Saltar ao contido

Efim Bogoljubov

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Para describir os movementos das pezas de xadrez neste artigo usouse a notación alxébrica.
Modelo:BiografíaEfim Bogoljubov

Efim Dmitriyevich Bogoljubov
Biografía
Nacemento14 de abril de 1889
Stanislavchyk, Ucraína (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Morte18 de xullo de 1952
Triberg im Schwarzwald, Alemaña Editar o valor en Wikidata
País de nacionalidadeUcraína Ucraína
Actividade
OcupaciónXogador de xadrez
Nacionalidade deportivaImperio Ruso
Unión Soviética
Alemaña Editar o valor en Wikidata
Deportexadrez Editar o valor en Wikidata
Título de xadrecistaGrande Mestre de Xadrez (pt) Traducir (1951)
Mestre Nacional de Xadrez (pt) Traducir (1952) Editar o valor en Wikidata
Participou en
1931Olimpíada de xadrez de 1931 (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata

Descrito pola fonteObálky knih,
Grande Enciclopedia Soviética (1926—1947)
Moskovskaia entsiklopedia: Litsa Moskvi Editar o valor en Wikidata


Efim Bogoljubov
(1.4.1889 – 18.6.1952)

Efim Dmitriyevich Bogoljubov (en ruso, Ефим Дмитриевич Боголюбов), tamén transliterado como Jefim Bogolyubov, nado o 14 de abril de 1889 e finado o 18 de xullo de 1952, foi un destacado mestre xadrecista ucraíno. Emigrou a Alemaña en 1926 e en 1951 outorgóuselle o título de Gran Mestre Internacional pola Federación Internacional de Xadrez.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Foi un dos mellores xogadores da primeira metade do século, pero a coincidencia no tempo con grandes xenios do xadrez, como Capablanca e Alexander Alekhine, non lle permitiu alcanzar as máis alta cotas. A súa estrea como xogador de elite foi no torneo de Todas as Rusias en 1913 e en Mannheim en 1914, onde quedou oitavo. Ao comezar a primeira guerra mundial atopábase en Mannheim (Alemaña), e aquí pasou a guerra confinado por ser cidadán ruso, xunto con outros xadrecistas compatriotas. Gañou cinco dos sete torneos que se organizaron durante o confinamento, e nos outros dous quedou segundo. Terminou casando cunha alemá e adoptando esta nacionalidade.

Na década de 1920 a súa carreira foi meteórica. En 1925 venceu no torneo de Moscova, onde xogaban Emanuel Lasker, José Raúl Capablanca, Frank Marshall, Carlos Torre, Savielly Tartakower, Richard Réti, Franz Grünfeld, Akiba Rubinstein e Rudolf Spielmann. Ocupou o primeiro posto nos torneos de Piestany de 1922, Carlsbad de 1923 e Bad Kissingen de 1928.

Outros torneos menos importantes foron o de Catro Mestres de Berlín en 1919, Estocolmo 1919 e 1920, Kiel 1922, catro campionatos de Rusia, de 1924 a 1925, o torneo de Breslau de 1925, Berlín 1926, Bad Homburg 1927 e Berlín 1928. Grazas a todos estes resultados puido retar a Alexander Alekhine dúas veces co título mundial en xogo. Foron encontros moi disputados. Na primeira ocasión, en 1929, perdeu 15,5 - 9,5; na segunda, en 1934, volveu ser derrotado 15,5 - 10,5. Logo destes encontros as súas actuacións en torneos foron irregulares. Alternou primeiros postos (Bad Nauheim 1935, Stuttgart 1939) con actuacións mediocres.

Tras a segunda guerra mundial deixou de relacionarse coa elite mundial. Tras a dobre derrota no campionato do mundo xa non volveu gañar torneos de importancia. Ademais, houbo de sufrir un período de illamento, por xogar durante a segunda guerra mundial na Alemaña nazi.

Entre os encontros individuais máis importantes logrou vencer a Aron Nimzowitsch, Max Euwe (dúas veces), Stahlberg, Romanovsky, Rödo, Kieninger e Grob, pero perdeu, ademais de con Alexander Alekhine, Akiba Rubinstein, Rudolf Spielmann, Euwe, Eliskases e Ahues.

A apertura Bogo-India 1.d4 Cf6 2.c4 e6 3.Cf3 Bb4 foi nomeada na súa honra.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]