Saltar ao contido

Solubilidade

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

A solubilidade[1][2] é unha medida da capacidade dunha determinada substancia para disolverse nun líquido. Pode expresarse en moles por litro, en gramos por litro ou en porcentaxe de soluto; nalgunhas condicións pódese excedela, denominándose solución sobresaturada.

A substancia que se disolve chámase soluto e a substancia onde se disolva chámase disolvente. Non todas as substancias se disolven nun mesmo disolvente, por exemplo na auga disólvese o alcohol e o sal mentres que o aceite e a gasolina non se disolven.

Na solubilidade, o carácter polar ou apolar da substancia inflúe moito, xa que, debido a estes a substancia será máis ou menos soluble. Os compostos con menor solubilidade son os que presentan menor reactividade, como por exemplo as parafinas, os compostos aromáticos e os derivados haloxenados.

O termo solubilidade emprégase tanto para designar ao fenómeno cualitativo do proceso de disolución como para expresar cuantitativamente a concentración das solucións. A solubilidade dunha substancia depende da natureza do disolvente e do soluto, así como da temperatura e a presión do sistema, é dicir, da tendencia do sistema a alcanzar o valor máximo de entropía.

  1. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para solubilidade.
  2. "solubilidade". TERGAL. Consultado o 05/07/2022.