Enrique León Calviño
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1 de agosto de 1944 (80 anos) Verín, España |
Alcalde de Vilagarcía de Arousa | |
2007 – 2007 (dimisión) ← Joaquín Javier Gago López – Dolores García Giménez → | |
Actividade | |
Ocupación | político, policía |
Partido político | Partido Socialista Obrero Español |
Membro de |
Enrique León Calviño, nado en Verín o 1 de agosto de 1944, é un policía e político galego do PSdeG-PSOE.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Despois de facer o bacharelato aprobou as oposicións a policía, e logo de traballar durante dous anos en Barcelona, en 1970 foi destinado a Vilagarcía de Arousa. En 1995 ascendeu a comisario xefe e en 1999 asumiu a xefatura da brigada da Unidade de Drogas e Crime Organizado de Galicia. En 2001 foi destinado como comisario en Santiago de Compostela, onde permaneceu ata 2006. Nese momento, por motivos de idade, pasou á situación de segunda actividade sen destino, e aceptou a oferta de entrar en política. Presentouse como candidato socialista á alcaldía de Vilagarcía de Arousa, logo da retirada do anterior alcalde Joaquín Javier Gago López.
Carreira política
[editar | editar a fonte]Tras dos comicios do 25 de maio de 2007, Enrique León foi elixido alcalde co apoio do grupo nacionalista para dirixir un goberno en minoría. Só unhas semanas máis tarde, a Xunta Electoral Central estipulou que un policía en segunda actividade non pode ser elixido como concelleiro polo seu traballo (se ben na reserva). Porén, a Xunta Electoral declarouse incompetente para tomar decisións ao respecto. Despois de valorar a situación, decidiu dimitir o 9 de xullo de 2007, xaora o seu mandato non chegou aos dous meses.
Predecesor: Javier Gago |
Alcalde de Vilagarcía de Arousa 2007 - 2007 |
Sucesor: Dolores García Giménez |