Saltar ao contido

Gran Premio da China

Modelo:Competición deportivaGran Premio da China
Imaxe
Tipoevento deportivo recorrente Editar o valor en Wikidata
Deportedeportes de motor Editar o valor en Wikidata
OrganizadorFederación Internacional do Automóbil Editar o valor en Wikidata
Localización  e  Datas
LocalizaciónCircuíto Internacional de Xangai (Jiading (pt) Traducir) 31°20′20″N 121°13′11″L / 31.338888888889, 121.21972222222 Editar o valor en Wikidata
Lonxitude5,451 km Editar o valor en Wikidata
PaísRepública Popular da China Editar o valor en Wikidata
Vixencia2004 – Editar o valor en Wikidata
Período de ocorrencia1 ano Editar o valor en Wikidata
Competición
Primeiro postoLewis Hamilton Editar o valor en Wikidata

O Gran Premio da China (en chinés: 中国大奖赛; pinyin: Zhōngguó Dàjiǎngsài) é unha carreira do Campionato Mundial de Fórmula 1. Na actualidade celébrase no Circuíto Internacional de Xangai, Xangai, deseñado por Hermann Tilke. É a máis cara das instalacións dos circuíto de Fórmula Un, cun custo 240 millóns de dólares e conta cunha das máis complicadas combinacións de curvas no calendario da Fórmula 1, comparable á curva 8 de Istambul.

A visión dun Gran Premio da China iniciouse na década de 1990. O Goberno chinés previra inicialmente un circuíto de F1 na cidade de Zhuhai na provincia de Guangdong, o sur da China. O Circuíto Internacional de Zhuhai foi deseñado e construído e agregouse provisionalmente ao calendario de 1999 do Campionato do Mundo de F1, pero a pista non cumpre con certas normas establecidas pola FIA.

En 2002, anunciouse que a xestión do Circuíto Internacional de Xangai asinara un contrato de 7 anos coa Formula One Management para acoller o Gran Premio da China a partir da tempada 2004 ata a tempada 2011. O Gran Premio da China debutou o 26 de setembro de 2004, e foi gañado por Rubens Barrichello da Scuderia Ferrari. Ao ano seguinte, foi a sede da carreira final do campionato de Fórmula Un, na que o recentemente coroado campión do mundo Fernando Alonso gañou e reclamou o título de construtores para Renault F1. En 2006, o Gran Premio da China foi gañado por Michael Schumacher - a súa última vitoria na Fórmula Un antes da súa retiro temporal ao final da tempada.

En novembro de 2008 a BBC informou un funcionario, Qiu Weichang, suxerira que a carreira podíaser cancelada. A raíz dun anuncio similar sobre o Gran Premio de Francia, Qui Weichang dixo que o futuro da carreira estaba sendo reconsiderada, e a decisión tomaríase en 2009.[1]

2010 non viu ningún anuncio formal dunha ampliación da oferta inicial das 7 carreiras de 2004. En febreiro de 2011 foi pactado un novo acordo entre a F1 e os organizadores da carreira chinesa. As razóns do atraso parece ser a taxa que se paga á F1 para albergar a carreira. Logo de acumular perdas ano tras ano, os organizadores da carreira negabanse a pagar a cota requirida, informou que entre os mellor pagos para albergar unha carreira de F1. Parece serque os donos da F1 reduciron a taxa e exista xa un novo acordo para albergar a carreira de F1 ata 2017.[2]

En setembro de 2017, anunciouse un novo contrato de tres anos para albergar a carreira, mantendo a carreira no calendario ata 2020.

Ano Piloto Equipo Data Resultados
2004 Rubens Barrichello Ferrari 26 de setembro de 2004 Resultados
2005 España Fernando Alonso Renault 16 de outubro de 2005 Resultados
2006 Alemaña Michael Schumacher Ferrari 1 de outubro de 2006 Resultados
2007 Finlandia Kimi Räikkönen Ferrari 7 de outubro de 2007 Resultados
2008 Lewis Hamilton McLaren- Mercedes 19 de outubro de 2008 Resultados
2009 Alemaña Sebastian Vettel Red Bull Racing 19 de abril de 2009 Resultados
2010 Jenson Button McLaren - Mercedes 18 de abril de 2010 Resultados
2011 Lewis Hamilton McLaren - Mercedes 17 de abril de 2011 Resultados
2012 Alemaña Nico Rosberg Mercedes 15 de abril de 2012 Resultados
2013 España Fernando Alonso Ferrari 14 de abril de 2013 Resultados
2014 Lewis Hamilton Mercedes 20 de abril de 2014 Resultados
2015 Lewis Hamilton Mercedes 12 de abril de 2015 Resultados
2016 Alemaña Nico Rosberg Mercedes 17 de abril de 2016 Resultados
2017 Lewis Hamilton Mercedes 9 de abril de 2017 Resultados
2018 Australia Daniel Ricciardo Red Bull Racing 15 de abril de 2018 Resultados
2019 Lewis Hamilton Mercedes 14 de abril de 2019 Resultados
2024 Países Baixos Max Verstappen Red Bull-Honda RBPT 21 de abril de 2024 Resultados
  1. "China considers ditching F1 race". BBC News. 2008-11-14. Consultado o 2010-04-28. 
  2. "Shanghai extends F1 race for seven years". france24.com. 2011-02-17. Arquivado dende o orixinal o 21 de febreiro de 2011. Consultado o 2011-02-24. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]