palmas de Gran Canaria, o Festival de Royaumont, Bregenzer Festspiele, Verbier Festival, Expo Hannover, Innsbrucker Festwochen, Îlle-de-France Festival, Festival de Santander, Festival de Salzburgo, ou na Semana da Ópera de Berlín, entre outros.
Podemos destacar na súa carreira o seu papel de Giulia na Scala di seta de Rossini, durante unha xira europea coa Freiburger Barockorchester, baixo a dirección de Attilio Cremonesi; a súa actuación en Ariadne auf Naxos na Staatsoper de Berlín ou o seu debut no Festival de Innsbruck (Austria) co papel de Cleopatra na ópera Giulio Cesar, de Antonio Sartorio, editado en disco polo selo ORF, que lle valeu o meritorio Diapason D‘ Or da crítica francesa.
Mención especial merecen tamén éxitos como o de Magda na Rondine de Puccini, que interpretou en Utrecht(Holanda) coa T. R.O.S. e o mestre Gómez Martínez á batuta, así como as funcións do Festival de Salzburgo, no rol de Sandrina, da Finta Giardiniera, con motivo do ano Mozart e coa posta en escena de Doris Dörrie, así como un gran concerto de cancións españolas xunto á Sinfónica de Hamburgo, e a afamada guitarrista chinesa Xuefei Yang, na Laeiszhalle de Hamburgo.
Alonso Padín fixo unha xira polas principais cidades de Alemaña xunto ao tenor chileno Felipe Rojas (Deutsche Oper Berlin) acompañada pola Neue Philharmonie Westfalen, cantando zarzuela, e actuou xunto á Orchestra di camera di Firenze, con obras de Vivaldi baixo a dirección do mestre Guven Yaslicam en Florencia.
Interpretou o Retablo de Maese Pedro de Manuel de Falla en Tel Aviv, e o rol de Donna Anna do Don Giovanni na ópera en Chile, así como varios concertos coa Orquestra Sinfonica dei Roma coa 4ª Sinfonía de Mahler que cantou tamén coa Sinfónica de Galicia e a Sinfónica de Bilbao.
Dedica gran parte do ano a facer recitais e masterclasses en diversos países do mundo moitos deles co pianista Marcelo Amaral e proximamente con Hartmut Höll. Alonso Padín actuou coa Sinfónica de Exipto, e nas máis importantes salas da China. En 2014 cantou o papel de Violetta na Traviata na ópera de Darmstadt, e volveu a interpretar o papel de Lucia dei Lammermoor en Illinois, así como o papel de Konstanze en Die Entführung aus dem Serail de Mozart, tamén en Illinois. No 2014, debutou na Herkulessaal de Munich , na Smetana Hall de Praga, e actuou de novo en Düsseldorf e Berlín con senllos concertos de arias de ópera con orquestra.
Con gran éxito de crtítica tamén actuou no teatro de Belgrado como Gilda en Rigoletto, e como Violetta na Traviata en Rousse, Bulgaria. Nese mesmo ano foi a solista no concerto de ano novo da prestixiosa Dallas Symphony Orchestra xunto ao mestre Dohnányi.
Foi Rosina de Barbiere na Ópera de Tel Aviv, Violetta na ópera de Lviv en Ucraína, e en Rovereto en Italia en abril do 2017; en Chengdú na China, cantou o papel de Carmen, tras facela con gran éxito en Taiyuan (China), baixo a dirección do mestre Michael Köhler.
Debutou en 2017 o Réquiem de Verdi nun gran concerto a favor dos refuxiados en Leipzig en Alemaña, xunto á Filarmónica de Leipzig. No verán do mesmo ano, cantou xunto ao recoñecido tenor mexicano Héctor Sandoval, arias e dúos de ópera xunto á Sinfónica de Castela e León no Festival Little Opera de recente creación, con excelentes críticas. Fixo o seu debut no Carnegie Hall en decembro de 2017 cun concerto de canción española, xunto á prestixiosa pianista da Metropolitan Opera, Yelena Kurdina.
