Pozal de Gallinas
Localización | |||||
---|---|---|---|---|---|
| |||||
Estado | España | ||||
Comunidade autónoma | Castela e León | ||||
Provincia | provincia de Valladolid | ||||
Capital | Pozal de Gallinas | ||||
Poboación | |||||
Poboación | 530 (2023) (15,06 hab./km²) | ||||
Xeografía | |||||
Parte de | |||||
Superficie | 35,2 km² | ||||
Altitude | 737 m | ||||
Comparte fronteira con | |||||
Organización política | |||||
• Alcalde | Francisco Javier Sáez Serrano (en) | ||||
Identificador descritivo | |||||
Código postal | 47450 | ||||
Código INE | 47123 | ||||
Pozal de Gallinas é un concello español da provincia de Valladolid, en Castela e León. Atópase no sur da provincia e tiña unha poboación de 549 habitantes en 2017.
Historia
[editar | editar a fonte]As orixes de Pozal non están claras, pero existen referencias escritas ao lugar desde o ano 1154, e desde 1265 co definitivo nome de Pozal de Gallinas.
En 1559 Pozal de Galiñas tentou desvincularse da vila de Medina del Campo baixo o nome de Morales del Rey, pero non o conseguiu pasando a formar parte pouco despois das posesións de Vitores Ruiz.
No ano 1857 producíronse importantes levantamentos e ocupación de terras como protesta contra a venda de terreos producida durante a desamortización de Mendizábal.
De 1864 a 1867 funcionou nos arredores do pobo, aproveitando os restos dun asentamento anterior coñecido como poboado de Pedro de Miguel, un falansteiro baixo o nome de "La república de los pobres" do cal aínda quedan restos, coñecidos actualmente baixo o popular nome de "El torreón".
Lugares de interese
[editar | editar a fonte]- Igrexa de San Miguel Arcángel
- Ermida da Virxe da Estrela
- El Torreón
Festividades
[editar | editar a fonte]As principais festas celébranse en torno ao día 8 de setembro, na honra á Virxe da Estrela, patroa da localidade, xunto con San Miguel. A imaxe da virxe é traída da ermida ata a Igrexa o día 30 de agosto onde é gardada e velada cunha novena. O día 8 de setembro tras a celebración da misa é sacada á praza maior onde se celebran bailes rexionais, a ritmo de dozaina, tras os cales se leva á Virxe da Estrela en romaría para ser gardada de novo. Durante a romaría os pais sintan aos seus fillos pequenos nos pés do paso para que este os bendiga.
O primeiro día do ano é tradición o aceso dunha gran fogueira chamada "luminaria" para celebrar a festa dos quintos. Son tradicionais xogos como a Petanca, a Calva e o Frontenis.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Pozal de Gallinas |