Football League Championship
Tipo | liga de fútbol |
---|---|
Organizador | English Football League |
Parte de | sistema de ligas de futebol de Inglaterra (pt) |
Liga superior | Premier League e Football League First Division (pt) |
Liga inferior | Football League One |
Número de participantes | 24 |
Localización e Datas | |
Area de operación | Inglaterra e Gales |
Vixencia | 2004 – |
Calendario da tempada | agosto – maio |
Período de ocorrencia | 1 ano |
Competición | |
Cualifica para | Football League Championship play-offs (en) |
Outro | |
Páxina web oficial | efl.com… |
O Football League Championship (oficialmente Sky Bet Championship por motivos de patrocinio), tamén coñecida no Reino Unido como Championship, é a segunda máxima categoría de liga de clubs de fútbol de Inglaterra, tras a Premier League.
O Football League Championship foi fundado na tempada 2004-05, sendo previamente coñecido coma Football League First Division.
Sistema de competición
[editar | editar a fonte]A liga está formada por 24 equipos. Durante a tempada, que se xoga anualmente de agosto a maio do ano seguinte, cada equipo xoga dúas veces contra os outros equipos da liga, unha vez en casa e outra fóra, xogando 46 partidos en total. Gáñanse tres puntos por unha vitoria, un punto por un empate, e cero por unha derrota. Os equipos ordénanse na clasificación por puntos conseguidos, despois por diferenza de goles, despois por número de goles anotados e despois polos partidos xogados entre si nesa tempada. No caso de que dous equipos empaten en todas esas categorías, os equipos son ordenados por orde alfabética, excepto se está en xogo un posto de ascenso, descenso ou playoffs. Nese caso, os dous equipos xogan un partido de desempate, feito que nunca se deu ata o momento.[1]
Ó remate da tempada, os dous primeiros clasificados e o gañador dos playoffs ascenden á Premier League, e os últimos tres equipos descenden á Football League One. Os playoffs do Football League Championship xóganse entre os equipos clasificados entre o 3º e o 6º posto, xogando o 3º contra o 6º e o 4º contra o 5º, en eliminatorias a dobre partido. Os gañadores de cada semifinal xogan entre eles un só partido para conseguir o ascenso á Premier e o trofeo do Championship.
Os tres equipos ascendidos son substituídos para a seguinte tempada polos tres últimos equipos na Premier League, e os tres descendidos son substituídos polos dous primeiros clasificados da League One e o gañador da final dos playoffs da League One.
Equipos participantes 2021/22
[editar | editar a fonte]Tempadas anteriores
[editar | editar a fonte]Campións de liga, subcampións e playoffs
[editar | editar a fonte]Equipos descendidos (do Championship á League One)
[editar | editar a fonte]Tempada | Equipos |
---|---|
2004–05 | Gillingham, Nottingham Forest, Rotherham United |
2005–06 | Crewe Alexandra, Millwall, Brighton & Hove Albion |
2006–07 | Southend United, Luton Town, Leeds United |
2007–08 | Leicester City, Scunthorpe United, Colchester United |
2008–09 | Norwich City, Southampton, Charlton Athletic |
2009–10 | Sheffield Wednesday, Plymouth Argyle, Peterborough United |
2010–11 | Preston North End, Scunthorpe United, Sheffield United |
2011–12 | Doncaster Rovers, Coventry City, Portsmouth |
2012–13 | Peterborough United, Wolverhampton Wanderers, Bristol City |
2013–14 | Doncaster Rovers, Barnsley, Yeovil Town |
2014–15 | Millwall, Wigan Athletic, Blackpool |
2015–16 | Charlton Athletic, Milton Keynes Dons, Bolton Wanderers |
2016–17 | Blackburn Rovers, Wigan Athletic, Rotherham United |
2017–18 | Barnsley, Burton Albion, Sunderland |
2018–19 | Rotherham United, Bolton Wanderers, Ipswich Town |
Equipos descendidos (da Premier League ó Championship)
[editar | editar a fonte]Tempada | Equipos |
---|---|
2004–05 | Crystal Palace, Norwich City, Southampton |
2005–06 | Birmingham City, West Bromwich Albion, Sunderland |
2006–07 | Sheffield United, Charlton Athletic, Watford |
2007–08 | Reading, Birmingham City, Derby County |
2008–09 | Newcastle United, Middlesbrough, West Bromwich Albion |
2009–10 | Burnley, Hull City, Portsmouth |
2010–11 | West Ham United, Blackpool, Birmingham City |
2011–12 | Wolverhampton Wanderers, Blackburn Rovers, Bolton Wanderers |
2012–13 | Wigan Athletic, Reading, Queens Park Rangers |
2013–14 | Norwich City, Fulham, Cardiff City |
2014–15 | Hull City, Burnley, Queens Park Rangers |
2015–16 | Newcastle United, Norwich City, Aston Villa |
2016–17 | Hull City, Middlesbrough, Sunderland |
2017–18 | Swansea City, Stoke City, West Bromwich Albion |
2018–19 | Cardiff City, Fulham, Huddersfield Town |
Equipos ascendidos (da League One ó Championship)
[editar | editar a fonte]Tempada | Equipos |
---|---|
2004–05 | Luton Town, Hull City, Sheffield Wednesday |
2005–06 | Southend United, Colchester United, Barnsley |
2006–07 | Scunthorpe United, Bristol City, Blackpool |
2007–08 | Swansea City, Nottingham Forest, Doncaster Rovers |
2008–09 | Leicester City, Peterborough United, Scunthorpe United |
2009–10 | Norwich City, Leeds United, Millwall |
2010–11 | Brighton & Hove Albion, Southampton, Peterborough United |
2011–12 | Charlton Athletic, Sheffield Wednesday, Huddersfield Town |
2012–13 | Doncaster Rovers, Bournemouth, Yeovil Town |
2013–14 | Wolverhampton Wanderers, Brentford, Rotherham United |
2014–15 | Bristol City, Milton Keynes Dons, Preston North End |
2015–16 | Wigan Athletic, Burton Albion, Barnsley |
2016–17 | Sheffield United, Bolton Wanderers, Millwall |
2017–18 | Wigan Athletic, Blackburn Rovers, Rotherham United |
2018–19 | Luton Town, Barnsley, Charlton Athletic |
Máximos goleadores
[editar | editar a fonte]Tempada | Xogador | Equipo | Goles |
---|---|---|---|
2004–05 | Nathan Ellington | Wigan Athletic | 24 |
2005–06 | Marlon King | Watford | 21 |
2006–07 | Jamie Cureton | Colchester United | 23 |
2007–08 | Sylvan Ebanks-Blake | Plymouth Argyle Wolverhampton Wanderers |
23 |
2008–09 | Sylvan Ebanks-Blake | Wolverhampton Wanderers | 25 |
2009–10 | Peter Whittingham | Cardiff City | 20 |
Nicky Maynard | Bristol City | ||
2010–11 | Danny Graham | Watford | 24 |
2011–12 | Rickie Lambert | Southampton | 27 |
2012–13 | Glenn Murray | Crystal Palace | 30 |
2013–14 | Ross McCormack | Leeds United | 28 |
2014–15 | Daryl Murphy | Ipswich Town | 27 |
2015–16 | Andre Gray | Burnley | 25 |
2016–17 | Chris Wood | Leeds United | 27 |
2017–18 | Matěj Vydra | Derby County | 21 |
2018–19 | Teemu Pukki | Norwich City | 29 |
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Championship". Sporting Life. Consultado o 2 April 2008.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Outros artigos
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Sitio web oficial Arquivado 10 de maio de 2012 en Wayback Machine.