Horsa
Biografía | |
---|---|
Nacemento | século V |
Morte | 455 (Gregoriano) |
Rei | |
Actividade | |
Ocupación | Mercenario, militar |
Período de actividade | (Con vida en: século V ) |
Compañeiro profesional | Hengest: Hengist e Horsa (pt) |
Outro | |
Título | Rei |
Pai | Wihtgils |
Irmáns | Hengest |
Descrito pola fonte | Pequeno Dicionario Enciclopédico de Brockhaus e Efron Dicionario Enciclopédico Brockhaus e Efron Dictionary of National Biography |
Horsa foi un guerreiro viquingo de Dinamarca na Era de Vendel (século V), que conxuntamente co seu irmán Hengest protagonizaron a primeira colonización xermánica na illa de Gran Bretaña. Algúns historiadores citan a ambos os irmáns como saxóns, oriúndos de Xutlandia, que lideraron a anglos, saxóns e xutos na invasión e protagonizaron un asentamento no reino de Kent.[2][3].
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Segundo a crónica anglosaxoa, Horsa morreu na batalla de Aylesford (455), combatendo xunto ao seu irmán contra Vortigern, rei dos britanos, quen en principio facilitara o seu asentamento a cambio de protexer o reino do ataque dos pictos, pero posteriormente a colonización converteuse en conquista[4].
Horsa foi enterrado no leste de Kent, onde un monumento que lembraba o seu nome aínda existía nos tempos de Beda.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Gwyn Jones, A History of the Vikings, Oxford University Press, 1973, p. 31, 196.
- ↑ "Historia do Reino de Kent". Arquivado dende o orixinal o 16 de abril de 2010. Consultado o 15 de xaneiro de 2017.
- ↑ "Historia do Reino de Kent (2)". Arquivado dende o orixinal o 16 de decembro de 2010. Consultado o 15 de xaneiro de 2017.
- ↑ Anglo-Saxon Chronicle Textos orixinais transcritos
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Horsa |