En xullo de 2018 encarnou a Violetta na Traviata en Zhejiang na China, e en España en varios teatros e salas; actuou na cidade brasileira de Natal xunto á orquestra do Río Grande do Norte, e tivo funcións de ópera en Cluj- Napoca, e na prestixiosa Elbphilharmonie de Hamburgo xa en dúas ocasións.
En 2019, cantou novamente Violetta na Traviata, Leonora (Il Trovatore), Aida, Tosca, Turandot (papel principal) e tivo moitas actuacións como Madame Butterfly, en Morelia (México), en Santiago de Compostela e outras cidades de España.
Dende 1994 reside en Berlín.[5]
Repertorio
[editar | editar a fonte]Ópera e opereta
[editar | editar a fonte]Zarzuela
[editar | editar a fonte]Oratorio e outros
[editar | editar a fonte]Premios
[editar | editar a fonte]- 1º premio do Concurso Internacional de Canto Alfredo Kraus.[6]
- 1º premio do Alfredo Kraus International Singing Competition.
- 1º premio do Concurs Internacional de Cant Jaume Aragall.
- 1º premio do Internationalen Gesangswettbewerb von Verviers.
- Obtivo o Diapason d'Or pola gravación de Giulio Cesare in Egitto, de Antonio Sartorio.
Discografía
[editar | editar a fonte]- Las horas vacías, Ricardo Llorca. Director: Emmanuel Plasson. The New York Opera Society Orchestra. Selo: Columna Música, España.
- Col sorriso d'innocenza Arias de belcanto por Laura Alonso. Director: Alexander Livenson. Orquesta Filarmónica de Málaga. Compositores: Bellini, Rossini, Donizetti... Selo: Columna Música, España.[7]
- Lúa Descolorida Música galega con Laura Alonso, soprano. Juan Manuel Varela, piano. Cancións de Osvaldo Golijov e Antón García Abril. Selo: Columna Música, España.
- Antoloxía Vol. 1 A canción de Concerto: Antoloxía Vol. 1. Laura Alonso, soprano. Manuel Burgueras, piano. Cancións sobre textos literarios galegos. Edicións Xerais de Galicia.
- Tutto Verdi no Aalto-Musiktheater de Essen. Concerto benéfico para a reconstrución de La Fenice de Venecia.
- Na Boca Das Camelias Laura Alonso, soprano. Juan Manuel Varela, piano. Música galega de varios compositores.
- Giulio Cesare in Egitto, Antonio Sartorio. Director: Attilio Cremonesi. Innsbrucker Barockfestspiele. Laura Alonso como Cleopatra. Selo: ORF, Austria.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Redacción (23 de agosto de 2014). "Laura Alonso Padín: "La ópera es un arte con mayúsculas. Sería ideal involucrar más a Galicia con la música clásica"". elcorreogallego.es (en castelán). Consultado o 8 de marzo de 2021.
- ↑ Gran Enciclopedia Galega Silveiro Cañada
- ↑ Españoles por Europa (3) Arquivado 22 de setembro de 2011 en Wayback Machine. en El País
- ↑ "AALTO-BÜHNENPREISTRÄGER" (PDF). theater-essen.de (en alemán). Arquivado dende o orixinal (PDF) o 23 de marzo de 2021. Consultado o 8 de marzo de 2021.
- ↑ Fuentes Romero, Emilio (21 de agosto de 2011). "Españoles por Europa (3)". lacomunidad.elpais.com (en castelán). Archived from the original on 22 de setembro de 2011. Consultado o 8 de marzo de 2021.
- ↑ Redacción (24 de xullo de 2016). "Laura Alonso Padín, la soprano gallega que emigró para triunfar en la ópera". noticiasgalicia.com (en castelán). Consultado o 19 de decembro de 2023.
- ↑ "Col Sorriso D'innocenza". music.apple.com. Consultado o 8 de marzo de 2021.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Laura Alonso Padín |
A Galipedia ten un portal sobre: Ópera |
Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Barrera, F., ed. (2002). Gallegos. Quién es quien en la Galicia del siglo XXI. El Correo Gallego. p. 23. ISBN 84-8064-113-4.
- Gran Enciclopedia Galega Silverio Cañada