James van Hoften
Aparencia
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 11 de xuño de 1944 (80 anos) Fresno, Estados Unidos de América |
Educación | Universidade Estatal de Colorado Universidade de California, Berkeley Mills High School (en) |
Actividade | |
Ocupación | oficial, enxeñeiro, piloto de guerra, astronauta, enxeñeiro civil |
Empregador | NASA, astronauta Universidade de Houston |
Carreira militar | |
Rama militar | Armada dos Estados Unidos de América |
Conflito | Guerra do Vietnam |
Tempo no espazo | 14 días, 1 hora e 57 minutos |
Misión do astronauta | |
Premios | |
James Dougal Adrianus "Ox" van Hoften, nado en Fresno, California, o 11 de xuño de 1944, é un astronauta estadounidense retirado que formou parte das misións STS-41-C e STS-51-I.[1][2]
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Van Hoften graduouse en enxeñaría civil pola Universidade de California en Berkeley en 1966 e é máster en enxeñaría hidráulica e ten un doutoramento na mesma materia pola Universidade do Estado de Colorado en 1968 e 1976 respectivamente. Foi seleccionado como candidato a astronauta pola NASA en xaneiro de 1978, completando o seu adestramento en agosto de 1979. Participou nas misións STS-41-C e STS-51-I, pasando 14,08 días no espazo.[1][2]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 Mark Wade (2022). "van Hoften, James Dougal Adrianus 'Ox'" (en inglés). Consultado o 18 de marzo de 2022.
- ↑ 2,0 2,1 NASA, ed. (5 de decembro de 2007). "James D. A. van Hoften Interviewed by Jennifer Ross-Nazzal" (en inglés). Consultado o 18 de marzo de 2022.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: James van Hoften |