Saltar ao contido

Epicuro

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaEpicuro

Editar o valor en Wikidata
Nome orixinal(grc) Ἐπίκουρος Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento342 a. C. Editar o valor en Wikidata
Samos, Grecia Editar o valor en Wikidata
Morte270 a. C. Editar o valor en Wikidata (71/72 anos)
Atenas, Grecia Editar o valor en Wikidata
Causa da morteCálculo renal Editar o valor en Wikidata
Lugar de sepulturaAtenas Editar o valor en Wikidata
Scholarch of the Epicurean school (en) Traducir
311 a. C. – 270 a. C. – Hermarchus (en) Traducir → Editar o valor en Wikidata
Datos persoais
RelixiónRelixión da Grecia antiga Editar o valor en Wikidata
Actividade
Campo de traballoFilosofía Editar o valor en Wikidata
Ocupaciónfilósofo, escritor Editar o valor en Wikidata
Período de tempoPeríodo helenístico Editar o valor en Wikidata
MovementoEpicureísmo Editar o valor en Wikidata
ProfesoresNausífanes de Téos (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
AlumnosHermarchus (en) Traducir, Polieno de Lâmpsaco (pt) Traducir, Leonteus of Lampsacus (en) Traducir, Temista de Lâmpsaco (pt) Traducir, Colotes (pt) Traducir, Leontina (pt) Traducir, Mys (en) Traducir, Menoeceus (en) Traducir, Pythocles (en) Traducir, Nicanor (en) Traducir, Ctesippus (en) Traducir, Apelles (en) Traducir, Mammarion (en) Traducir, Hedeia (en) Traducir, Erotion (en) Traducir, Nicidion (en) Traducir, Boison (en) Traducir, Demetria (en) Traducir, Athenaios (en) Traducir e Mentorides (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Influencias
Familia
PaisNeocles Editar o valor en Wikidata  e Chaerestrate Editar o valor en Wikidata
IrmánsChaeredemus
Aristobulus Editar o valor en Wikidata

Descrito pola fontePequeno Dicionario Enciclopédico de Brockhaus e Efron
Dicionario Enciclopédico Brockhaus e Efron
Encyclopædia Britannica Editar o valor en Wikidata
BNE: XX1022011 Discogs: 5361693 Editar o valor en Wikidata
Epicuro de Samos (341 a.C. - 270 a.C.)

Epicuro de Samos, nado no -341 e finado no -270, foi un filósofo grego do período helenístico. O seu pensamento chegou a ser moi difundido e desenvolvéronse numerosos centros epicuristas en Xonia, Exipto e, a partir do século I, en Roma, onde Lucrecio foi o seu maior divulgador.

Epicuro naceu en Atenas, en -341, mais marchou coa familia moi novo para Samos. En -323 retornou á terra natal.

Xa en Atenas, consta que Epicuro ouviu o filósofo académico Pánfilo. Con Nausífanes de Teo, discípulo de Demócrito de Abdera, entraría en contacto coa teoría atomista, da cal reformulou algúns puntos. Ensinou filosofía en Lampsaco, Mitilene e Colofón ata que en -306 fundou a súa propia escola filosófica, O Xardín. Ensinou nela ata a súa morte, en -270, rodeado de amigos e discípulos.

Filosofía e obra

[editar | editar a fonte]

Das numerosas obras escritas polo filósofo só restan tres cartas sobre a natureza, os meteoros e a moral, e unha colección de pensamentos. Estes textos foron recompilados por Hermann Usener baixo o título de Epicurea en 1887.

A certeza

[editar | editar a fonte]

Segundo Epicuro, para atinxir a certeza é necesario confiar naquilo que foi recibido pasivamente na sensación pura. Por consecuencia, cómpre confiar nas premocións ou ideas xerais que se forman no espírito como resultado dos datos sensíbeis recibidos pola facultade sensitiva.

O atomismo

[editar | editar a fonte]

Epicuro defendía ardorosamente a liberdade humana e a tranquilidade do espírito. Cría que o atomismo podería garantir ambas cousas desde que foi modificado. A representación vulgar do mundo, cos seus deuses e o medo a estes, fixo que se cometesen os peores actos, o que é un obstáculo á serenidade. Todas as doutrinas filosóficas, salvo o atomismo, participan desas supersticións.

No sistema epicurista, os átomos atópanse fortuitamente, ao contrario ca no atomismo de Demócrito, en que o encontro dos átomos é necesario. Este encontro fortuíto garante a liberdade, de non ser así, todo estaría baixo o xugo da Natureza. Así mesmo, garante a explicación dos fenómenos e a súa elucidación, o que fai que poidan ser explicados racionalmente. Así, ao comprender como opera a Natureza, o ser humano pode liberarse do medo e das supersticións que aflixen o espírito.

A doutrina de Epicuro entende que o sumo ben reside no pracer, por iso, foi moitas veces confundida co hedonismo. O pracer do que fala Epicuro é o do sabio, entendido coma a quietude da mente e o dominio sobre as emocións e, polo tanto, sobre si mesmo. É a propia Natureza a que nos informa que o pracer é un ben.

Este pracer, porén, apenas satisfai unha necesidade ou aquieta a dor. A Natureza conduce a unha vida simple. O único pracer é o do corpo, mentres que o que se chama "pracer do espírito" é apenas unha lembranza dos praceres do corpo. O máis alto pracer reside no que chamamos saúde. A función principal da filosofía é liberar o ser humano.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]

Artigos relacionados

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]