Saltar ao contido

Francisco Álvares

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaFrancisco Álvares
Biografía
Nacemento1465 Editar o valor en Wikidata
Coímbra, Portugal Editar o valor en Wikidata
Morte1541 Editar o valor en Wikidata (75/76 anos)
Roma, Italia Editar o valor en Wikidata
RelixiónIgrexa católica Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónexplorador, diplomático, escritor, misioneiro Editar o valor en Wikidata
Orde relixiosaOrde dos Freires Menores Conventuais Editar o valor en Wikidata

Descrito pola fonteDicionario Enciclopédico Brockhaus e Efron
The Nuttall Encyclopædia >>>:Alvarez, Francesco
Encyclopædia Britannica Editar o valor en Wikidata
BNE: XX1182021

Francisco Álvares, nado arredor de 1465 en Coímbra, e finado entre 1536 e1541, en Roma, foi un misioneiro e explorador portugués. En 1515 viaxou a Etiopía como parte da embaixada portuguesa ao emperador Lebna Dengel, acompañado polo embaixador etíope Mateu, quen ía de regreso. A embaixada chegou a Etiopía só en 1520, onde Álvares se uniu ao enviado portugués Pêro da Covilhã, buscado había moito tempo. Alí ficou seis anos e regresou a Lisboa en 1526-27. Escribiu un informe titulado Verdadeira Informação das Terras do Preste João das Indias.

Embaixada a Etiopía

[editar | editar a fonte]

Francisco Álvares era sacedote, capelán e esmoleiro real de Manuel I de Portugal. Foi enviado 1515 como parte da embaixada portuguesa ao nəgusä nägäst (emperador de Etiopía), acompañado polo embaixador etíope Mateu. A súa primeira tentativa de alcanzar o porto de Massawa fracasou debido ás accións de Lopo Soares de Albergaria, gobernador da India portuguesa. A embaixada non conseguiu chegar máis alén do arquipélago Dahlak e abortouse coa morte do embaixador portugués Duarte Galvão en Kamaran. Álvares e Mateu véronse forzados a esperar ata a chegada da substitución de Soares, Diogo Lopes de Sequeira, quen continuou coa embaixada exitosamente con Rodrigo de Lima, quen substituíu Duarte Galvão. A partida por fin chegou a Massawa o 9 de abril de 1520 e á corte de Lebna Dengel, onde Álvares fixo amizade con varios europeos que gañaran o favor do emperador, entre eles Pêro da Covilhã e Nicolao Branceleon. O padre Álvares ficou seis anos en Etiopía, e regresou a Lisboa en 1526 ou 1527.

En 1533 foille permitido acompañar a Martinho de Portugal a Roma nunha embaixada ao papa Clemente VII, a quen o padre Álvares entregou a carta que Lebna Dengel escribira ao papa. A data precisa da morte de Francisco Álvares, como a do seu nacemento, é unha incógnita, mais o escritor da Enciclopedia Británica de 1911 conclúe que foi após 1540, ano no que publicouse en Lisboa unha narración das súas viaxes. Na introdución da súa tradución da obra de Álvares, C.F. Beckingham e G.W.B. Huntingford proprocionan evidencia que sinala que Álvares morreu en Roma, e admiten que quizais morrera antes do ser publicada a súa obra.

Escritos de Álvares

[editar | editar a fonte]

En 1540 Luís Rodrigues publicou unha versión da narración de Álvares nun volume en folio, titulada Verdadeira Informação das Terras do Preste João das Indias. C.F. Beckingham e G.W.B. Huntingford citan evidencias, en parte baseadas no traballo previo do profesor Roberto Almagia, que mostran que a publicación de Rodrigues é só unha parte do relato completo de Álvares. Outra versión do que escribiu Álvares inclúe unha antoloxía de relatos de viaxe, Navigationi et Viaggi, reunidos e publicados por Giovanni Battista Ramusio en 1550.[1] Almagia tamén identificou tres manuscritos na Biblioteca do Vaticano que conteñen versións de fragmentos do manuscrito orixinal.

O autor do artigo da Enciclopedia Británica de 1911 é crítico coa información de Álvares, e di que tería que ser recibida con cautela, pois o autor "é propenso a esaxerar", e non se limitaría ao que veu cos seus propios ollos. Beckingham e Huntingford, con todo, teñen unha mellor opinión do testemuño de Álvares, e expoñen que non só é "incomparablemente máis detallado que calquera relato anterior sobre Etiopía que se conservara; é tamén unha fonte moi importante sobre a historia etíope, pois foi escrito "xusto antes de que o país fose devastado polas invasións somalís musulmáns e as pagás galla do segundo cuarto do século XVI." Álvares proporcionou as primeiras descricións rexistradas e detalladas de Axum e Lalibela. Beckingam e Huntingfors continúan...

"As veces erra, mais moi raramente é parvo ou inverosímil. Cometeu uns cantos erros; ben pode que cometera outros que non podemos detectar porque é a nosa única autoridade; cando tentou describir edificios a súa linguaxe foi normalmente inadecuada; é a miúdo é confuso e escuro, aínda que isto pode ser tanto culpa dos seus impresores como súa; a súa prosa frecuentemente é difícil de ler e ardua de traducir; mais parécenos libre das deshonestidades do viaxeiro que tenta esaxerar o seu coñecemento, a súa importancia ou o seu valor".[2]
  1. [1] "Navigationi et viaggi"
  2. C. F. Beckingham and G. W. B. Huntingford, Prester John, p. 13