Saltar ao contido

Eadberht I de Kent

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaEadberht I de Kent
Nome orixinal(en) Eadbert Editar o valor en Wikidata
Biografía
NacementoI milenio Editar o valor en Wikidata
Morte748 Editar o valor en Wikidata
Rei de Kent
725 (Gregoriano) – 748 (Gregoriano)
← Wihtred de KentAethelberht II de Kent →
Monarca
Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónmonarca Editar o valor en Wikidata
Familia
FamiliaOiscingas (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
FillosEardwulf de Kent Editar o valor en Wikidata
PaiWihtred de Kent Editar o valor en Wikidata
IrmánsAlric de Kent
Aethelberht II de Kent Editar o valor en Wikidata

Eadberht foi rei de Kent desde 725 a 748.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Despois de que morreu seu pai, Wihtred de Kent, herdou o reino de Kent xunto cos seus dous irmáns Æðelberht II e Alric. Æðelberht II parece que foi o irmán máis vello e dominante. Eadberht morreu en 748, segundo a Crónica anglosaxoa. Deixou un fillo, Eardwulf, quen o sucedeu como rei conxuntamente co seu tío.

O único documento seu completo sobrevivente aparentemente data do 14 de outubro de 727. Outro documento, é unha copia alterada dun emitido por Æðelberht II (Sawyer 1968). Outros documentos atribuídos a Eadberht son copias de documentos de Eadberht II con “falsificación cronolóxica deliberada” (Kelly 1995).

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]
  • Kelly, S. E. 1995. Charters of St. Augustine Abbey Canterbury and Minster-in-Thanet. Anglo-saxon Charters 4.
  • Sawyer, P. H. 1968. Anglo-saxon Charters: An Annotated List and Bibliography. Royal Historical Society Guides and Handbooks 8.

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]
  • Eadberht 7 en Prosopografía de Inglaterra anglosaxoa.