For Whom the Bell Tolls
For Whom the Bell Tolls | |
---|---|
A novela foi adaptada o cine | |
Título orixinal | For Whom the Bell Tolls |
Autor/a | Ernest Hemingway |
Orixe | Estados Unidos |
Lingua | inglés |
Tema(s) | guerra civil española |
Xénero(s) | Novela bélica |
Editorial | Charles Scribner's Sons |
Data de pub. | 1940 |
Páxinas | 471 |
ISBN | ISBN 978-0-684-83048-3 |
Premios | |
Na rede | |
[ editar datos en Wikidata ] |
For Whom the Bell Tolls (en galego Por quen dobran as campás) é unha novela de Ernest Hemingway, publicada en 1940 e representada posteriormente en forma de película. A súa trama desenvólvese na guerra civil española, onde el participou como correspondente de guerra.
O título procede da "Meditación XVII" de Devotions Upon Emergent Occasions obra do poeta metafísico John Donne publicada en 1624:
- Ninguén é unha illa, completo en si mesmo; cada home é un pedazo de continente, unha parte da terra; se o mar se leva unha porción de terra, toda Europa queda diminuída, como se fose un promontorio, ou a casa dun dos teus amigos, ou a túa propia. A morte de calquera home redúceme porque estou ligado á humanidade; polo tanto nunca preguntes por quen dobran as campás: dobran por ti.
John Donne, Devotions Upon Emergent Occasions
Sinopse
[editar | editar a fonte]A trama lévase a cabo durante a guerra civil española. Robert Jordan é un profesor universitario de lingua castelá nos EUA, especialista en explosivos das Brigadas Internacionais. O xeneral Golz encárgalle a destrución dunha ponte para evitar a contraofensiva do bando Nacional durante a batalla de Segovia.
Jordan chega á zona, situada tralas liñas inimigas, guiado por un vello, Anselmo. Alí atópase con que o xefe da banda de guerrilleiros que debe axudalo a voar a ponte, Pablo, é un borracho acovardado. Pero tamén coñece a María, unha moza violada por falanxistas da que enseguida namora, e a Pilar, a muller de Pablo. Pilar é unha muller ruda, pero afouta e dunha gran vontade; ten unha gran lealdade á República e axuda moito a Jordan tanto na misión da ponte como no persoal con María.
Durante os días precedentes ao momento acordado do ataque, Jordan descobre o amor e a importancia da vida, pero tamén entende que seguramente morrerá e non poderá ir a Madrid con María.
Personaxes
[editar | editar a fonte]- Robert Jordan: dinamiteiro.
- Anselmo: de 67 anos guía de Robert.
- Pablo: Líder dunha banda de guerrilleiros.
- Rafael: Xitano membro da banda de Pablo.
- Fernando: Membro da banda.
- Golz: Xeneral republicano, comandante de Robert Jordan.
- Pilar: esposa de Pablo.
- María: amante de Robert.
- Santiago: o Xordo, xefe de partida de guerrilleiros.
- Agustín: Membro da banda de Pablo.
- Eladio: Membro da banda de Pablo.
- Andrés: Membro da banda de Pablo e irmán de Eladio.
- Primitivo: Mozo membro da banda de Pablo.
Alusións a feitos e personaxes reais
[editar | editar a fonte]A acción da novela ten lugar en xuño de 1937, durante a preparación da batalla de Brunete.
A batalla de Guadalajara, o caos imperante e, de xeito máis xeral, o tráxico destino da causa republicana, serven de fondo á novela. Robert Jordan fai constar que segue aos comunistas non tanto por ideoloxía, senón pola súa disciplina nunha alusión implícita ás diverxencias e loitas internas dentro das distintas faccións do bando republicano.
A escena descrita no décimo capítulo no que Pilar narra a execución de varios fascistas da súa vila ten similitudes con feitos acaecidos en Ronda en 1936. Aínda que anos despois Hemingway declarou que inventara a escena, en Ronda uns 500 simpatizantes do bando sublevado foron despeñados polo canón que rodea a vila desde unha casa situada á beira.
No libro aparecen personaxes reais, como:
- Andreu Nin, cofundador do POUM.
- Indalecio Prieto, presidente do Goberno.
- Os xenerais José Miaja, responsable da defensa de Madrid en outubro de 1936, Enrique Líster e Vicente Rojo.
- Dolores Ibárruri, a Pasionaria.
- Robert Hale Merriman, líder dos voluntarios estadounidenses nas Brigadas Internacionais.
- Buenaventura Durruti.
- André Marty, xeneral e comisario político do Partido Comunista Francés.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Baker, Carlos (1972). Hemingway: The Writer as Artist (4th ed.). Princeton University Press. ISBN 0-691-01305-5.
- Meyers, Jeffrey (1985). Hemingway: A Biography. Londres: Macmillan. ISBN 0-333-42126-4.
- Mellow, James R. (1992). Hemingway: A Life Without Consequences. New York: Houghton Mifflin. ISBN 0-395-37777-3.
- Oliver, Charles M. (1999). Ernest Hemingway A to Z: The Essential Reference to the Life and Work. New York: Checkmark. ISBN 0-8160-3467-2.
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Hemingway Archives, John F. Kennedy Library
- Stamberg, Susan. "Robert Jordan, Hemingway's Bipartisan Hero." NPR. 14 de outubro de 2008.
- For Whom the Bell Tolls Arquivado 29 de marzo de 2018 en Wayback Machine. (PDF)