Laguna de Duero
Epónimo | Río Douro | ||||
---|---|---|---|---|---|
Localización | |||||
| |||||
Estado | España | ||||
Comunidade autónoma | Castela e León | ||||
Provincia | provincia de Valladolid | ||||
Capital | Laguna de Duero | ||||
Poboación | |||||
Poboación | 22.672 (2023) (775,64 hab./km²) | ||||
Xeografía | |||||
Parte de | |||||
Superficie | 29,23 km² | ||||
Altitude | 704 m | ||||
Comparte fronteira con | |||||
Organización política | |||||
• Alcalde | Luis Mariano Minguela Muñoz (pt) | ||||
Identificador descritivo | |||||
Código postal | 47140 | ||||
Fuso horario | |||||
Código INE | 47076 | ||||
Páxina web | lagunadeduero.org | ||||
Laguna de Duero é un concello e cidade de España, na provincia de Valladolid, comunidade autónoma de Castela e León. Ten unha superficie de 29,25 km² cunha poboación de 21.483 habitantes e unha densidade de 734,46 hab/km². É a segunda cidade da provincia en poboación tras Valladolid e lixeiramente por encima de Medina del Campo.
Actualmente é unha localidade industrial, situada a 7 quilómetros de distancia da capital e é unha cidade dormitorio. Ten varios núcleos de poboación entre os que destacan Torrelago e El Villar. Conta con tres Polígonos industriais entre os que destacan o pol. ind. "Las Lobas" e o pol. ind. "Los Barredos".
Rodeada de bosques de piñeiros, bañada polo río Douro, cunha situación privilexiada que noutros tempos propiciou a abundancia de fontes e mananciais, actualmente estes atópanse en desuso ou desaparecidos. A máis representativa é a Fonte de San Pedro Regalado en El Abrojo.