Saltar ao contido

Eva

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaEva

Editar o valor en Wikidata
Nome orixinal(he) חַוָּה‬
(ar) حَوَّاء‎ Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento3760 a. C. Editar o valor en Wikidata
Edén Editar o valor en Wikidata
Mortevalor descoñecido Editar o valor en Wikidata
Lugar de sepulturaTúmulo dos Patriarcas (pt) Traducir
Tumba de Eva (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
ResidenciaEdén Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónaxudante Editar o valor en Wikidata
Día de festividade relixiosa24 de decembro Editar o valor en Wikidata
Compañeiro profesionalAdán Editar o valor en Wikidata
Participou en
queda do homem (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Familia
CónxuxeAdán Editar o valor en Wikidata
FillosLuluva, Avan, Abel, Azura, Sete, Caín Editar o valor en Wikidata
Paissen valor Editar o valor en Wikidata  e sen valor Editar o valor en Wikidata

Descrito pola fontePequeno Dicionario Enciclopédico de Brockhaus e Efron
Enciclopedia Bíblica de Archimandrita Nicéforo
Enciclopedia Xudía de Brockhaus e Efron Editar o valor en Wikidata
BNE: XX919785
Eva (Durero, 1507, Museo do Prado

Eva, na mitoloxía xudaica e cristiá, é a primeira muller creada por Deus, compañeira de Adán. O nome de Eva provén do hebreo Hauuâh (que deu o grego Eua e este o latín Heva), e pode significar 'dadora de vida' ou 'nai dos viventes'. Ferro Ruibal considera máis probable que o nome estea relacionado cun nome semítico da serpe, que tentou a Eva.

Características

[editar | editar a fonte]

A historia da creación de Eva, a partir dunha costela de Adán, está narrada nos primeiros capítulos do libro do Xénese. Nun momento (Xénese 1:27-1:31) describe como creou a Adán e Eva [1] na tarde do sexto día; como os manda crecer, multiplicarse e domeña-la terra toda xunto os peixes, as aves e as bestas.

Noutro momento (Xénese 2:7-2:24) di que o fixo despois de descansa-lo sétimo día e, neste caso, o texto bíblico é máis explícito. Conta que Deus formou o home co po da terra e infundiulle no nariz o alento da vida e que despois o levou ó xardín do Edén para que o labrara e gardara. Engade que, xulgando que non era bo que o home estivese só, decidiu darlle unha axuda, para o cal repasaron tódolos animais viventes, ós que lle deron nome pero sen atopar ningún que servise para axudar a Adán. Entón, Deus fixo caer sobre Adán un sono profundo e sacoulle unha costela, da que fixo a Eva. Cando acordou Adán, mostrouse satisfeito porque ela era carne da miña carne e púxolle de nome Varona, porque foi feita do home.

No capítulo seguinte, o Xénese vai narrando a tentación de Eva polo demo en forma de serpe e a tentación de Adán por Eva, é dicir: o Pecado orixinal. Ó caer ámbolos dous na tentación e comer da froita prohibida da árbore do Ben e do Mal, Deus expulsoulles do Paraíso e condenoulles a sufrir e traballar coa suor da súa fronte para comer, a parir con dor [2] e anuncioulles que, ó perde-la vida eterna, rematarían morrendo [3].

Adán e Eva tiveron tres fillos identificados: Abel, Caín e, despois de morre-lo primeiro, Set. O Xénese cita que tiveron máis fillos, pero non sabémo-los nomes [4]. Tamén nos dá o dato de que Adán morreu con 930 anos pero non nos di nada máis de Eva.

Unha reinterpretación xudía [Cómpre referencia] do Xénese asegura que Adán tivo outra muller antes que Eva, chamada Lilith. Deus creouna para Adán pero, en vez de utilizar po, fíxoo con excrementos. Lilith non aceptou manter relacións sexuais con Adán porque se sentía humillada ó ter que estar baixo el, sendo o seu igual, e ramatou abandonándoo e refuxiarse xunto ó Mar Vermello, habitado polos demos, dos que pariu gran número de criaturas demoníacas chamadas lilim, cubertas de pelos.

Iconografía

[editar | editar a fonte]
Creación de Eva e o Pecado Orixinal

A imaxe de Eva, tanto no momento da creación como tras pecar ó come-la mazá prohibida, foi un tema recorrente na arte románica e na Idade Media, pero tamén en épocas máis recentes (Michelangelo, Durero, Van Eyck), ata a actualidade (Lucas Cranach, Auguste Rodin, Paul Gaugin etc.).

Na iconografía relixiosa adoita representarse xunto a Adán, cubrindo as súas partes coas mans ou con follas de parra.

A simboloxía da creación de Eva a partir da costela de Adán reflicte para algúns remarca-la dependencia da muller e, de feito, parece deducirse da lectura do Xénese unha maior responsabilidade de Eva no pecado e, como consecuencia, un maior castigo. Como vimos, ela, ademais de traballar para comer e ter que morrer, coma Adán, terá que pari-los fillos con dor e será domeñada polo home.

Para San Paulo simboliza a creación da Igrexa, pola semellanza coa ferida no costado de Xesús, na cruz. Outra interpretación ve na figura de Eva un precedente (unha prefiguración) da Virxe María, que viría ser unha nova Eva.

Galería de imaxes

[editar | editar a fonte]

Celébrase o 19 de decembro. Outros calendarios márcana o 6 de setembro.

En Laza (Ourense) celébrase a Festa de Eva o 3 de maio (día da Santa Cruz de maio).

Persoeiros co nome de Eva

[editar | editar a fonte]
Eva Longoria
A figura de Eva Perón deu lugar a varios musicais, obras de teatro e películas, entre as que destacamos Evita (1996), protagonizada por Madonna, como Evita, Antonio Banderas como Che, un cidadán anónimo arxentino, e Jonathan Pryce, como Perón.

Todo sobre Eva, película dirixida en 1950 por Joseph L. Mankiewicz e protagonizada por Bette Davis, Anne Baxter, George Sanders, Celeste Holm, Gary Merrill, Thelma Ritter e Marilyn Monroe.[5]

Premios EVA ás Mulleres da Gastronomía, creados en 2006 e promovidos pola Asociación de Mujeres Empresarias y Directivas de Navarra (AMEDNA) co obxectivo de reconoce-lo liderado das mulleres nos diferentes ámbitos da gastronomía

  1. E creou Deus o homre á súa imaxe, á imaxe de Deus creouno; home e femia creounos (Xénese 1:27).
  2. Á muller díxolle: Multiplicarei en gran maneira as dores nos teus preñazos; con dor darás a luz os fillos; e o teu desexo será para o teu home, e el dominarate a ti (Xénese 3:16).
  3. Coa suor do teu rostro comerá-lo pan ata que volvas á terra, porque dela fuches tomado; pois po es e ó po volverás (Xénese 3:19).
  4. E foron os días de Adán despois de enxendrar a Set, oitocentos anos, e enxendrou fillos e fillas (Xénese 5:4).
  5. [1]