Karen Uhlenbeck
Karen Keskulla Uhlenbeck, nada en Cleveland o 24 de agosto de 1942 é unha profesora e catedrática de matemáticas na Universidade de Texas en Austin.[1][2][3]
En 2019, Uhlenbeck converteuse na primeira muller que gañou o premio Abel,[4] "polas súas pioneiras achegas sobre ecuacións en derivadas parciais xeométricas, a teoría de gauge e os sistemas integrables, e polo impacto fundamental do seu traballo en análise, xeometría e física matemática".
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Uhlenbeck recibiu o seu Bachelor of Arts (1964) na Universidade de Míchigan.[1][3] Comezou os seus estudos de graduación no Courant Institute of Mathematical Sciences na Universidade de Nova York, e casou co biofísico Olke C. Uhlenbeck (fillo do físico George Uhlenbeck) en 1965. Canso o seu marido marchou a Harvard, mudouse e el e volveu comezar os seus estudos na Universidade Brandeis, onde recibiu un Master of Arts (1966) e un Ph.D. (1968) baixo a supervisión de Richard Palais.[1][3] A súa tese de doutoramento titulouse The Calculus of Variations and Global Analysis ("Cálculo de variacións e análise global").[5]
Despois de traballos temporais no Massachusetts Institute of Technology e a Universidade de California, Berkeley, e tendo dificultades e atopar un posto permanente co seu marido a causa das regras antinepotismo en vigor que prohibían contratar un marido e unha esposa mesmo en departamentos diferentes dunha universidade, logrou un posto no claustro da Universidade de Illinois en Urbana–Champaign en 1971.[6] Porén, non lle gustou Urbana e acabou divorciándose do seu marido e mudándose á Universidade de Illinois en Chicago en 1976. Pasou despois á Universidade de Chicago en 1983, é á Universidade de Texas en Austin como Sid W. Richardson Foundation Regents Chairholder en 1988,[1][2][3] onde supervisou numerosos estudantes de doutoramento, incluíndo a Mark Haskins.[7]
No camiño, desenvolveu técnicas para atopar solucións das ecuacións de Yang-Mills (finais dos '80).
Entre outros proxectos, cofundou o programa Muller e Matemáticas (Women and Mathematics) no Institute for Advanced Study de Princeton, o Instituto de Matemáticas Park City e as Series de Lecturas de Mulleres distinguidas en Matemáticas (Distinguished Women in Mathematics Lecture Series) na Universidade de Texas en Austin.
O seu consello para os aspirantes a matemáticos: “Procura problemas interesantes e non traballes nun campo só porque todo o mundo o está a facer.”[8]
Premios e distincións
[editar | editar a fonte]En 1983, MacArthur Fellowship.[8]
En 1988, Noether Lecture award.[8]
En 2001, National Medal of Science in 2001.[8]
En 2007, Steele Prize por unha contribución de sementeiraá investigación matemática da American Mathematical Society.[8]
En 2019, Uhlenbeck converteuse na primeira muller en gañar o premio Abel e o comité citou o "impacto fundamental do seu traballo en análise, xeometría e física matemática".[9]
Achegas
[editar | editar a fonte]Uhlenbeck participa ou participou en investigacións no campo das ecuacións en derivadas parciais xeométricas, o cálculo de variacións, a teoría gauge, a teoría do campo cuántico topolóxico e os sistemas integrables.[1][10]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 1,2 1,3 1,4 "Karen Uhlenbeck". MacTutor Biography (en inglés). Consultado o 19 de marzo de 2019.
- ↑ 2,0 2,1 "Karen Uhlenbeck". Biographies of Women Mathematicians. Agnes Scott College..
- ↑ 3,0 3,1 3,2 3,3 Katterman, Lee (6 de decembro de 1999). "Michigan Great Karen K. Uhlenbeck: Pioneer in mathematical analysis—and for women mathematicians". The University Record (University of Michigan). Arquivado dende o orixinal o 11 de xuño de 2011. Consultado o 19 de decembro de 2014.
- ↑ Redacción (19 de marzo de 2019). "Karen Uhlenbeck, primera mujer en ganar el «Nobel» de las matemáticas". abc.es (en castelán). Consultado o 22 de marzo de 2023.
- ↑ "Karen Uhlenbeck". MathGenealogy (en inglés). Consultado o 19 de marzo de 2019.
- ↑ Cooke, Roger (2005). The History of Mathematics: A Brief Course (2. ed.). Hoboken, NJ: Wiley-Interscience. p. 76. ISBN 978-0-471-44459-6.
- ↑ "Mark Haskins – Simons Collaboration on Special Holonomy in Geometry, Analysis, and Physics" (en inglés). Consultado o 18 de marzo de 2019.
- ↑ 8,0 8,1 8,2 8,3 8,4 Atlee, Jessica. "Crossing fields". symmetry magazine (en inglés). Consultado o 2019-08-18.
- ↑ Change, Kenneth (19 de marzo de 2019). "Karen Uhlenbeck Is First Woman to Receive Abel Prize in Mathematics". New York Times. Consultado o 19 de marzo de 2019.
- ↑ Karen Uhlenbeck. Profiles of Women in Mathematics: The Emmy Noether Lectures (Association for Women in Mathematics). Arquivado dende o orixinal o 12 de xaneiro de 2015. Consultado o 19 de decembro de 2014..