Iván I de Rusia
Iván I Danilovich Kalita (en ruso Ива́н I Дани́лович Калита́ ), nado en 1288 e Moscova e finado o 31 de marzo de 1340 na mesma cidade,[1] foi un monarca que reinou no Princpado de Pereslav (desde 1304), no de Vladímir (desde 1328) e no Moscovia (desde 1328), até a data da súa morte, en 1340.[2]
Uniu na súa persoa os principados de Moscovia, Vladímir e Nóvgorod.
O seu alcume de Kalit ("da bolsa·) provén da súa capacidade como recadador de tributos para os mongois da Horda de Ouro dirixida por Uzbeg, do cal era vasalo.[3])
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Era o segundo dos fillos de Daniil Aleksandrovich. Converteuse en príncipe de Pereslavl en 1304. Sucedeu ao seu irmán en 1325 como príncipe de Moscova. En 1328 rendeuse ao khan Uzbeg Khan, da Horda de Ouro; o khan nomeouno Gran Príncipe de Moscova despois de depoñer ao anterior, Alexandre II Vladimirski de Tver.
O 4 de agosto de 1304 colocou a primeira pedra da Catedral da Asunción de Moscova que logo foi destruída debido ao seu estado ruinoso e substituída pola actual.
Asolou Tver con cerca de 50.000 homes, en nome do khan e despois de que os habitantes dese principado masacraran aos seus cobradores de triubutos. Tras esta fazaña, o khan concedeulle o título de Gran Príncipe de Moscova, de Vladímir e de toda a Rusia.
Iván non dubidou en buscar unha alianza co khan para protexerse das invasións lituanas.[4] A súa intención era a de expandir o seu principado polas terras rusas e gobernalas dun modo único baixo o seu cetro.
Logrou entenderse coa Horda de Ouro, explicando que un pobo que non viu nunca favorabelmente aos ocupantes, premíaos, e que pensaba que era mellor amigarse con eles. Non vacila el mesmo en tomar parte desa percepción. Tamén se apoia no clero e obtén o traslado da residencia do bispo metropolitano da Igrexa ortodoxa rusa Pedro (Pedro de Kíiv), ruso de nacemento, e que gozaba dunha grande autoridade, desde Vladímir a Moscova en 1325; o sucesor de Pedro, o grego Theognostos (1328-1353) fixou definitivamente en Moscova a sede metropolitana.
Usou a súa riqueza, acumulada como recadador de tributos do khan, para dar préstamos aos principados rusos veciños. Estas cidades caeron gradualmente cada vez máis profundamente na débeda, unha condición que permitiría aos sucesores de Iván anexionalas. O pobo chamou a Iván "o compilador das terras rusas".
Comprou terras ao redor de Moscova, e moitos propietarios pobres venderon ás súas terras por vontade propia. Algúns deles mantiñan o dereito a gobernar nas súas terras en nome de Iván Kalitá. Dunha ou outra forma un bo número de cidades e pobos se uniron ao Principado de Moscova: Uglich en 1323, o principado de Belozero en 1328–1338, o Principado de Galich en 1340.
O maior éxito de Iván, porén, foi convencer ao khan en Sarai que o seu fillo primoxénito, Simeón o Orgulloso, debería sucedelo como Gran Príncipe de Vladímir; desde aquela, o importante principado case sempre pertenceu á casa gobernante de Moscova.
Á súa morte, ocorrida en 1341, deixou 26 cidades —entre as que se encontraban Moscova e Vladímir— ao seu fillo primoxénito Simeón, 23 cidades ao seu segundo fillo Iván, 21 a Andrei e outras 26 á su segunda esposa e aos seus fillos menores.
Está enterrado na Catedral do Arcanxo Miguel do Kremlin de Moscova.[1]
Unións e descendencia
[editar | editar a fonte]Iván I casou en primeiras nupcias cunha certa Helena, falecida en 1331, que lle deu catro fillos:
- Siméon Ivánovich, futuro Gran Duque de Moscova
- Daniel Ivánovich, nacido en 1320 e morto de mozo
- Iván Ivánovich, futuro Gran Duque de Moscova
- Andrei Ivámovich (1327-1353), príncipe de Nóvgorod
En segundas nupcias casou con Alexandra, coa que tivo seis fillos:
- Fefinia Ivánovna
- María Ivánovna, que casou co Príncipee Konstantín de Rostov.
- André Ivánovich
- Eudoxia Ivánovna
- Fedosia Ivánovna
- María Ivánovna
Legado
[editar | editar a fonte]Baixo Iván Kalitá, Moscova foi crecendo rapidamente e a súa residencia no Kremlin converteuse na principal parte da cidade. A erección das construcións de madeira ou de pedra branca iniciouse no Kremlin. Foi construído un bo número de igrexas: a Catedral da Asunción, en 1326-1327; a igrexa de Iván da escaleira (San Xoán Clímaco), en 1329; a Catedral do Salvador, en 1330, e a Catedral do Arcanxo Miguel, en 1333, besta última é onde Iván I e os seus descendentes están enterrados.
Entre 1339 e 1340, Iván Kalitá erixiu unha nova fortaleza de carballo máis grande no outeiro de Borovitsky (onde se alza o Kremlin).
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 Basil Dmytryshyn, Medieval Russia:A source book, 850-1700, (Academic International Press, 2000), p. 194.
- ↑ Basil Dmytryshyn, Medieval Russia:A source book, 850-1700, p. 190.
- ↑ Basil Dmytryshyn, Medieval Russia: A source book, 850-1700, p. 195.
- ↑ S. C. Rowell, Lithuania Ascending: A Pagan Empire within East Central Europe, 1295-1345, (Cambridge University Press, 1994), p. 250.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]A Galipedia ten un portal sobre: Rusia |
Commons ten máis contidos multimedia sobre: Iván I de Rusia |
Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Fennell, John (1983): The Crisis of Medieval Russia, 1200–1304. (Longman History of Russia, general editor Harold Shukman). Londres: Longman. ISBN 0-582-48150-3.
- Franklin, Simon & Shepard, Jonathon (1996): The Emergence of Rus, 750–1200¡¡. (Longman History of Russia, general editor Harold Shukman). London: Longman. ISBN 0-582-49091-X.
- Martin, Janet (1993): Medieval Russia 980–1584. Cambridge: Cambridge University Press. ISBN 0-521-36832-4.
- Vernadsky, George (1973): Kievan Russia. New Haven e Londres: Yale University Press. ISBN 0-300-01647-6.
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Biografía de Iván I (en inglés)
Predecesor: ? |
Príncipe de Pereslavl 1304 - 1340 |
Sucesor: Simeón I de Rusia |
Predecesor: Alexandre de Tver |
Gran Príncipe de Vladímir 1328 - 1340 |
Sucesor: Simeón I de Rusia |
Predecesor: Iuri de Moscova |
Gran Príncipe de Moscovia 1325 - 1340 |
Sucesor: Simeón I de Rusia |