Saltar ao contido

Barcelona Dragons

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

O Barcelona Dragons foi un equipo catalán de fútbol americano con sede na cidade de Barcelona, que competiu na World League of American Football e na NFL Europa entre 1991 e 2003. Foi o único club da Península de fútbol americano profesional que participou en competicións da NFL. O maior éxito dos Barcelona Dragons foi a conquista da World Bowl en 1997 da man do Quarterback Jon Kitna (posteriormente nos Detroit Lions).Tamén foron finalistas na World Bowl do '91, na que perderon fronte aos London Monarchs en Wembley por 21-0, na World Bowl do '99, na que perderon contra Frankfurt Galaxy 38-24 e na World Bowl do 2001, na que sería a súa última opción de levarse un título e na que perderon contra Berlin Thunder 24-17.

Creado en 1991, foi un dos oito clubs fundadores da división europea da NFL. Entre 1991 e 2001 o seu nome oficial foi Barcelona Dragons. Durante eses 10 primeiros anos tiña a súa sede no Estadio Olímpico Lluís Companys de Barcelona, onde disputou tódolos seus partidos como local.

No 2001 firmou un acordo co Fútbol Club Barcelona, ao que se asociou como club filial. Pasou a denominarse FC Barcelona Dragons e a disputar os seus partidos no Mini Estadi, instalación do FC Barcelona. Ademais, o vestiario do equipo incorporou o escudo do FC Barcelona e as cores do conxunto azulgrana, co obxectivo de aproximarse ao sentimento dos seareiros do club culé e gañar espectadores. A pesar disto, nos seus dous últimos anos a media de espectadores non superou a cifra de 10 000 por partido, e a Asociación de Propietarios de equipos da NFL decidiu trasladar a franquía a Colonia (Alemaña), co nome de Cologne Centurions.

O adestrador en xefe dos Barcelona Dragons durante os seus doce anos de existencia foi o norteamericano "Cowboy" Jack Bicknell. O seu alcume foi traducido como El Caballero (literalmente O Cabaleiro en castelán). De 1991 a 2002, Seymour "Red" Kelin foi o responsable das labores defensivas.

Palmarés

[editar | editar a fonte]

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]