Explorer 11
Explorer 11 (S 15) | |
---|---|
Representación artística do Explorer 11. | |
Tipo | Observatorio espacial. |
Organización | NASA[1] |
Satélite de | Terra |
Data de lanzamento | 27 de abril de 1961[1][2][3] |
Foguete portador | Juno II[1][4] |
Sitio de lanzamento | Cabo Cañaveral[1][5] |
Obxectivo da misión | Observación de raios gamma de alta enerxía.[1][5] |
NSSDC ID | 1961-013A |
Masa | 37,2 kg[1][4] |
Dimensións | Caixa octogonal de aluminio de 30,5 x 30,5 x 58,5 cm situado sobre un cilindro de 15,2 cm de diámetro e 52,2 cm de longo.[1] |
Datos orbitais | |
Semieixo maior | 7267,8 km[2] |
Inclinación | 28,8 graos[2] |
Apoapse | 1317,3 km[2] |
Periapse | 476,4 km[2] |
Explorer 11, tamén coñecido como S15, foi o undécimo satélite artificial do programa Explorer. Foi lanzado o 27 de abril de 1961 mediante un foguete Juno II desde Cabo Cañaveral.
Características
[editar | editar a fonte]O obxectivo de Explorer 11 foi detectar raios gamma de orixe astronómico, en especial os provenientes do plano galáctico, do centro da Galaxia, do Sol e de radiofontes coñecidas, relacionar as medicións de densidades de fluxo de raios cósmicos e a densidade de materia interestelar, e medir o albedo de raios gamma de alta enerxía da atmosfera terrestre.[1]
O satélite estabilizábase mediante xiro e estaba composto por unha caixa octogonal de aluminio de 30,5 x 30,5 x 58,5 cm situado sobre un cilindro de 15,2 cm de diámetro e 52,2 cm de longo. A telemetría enviábase en tempo real debido ó fallo da grabadora de cinta trala posta en órbita.[1]
Instrumentos
[editar | editar a fonte]O detector de raios gamma medía 25 cm de diámetro e 51 cm de longo, cun peso duns 12 kg. Estaba formado por capas de cristal de centelleo formado por ioduro de cesio e ioduro de sodio e un contador Cerenkov de metacrilato rodeado por plástico centelleador de anticoincidencia.[6]
As observacións comezaron o 19 de maio de 1961 e duraron uns 4 meses e en total detectáronse 22 eventos producidos por raios gamma e 22.000 producidos por raios cósmicos.[6]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 1,2 1,3 1,4 1,5 1,6 1,7 1,8 NASA (4 de novembro de 2011). "S 15" (en inglés). Consultado o 20 de xaneiro de 2012.
- ↑ 2,0 2,1 2,2 2,3 2,4 N2YO (2011). Real Time Satellite Tracking, ed. "EXPLORER 11" (en inglés). Consultado o 20 de xaneiro de 2012.
- ↑ "Letter dated 6 March 1962 from the Acting Secretary-General addressed to the Chairman of the Committee on the Peaceful Uses of Outer Space, transmitting a communication dated 5 March 1962 from the Permanent Representative of the United States of America". COMMITTEE ON THE PEACEFUL USES OF OUTER SPACE (62-04423): 4. 7 de marzo de 1962. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 21 de xullo de 2007. Consultado o 20 de xaneiro de 2012.
- ↑ 4,0 4,1 Gunter Dirk Krebs (2011). Gunter's Space Page, ed. "Explorer: S-15" (en inglés). Consultado o 20 de xaneiro de 2012.
- ↑ 5,0 5,1 Mark Wade (2011). "S-15" (en inglés). Consultado o 20 de xaneiro de 2012.
- ↑ 6,0 6,1 Goddard Space Flight Center, ed. (2011). "Explorer-11" (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 19 de outubro de 2011. Consultado o 20 de xaneiro de 2012.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Explorer 11 |