Saltar ao contido

Focio I, patriarca de Constantinopla

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaFocio I, patriarca de Constantinopla

Editar o valor en Wikidata
Nome orixinal(grc) Πατριάρχης Φώτιος Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacementoc. 827 Editar o valor en Wikidata
Constantinopla, Turquía Editar o valor en Wikidata
Morte886 (Gregoriano) ↔ 897 Editar o valor en Wikidata
Armenia Editar o valor en Wikidata
Patriarca de Constantinopla
877 – 886
← Inácio I de Constantinopla (pt) TraducirEstevão I de Constantinopla (pt) Traducir →
Patriarca de Constantinopla
858 – 867
← Inácio I de Constantinopla (pt) TraducirInácio I de Constantinopla (pt) Traducir → Editar o valor en Wikidata
Datos persoais
RelixiónCristianismo Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónbibliógrafo, escritor, ministro, filósofo Editar o valor en Wikidata
Enaltecemento
Día de festividade relixiosa6 de febreiro Editar o valor en Wikidata
Obra
Obras destacables
Familia
PaisSergios Editar o valor en Wikidata  e Irene Editar o valor en Wikidata

Descrito pola fonteReal'nyj slovar' klassicheskih drevnostej po Ljubkeru
Dicionario Enciclopédico Granat
Dicionario Enciclopédico Brockhaus e Efron Editar o valor en Wikidata
BNE: XX929747

Focio (en grego: Φώτιoς), nado en Constantinopla ca. 820 e finado en Bordi (Armenia) o 6 de febreiro de 886, foi patriarca de Constantinopla e escritor bizantino, santo para a Igrexa ortodoxa e herexe[Cómpre referencia] para a Igrexa católica, pois separou á igrexa ortodoxa da católica no chamado Cisma de Focio, precursor do Cisma de Oriente.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

De familia nobre e moi relixiosa, emparentada cos Bardas, recibiu unha esmerada educación e chegou a ser un dos homes máis cultos do seu tempo en todas as ramas do saber que practicou: Gramática, Dialéctica, Oratoria, Escrituras, Teoloxía, Dereito. Dedicouse nun principio á docencia e logo pasou á Corte; durante o reinado do emperador Miguel III, foi presidente da Chancelaría imperial e realizou delicadas misións diplomáticas, por exemplo a embaixada ante o califa de Bagdad.

Trala deposición de Ignacio, o emperador Miguel III designou a Focio como patriarca de Constantinopla no ano 858. O nomeamento non recibiu a confirmación do papa Nicolao I, pois Focio non era eclesiástico e en poucos días, do 22 ao 25 de decembro do ano 858, recibiu desde a tonsura ata a consagración episcopal; é máis, o bispo consagrante foi Gregorio Asbesta, que naquel momento estaba suspendido e excomungado tanto polo patriarca Ignacio como polo papa Bieito III; a lexitimidade do novo patriarca era pois, como mínimo, discutíbel. O papa condenou a Focio en 863.

Para resolver a disputa entre os partidarios do deposto Ignacio, os do papa e os partidarios de Focio encabezados polo emperador mesmo convocouse un concilio no que Focio estableceu as bases da futura separación entre as Igrexas de Constantinopla e Roma. A Igrexa romana foi acusada por el de alterar o credo e de considerar ao patriarca de Constantinopla a inferior nivel que o pontífice romano. Aínda se embrollou máis o asunto e no ano 867 Focio era deposto polo emperador Basilio I, sendo substituído por Ignacio, mentres que o VIII Concilio Ecuménico (869-870) o condenaba. A morte de Ignacio no ano 878 motivou a reelección de Focio como patriarca, o que provocou que o papa Xoán VIII decidise excomungalo. Como Patriarca de Constantinopla tivo preocupacións apostólicas e pastorais, enviando misioneiros a Bulgaria. Tras subir ao trono León VI, Focio foi deposto e tivo que se exiliar a Armenia, onde morreu.

Foi a figura literaria máis importante no Imperio Bizantino mentres viviu. A súa produción literaria é considerábel e moi variada; ocupa catro volumes da Patroloxía grega de Jacques Paul Migne (PG, 101-104). Hai obras de erudición (Miriobilion ou Biblioteca, unha colección de epítomes en 280 capítulos de obras antigas e modernas, grazas ao cal coñecemos a obra de Ctesias, Memnón de Heraclea, Conón e as obras perdidas de Arrio e Diodoro de Sicilia), lexicográficas (Léxikon); teolóxicas (Anfiloquia; Comentarios bíblicos; Tratado contra os maniqueos; Tratado sobre o Espírito Santo; Tratados polémicos sobre as pretensións romanas); canónicas (Nomocanon; Decisións canónicas); obras de oratoria, cartas e moitas outras obras.

Veneración

[editar | editar a fonte]

A Igrexa Ortodoxa venera a Focio como santo; o seu día de festa é o 6 de febreiro.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]