Hidróxido de aluminio
Xerais | |
---|---|
Nome | Hidróxido de aluminio |
Outros nomes | Hidróxido alumínico hidróxido de aluminio(III) alumina hidratada |
Fórmula química | Al(OH)3 |
Aparencia | Voaxa amorfa branca. |
Basicidade (pKb) | Non definido |
Físicas | |
Masa molar | 78,00344 g/mol |
Punto de fusión | ? °C) |
Punto de ebulición | ? °C) |
Densidade | 2,4 ×103kg/m3 (2,4 g/cm3) |
Solubilidade | insoluble en auga |
Compostos relacionados | AlCl3, Al3; KOH NH4OH, Ca(OH)2, NaOH |
Seguridade | |
Catalogado como: | Irritante |
Número CAS | 21645-51-2 |
MSDS | External MSDS Sheet. |
As propiedades sen referencia veñen dadas en condicións estándar(100 kPa, 25 °C), a non ser que se indique outra cousa. |
O hidróxido de aluminio, Al (OH) 3, é a forma máis estable do aluminio en condicións normais. Na natureza constitúe o mineral chamado gibbsita. Relacionados co hidróxido de aluminio están o hidróxido óxido de aluminio, AlO (OH), e o óxido de aluminio, Al2O3, que se diferencia só pola perda de auga. Estes compostos xuntos son os compoñentes principais do mineral chamado bauxita.
O carácter do “hidróxido de aluminio” foi polémico. É seguro dicir que a representación polos ións Al3+ e OH- está sobresimplificada. Formas máis ou menos hidratadas son moi frecuentes. Algunhas persoas escriben Al2O3. x H2O en lugar da forma primeiramente escrita nesta páxina.
O hidróxido de aluminio é anfótero. En condicións fortemente ácidas fórmase o Al (OH) 2+; en condicións fortemente básicas, fórmase o Al (OH) 4-. Estes son os ións principais en disolucións diluídas; en disolucións concentradas, fórmanse ións poliméricos que poden ser moi complexos.
Os sales do anión Al(OH) 4- (ou similares, tal como AlO2-) denomínanse ás veces aluminatos.
O hidróxido de aluminio neutraliza un exceso de ácido. Por exemplo, co ácido clorhídrico: Al (OH) 3 + 3HCl → AlCl3 + 3H2O
Farmacoloxía
[editar | editar a fonte]O hidróxido de aluminio emprégase como antiácido. Neutraliza o exceso de ácido no estómago e reduce a súa acidez. Esta diminución da acidez do contido do estómago pode axudar a aliviar os síntomas das úlceras, ardor de estómago ou dispepsia. Pode causar estrinximento polo que é frecuente que se administre xunto con carbonato de magnesio que ten o efecto contrario. Este composto tamén se utiliza para controlar os niveis de fosfato no sangue nas persoas que sofren insuficiencia renal. Non obstante, hai sospeitas non confirmadas de que o consumo excesivo de aluminio é unha das causas da enfermidade de Alzheimer
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Galbraith, A; Bullock, S; Manias, caza del E., B. y Richards, A. (1999). Fundamentales de la farmacología: un texto para las enfermeras y los profesionales de salud. Harlow: Educación Ltd. En español