Saltar ao contido

Estado da India

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:Xeografía políticaEstado da India
Estado Português da Índia (pt) Editar o valor en Wikidata

Localización
lang=gl Editar o valor en Wikidata Mapa
 2°11′20″N 102°23′04″L / 2.1889, 102.3844
ReinoReino de Portugal Editar o valor en Wikidata
CapitalGoa
Velha Goa (pt) Traducir (–1843)
Pangim (pt) Traducir (1843–1961) Editar o valor en Wikidata
Poboación
Lingua usadalingua portuguesa Editar o valor en Wikidata
Xeografía
Parte de
Datos históricos
Creación1505 Editar o valor en Wikidata
Disolución1961 Editar o valor en Wikidata
Moedarupia da Índia Portuguesa (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata

O Estado da India, tamén coñecido por India Portuguesa, designa o grupo de territorios ocupados por Portugal na India, en época do Imperio Portugués. Cando se deu a independencia da India en 1947, Portugal detentaba os dereitos sobre varios enclaves na costa indiana, cuxa pose databa da época dos Descubrimentos, logo despois da ligazón marítima ter sido establecida por Vasco da Gama. Entre estes territorios, incluíanse:

Moitas veces a India Portuguesa é referida como apenas Goa, xa que esta foi, durante anos, a principal praza comercial.

O primeiro contacto portugués coa India produciuse o 20 de maio de 1498, cando Vasco da Gama atracou en Calecute (actual Kozhikode). Logo dalgúns conflitos cos mercadores árabes, que detentaban o monopolio das especias a través de rutas terrestres, Vasco da Gama conseguiu asegurar unha carta de concesión para os trocos comerciais co Samorim, o gobernador de Calecute. Aí deixou algúns portugueses para estableceren un porto comercial.

En 1510, o almirante Afonso de Albuquerque derrotou os sultáns de Bijapur, nunha disputa entre a soberanía do territorio de Timayya, o que levaría ao estabelecemento dos portugueses na Vella Goa. Goa converteuse deste xeito no centro do goberno da India, e o lugar de residencia para o vicerrei da India.

Entre tanto, os portugueses conquistaban varios territorios aos sultáns de Gujarat: Damão (ocupado en 1531, formalmente cedido en 1539), Salsette, Bombaín e Bazaín (ocupado en 1534) e Diu (cedido en 1535). Estas posesións converteríanse na provincia do Norte do Estado da India, estendéndose por 100 km de costa desde Damão a Chaul. A provincia era gobernada a partir da fortaleza de Chaul. Bombaín sería cedida ao Reino Unido en 1661 como dote do casamento entre a princesa Catarina de Bragança e Carlos II de Inglaterra. A maioría da provincia foi, entre mentres, perdida para os Maratha ata 1739 e Portugal apoderouse de Dadrá e Nagar-Haveli en 1779.

Rupia da India Portuguesa.

Após a independencia dos británicos en 1947, Portugal rexeitou acceder á petición da India de prescindir das súas posesións. Porén, a actitude era condenada polo Tribunal Internacional e pola Asemblea das Nacións Unidas que se pronunciaron a prol da India.

En 1954, Portugal perdía os primeiros territorios ultramarinos: Dadrá e Nagar-Haveli. A India prohibiu a Portugal desprazar militares para a súa defensa, e anexou os enclaves en agosto de 1961. En decembro de 1961, a Unión India invadía os territorios de Goa, Damão e Diu. Porén, Salazar negouse a recoñecer a soberanía india sobre os territorios, manténdoos representados na Assembleia Nacional Portuguesa ata 1974, ano no que se produciu a Revolución dos Cravos. A partir de entón, Portugal puido restablecer as relacións diplomáticas coa India, comezando polo recoñecemento da soberanía india sobre o antigo Estado Portugués da India. Porén, foi outorgado poder escoller a cidadanía portuguesa aos seus habitantes.[1]

Notas

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]