Fútbol Club Barcelona (rugby)
Nome | Futbol Club Barcelona | ||
---|---|---|---|
Fundación | 1924 | ||
Sede | Barcelona, Cataluña | ||
Estadio(s) | La Teixonera | ||
Presidente | Joan Laporta | ||
Adestrador | Santiago Monteagudo | ||
Liga(s) | División de Honra | ||
2023-24 | 11º | ||
| |||
Na rede | |||
http://www.fcbrugby.com |
A sección de rugby do Futbol Club Barcelona foi creada en 1924. Non dispón dun terreo de xogo propio dende a construción do Palau Blaugrana, ao principio da década dos '70. O equipo sénior A, grazas a un acordo de cesión de dereitos coa USAP Barcelona, competiu a tempada 2007-08 na División de Honra Española, quedando relegado, tralo descenso de categoría, en virtude a este acordo á Primeira Nacional (terceira categoría do rugby en España trala División de Honra A e a División de Honra B), onde competía ata a tempada 2007-08 o equipo sénior B, baixando este equipo á Segunda Catalá e desapareceu o equipo sénior C. Durante a tempada 2008-09, os equipos sénior A e sénior B acadaron o ascenso de categoría á División de Honra B e Primeira Catalá, respectivamente. Na tempada 2013-14 o primeiro equipo acadou o ascenso á División de Honra.
O FC Barcelona é un dos clubs máis laureados do rugby español grazas aos títulos conquistados entre os anos '40 e '60.
Historia
[editar | editar a fonte]A sección de rugby do Futbol Club Barcelona constituíuse oficialmente o 21 de setembro de 1924, obra dos directivos Massana e Cusell, a pesar de que xa a principios do século, con Baltasar Albèniz de promotor, algúns socios do club disputaran partidos co nome do club.
Antes da guerra civil española, o club acadara tres campionatos de España e sete de Cataluña. Durante os anos '40 e '50 continuou sendo o principal club de España, conquistando 10 campionatos de España e as dúas primeiras ligas españolas, en 1953 e 1954.
Nos anos '80 o club diminuíu o apoio á sección de rugby, que se viu relegada a un segundo nivel no panorama do rugby, tanto catalán como español.
Na tempada 2010-11 o FC Barcelona competiu no Grupo 1 da División de Honra B, acadando a 3ª posición na clasificación final, a só 2 puntos do Vigo Rugby Club que posteriormente acadou o ascenso a División de Honra.
Palmarés
[editar | editar a fonte]- Posicións finais do FC Barcelona nas competicións ligueiras nacionais dende a creación da liga en 1953
Categoría | 2019 | 18 | 17 | 16 | 15 | 14 | 13 | 12 | 11 | 10 | 09 | 08 | 07 | 06 | 05 | 04 | 03 | 02 | 01 | 00 | 99 | 98 | 97 | 96 | 95 | 94 | 93 | 92 | 91 | 90 | 89 | 88 | 87 | 86 | 85 | 84 | 83 | 82 | 81 | 80 | 79 | 78 | 77 | 76 | 75 | 74 | 73 | 72 | 71 | 70 | - | 54 | 53 |
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Div.Honra | 6 | 7 | 10 | 7 | 11 | 10 | 6 | 7 | 4 | 5 | 3 | x | x | x | 10 | 9 | 6 | 8 | 3 | 2 | 1 | 1 | |||||||||||||||||||||||||||||||
Div.HonraB | 1 | 4 | 6 | 3 | 2 | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
1ªNacional | 2 | 3 | 4 | 4 | 5 | 7 | 4 | 4 | 3 | 5 | 8 | 7 | 1 | 2 | 4 | 2 |
A División de Honra B existe dende a tempada 1998-99. Anteriormente a Primeira Nacional (creada en 1972) era a 2ª División do rugby español. Entre 1955 e 1969 non se disputou a Liga.
- Liga Española de rugby: 2 títulos.
- 1ª posición: 1952/53, 1953/54
- 2ª posición: 1969/70
- 3ª posición: 1970/71, 1981/82
- Copa do Rei de rugby: 16 títulos.
- Copa Ibérica de rugby: 1 título.
- 1ª posición: 1969/70
- 2ª posición: 1965/66
- Supercopa de España de rugby: 1 título.
- 1ª posición: 1983/84
- 2ª posición: -
- Tempadas completadas na División de Honra
- Con 51 tempadas: UE Santboiana
- Con 37 tempadas: CR Cisneros
- Con 36 tempadas: CR El Salvador e CRC Pozuelo
- Con 34 tempadas: Getxo RT
- Con 32 tempadas: VRAC
- Con 29 tempadas: CD Arquitectura e CR Ciencias
- Con 23 tempadas: FC Barcelona
- Con 22 tempadas: RC Valencia
- Outros.
Tempada actual
[editar | editar a fonte]- Artigo principal: División de Honra de Rugby 2018-2019.
POSTO | EQUIPO | PUNTOS | XOG | GAÑ | EMP | PER | |
---|---|---|---|---|---|---|---|
1º. | SEMIFINAIS | El Salvador | 92 | 22 | 18 | 2 | 2 |
2º. | SEMIFINAIS | VRAC | 89 | 22 | 18 | 1 | 3 |
3º. | CUARTOS FINAL | Alcobendas | 78 | 22 | 16 | 1 | 5 |
4º. | CUARTOS FINAL | Ordizia | 63 | 22 | 12 | 2 | 8 |
5º. | CUARTOS FINAL | Aparejadores | 59 | 22 | 11 | 0 | 11 |
6º. | CUARTOS FINAL | Barcelona | 57 | 22 | 11 | 1 | 10 |
7º. | PERMANENCIA | Santboiana | 57 | 22 | 10 | 1 | 11 |
8º. | PERMANENCIA | Independiente | 43 | 22 | 7 | 1 | 14 |
9º. | PERMANENCIA | Hernani | 41 | 22 | 7 | 0 | 15 |
10º. | PERMANENCIA | Cisneros | 39 | 22 | 5 | 1 | 16 |
11º. | PROMOCIÓN | La Vila | 38 | 22 | 6 | 0 | 16 |
12º. | DESCENSO | Gernika | 36 | 22 | 5 | 2 | 15 |
Eliminatorias
[editar a fonte]Cuartos de final | Semifinais | Final | ||||||||
5 de maio, Altamira (Ordizia) | 11 de maio, Pepe Rojo (Valladolid) | 25 de maio, Pepe Rojo (Valladolid) | ||||||||
[1º] - El Salvador | 39 | |||||||||
[4º] - Ordizia | 38 | |||||||||
[4º] - Ordizia | 26 | |||||||||
[5º] - Aparejadores | 31 | |||||||||
12 de maio, Pepe Rojo (Valladolid) | [1º] - El Salvador | 27 | ||||||||
5 de maio, Las Terrazas (Alcobendas) | ||||||||||
[2º] - VRAC | 39 | |||||||||
[3º] - Alcobendas | 34 | |||||||||
[3º] - Alcobendas | 12 | |||||||||
[6º] - Barcelona | 20 | |||||||||
[2º] - VRAC | 33 | |||||||||