Iago López
Nome orixinal | Iago López Carracedo | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Biografía | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Nacemento | 6 de abril de 1999 (25 anos) Castro de Ribeiras de Lea | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Altura | 1,77 m. | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Actividade | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Ocupación | futbolista | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Deporte | fútbol | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Posición de xogo | Lateral dereito | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
|
Iago López Carracedo, nado en Castro de Ribeiras de Lea o 6 de abril de 1999, é un futbolista galego. Xoga de lateral dereito no Alcorcón, da Segunda División.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Formouse nas categorías inferiores do CD Lugo e estando en idade xuvenil pasou á canteira do Deportivo da Coruña.[1] Debutou co Fabril na penúltima xornada da tempada 2016/17, nunha vitoria por 1-2 contra o CD As Pontes, coa que o filial branquiazul se proclamou campión de Terceira División.[2] Na seguinte tempada compaxinou o equipo xuvenil con algunhas convocatorias para o filial, pero sen chegar a xogar con este na Segunda B.
No verán de 2018 fichou polo Peralada, filial do Girona, na Segunda División B. Disputou 29 encontros e anotou dous goles esa tempada, na que o equipo acabou descendendo, e comezou a adestrar co primeiro equipo.[3]
O 19 de agosto de 2019 anunciouse a súa cesión por unha tempada á UD Logroñés, tamén da Segunda División B.[4] Xogou 17 partidos da liga regular durante a tempada 2019/20, nos que anotou un gol (fronte ao Haro), contribuíndo a que o seu equipo acabase campión de grupo. Xogou tamén o partido de volta da promoción de ascenso contra o Castellón, no que a UD Logroñés acabou logrando o pase á Segunda División na quenda de penaltis.[5]
En agosto de 2020, o Girona renovou ao xogador ata xuño de 2022 e volveuno ceder ao Logroñés para a tempada 2020/21 na Segunda División.[6] Debutou na categoría de prata na primeira xornada contra o Sporting de Gijón no Molinón, e foi titular en case todos os partidos da campaña, na que o equipo rioxano acabou descendendo.
En xullo de 2021 fichou polo Mirandés, tamén de Segunda División.[7] En Miranda de Ebro disputou un total de 25 partidos, 10 deles como titular, nun equipo que pasou boa parte da tempada ao bordo dos postos de descenso, ata que a chegada de Joseba Etxeberria ao banco mudou o rumbo do club ata rematar na 14ª posición, 9 puntos por riba do descenso.[8]
Buscando máis continuidade, para a tempada 2022/23 baixou unha categoría, fichando polo Alcorcón, da Primeira División RFEF.[9] Na súa primeira campaña xogou 27 encontros, 21 deles dende o once inicial, contribuíndo ao ascenso do equipo de Fran Fernández a Segunda.
Selección galega de afeccionados
[editar | editar a fonte]En marzo de 2020 proclamouse coa selección galega de afeccionados campión da fase estatal da Copa das Rexións da UEFA en Las Rozas, vencendo na final a Andalucía.[10]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Maletas cargadas de sueños" (PDF). La Voz de Galicia (en castelán). Líder. 4 de marzo de 2019. Consultado o 3 de maio de 2021.
- ↑ "El Fabril conquista su cuarta Liga". La Voz de Galicia (en castelán). 8 de maio del 2017. p. 11.
- ↑ "O lugués Iago López Carracedo xa adestra co primeiro equipo do Girona". El Progreso. 28 de novembro de 2018. Consultado o 3 de maio de 2021.
- ↑ "El lateral derecho Iago López, nuevo fichaje de la UD Logroñés". Unión Deportiva Logroñés. 19 de agosto de 2019. Arquivado dende o orixinal o 14 de agosto de 2020. Consultado o 3 de maio de 2021.
- ↑ "La UD Logroñés es de Segunda tras vencer al Castellón en los penaltis". Marca (en castelán). 19 de xullo de 2020. Consultado o 3 de maio de 2021.
- ↑ "El lateral Iago lópez regresa también cedido al Logroñés". Marca (en castelán). 28 de agosto de 2020. Consultado o 3 de maio de 2021.
- ↑ "Iago López, un lateral diestro para Lolo Escobar". Marca (en castelán). 13 de xullo de 202. Consultado o 15 de novembro de 2021.
- ↑ "El Mirandés renueva a Etxeberria" (en castelán). 27 de abril de 2022. Consultado o 11 de novembro de 2023.
- ↑ Jiménez, Alex (29 de xullo de 2022). "Iago López ficha por el Alcorcón y Barbu se va al Mirandés" (en castelán). Consultado o 11 de novembro de 2023.
- ↑ "Galicia derrota a Andalucía y se lleva la fase nacional de la Copa Regiones UEFA" (en castelán). 11 de marzo de 2020. Consultado o selección galega de afeccionados.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Datos do xogador en Transfermarkt (en castelán).
- Datos do xogador en BDFutbol (en castelán).