Kenya Airways
Kenya Airways | ||
---|---|---|
IATA KQ | OACI KQA | Indicativo KENYA |
Fundación | 22 de xaneiro de 1977 | |
Centro de conexión | aeroporto Internacional Jomo Kenyatta | |
Plan de voo frecuente | Flying Blue | |
Alianza | SkyTeam | |
Frota | 45 | |
Destinos | 62 | |
Eslogan da compañía | The Pride of Africa | |
Sede | Embakasi, Nairobi, Kenya | |
Páxina web: https://kenya-airways.com |
Kenya Airways é a aeroliña nacional de Kenya. A compañía fundouse en 1977 tras a disolución de East African Airways. A súa sede atópase en Embakasi, Nairobi, e o seu centro de conexións é o aeroporto Internacional Jomo Kenyatta.
A aeroliña pertenceu na súa totalidade ao goberno de Kenya ata abril de 1995 e foi privatizada en 1996, converténdose na primeira aeroliña nacional africana en facelo con éxito. No presente Kenya Airways é unha sociedade público-privada. O seu maior accionista é o goberno de Kenya, cun 29,8% das accións, seguido de KLM, que ten un 26,73% da compañía.
Kenya Airways está considerada un dos operadores subsaharianos líderes; en xaneiro de 2013 foi a cuarta aeroliña africana por capacidade de asentos, tras South African Airways, Ethiopian Airlines e EgyptAir.[1] A aeroliña converteuse en membro da alianza SkyTeam en xuño de 2010 e é tamén membro da Asociación de Aeroliñas Africanas sende 1977. African Airlines Association since 1977.[2]
En novembro de 2021, asinouse nun marco de colaboración estratéxica (SPF), durante unha cerimonia en presenza do presidente surafricano Cyril Ramaphosa e do presidente de Kenya, Uhuru Kenyatta. Kenya Airways e South African Airways agora traballarán xuntos para "aumentar o tráfico de pasaxeiros, as oportunidades de carga e o comercio en xeral aproveitando os puntos fortes de Suráfrica, Kenya e África", explica un comunicado.
Frota
[editar | editar a fonte]En novembro de 2016 a frota de Kenya Airways estaba formada polos seguintes avións:[3]
Avión | En servizo | Pedidos | Pasaxeiros | Notas | ||
---|---|---|---|---|---|---|
C | Y | Total | ||||
Boeing 737-300 | 2 | — | 16 | 100 | 116 | |
Boeing 737-700 | 4 | — | 16 | 100 | 116 | |
Boeing 737-800 | 8 | — | 16 | 129 | 145 | |
Boeing 777-200ER | 4 | — | 28 | 294 | 322 | |
Boeing 777-300ER | 3 | — | 28 | 372 | 400 | |
Boeing 787–8 | 7 | — | 30 | 204 | 234 | Dous serán alugados a Oman Air |
Embraer ERJ-190 | 15 | — | 12 | 84 | 96 | |
Boeing 737-300F | 2 | — | Carga | |||
Total | 45 | — |
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Centre for Aviation (ed.). "Kenya Airways and Ethiopian Airways compete for Nairobi and Addis hub power as Gulf carriers expand". Arquivado dende o orixinal o 20 de decembro de 2016. Consultado o 4 de decembro de 2016.
- ↑ AFRAA (ed.). "AFRAA Current Members". Consultado o 4 de decembro de 2016.
- ↑ Kenya Airways (ed.). "Frota". Arquivado dende o orixinal o 10 de xuño de 2017. Consultado o 4 de decembro de 2016.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]