Max Euwe
Machgielis Euwe, máis coñecido como Max Euwe, nado o 20 de maio de 1901 en Watergraafsmeer e finado o 29 de novembro de 1981, foi un xadrecista neerlandés. Foi o quinto Campión do Mundo de xadrez, entre 1935 e 1937.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Estudou matemáticas na Universidade de Ámsterdam e foi profesor de matemáticas, primeiro en Rotterdam e despois nun instituto feminino de Ámsterdan. Aplicou os seus coñecementos matemáticos ao problema das partidas de xadrez infinitas utilizando a secuencia Thue-Morse.
Foi campión de xadrez dos Países Baixos desde 1921 ata 1935. O 15 de decembro de 1935, tras 30 partidas disputadas en 13 cidades durante un período de 80 días, derrotou ao campión mundial Alexander Alekhine. Perdeu o título contra o mesmo Alekhine en 1937. Tras o falecemento de Alekhine en 1946, algúns consideraron que Euwe tiña un dereito moral ao título, pero accedeu a participar no encontro-torneo da Haia con outros catro rivais. Quedou en última posición, o novo campión foi Mikhail Botvinnik
Desde 1970 ata 1980 foi presidente da FIDE (Federación Internacional de Xadrez) e desempeñou un importante papel na organización do famoso encontro entre Boris Spassky e Bobby Fischer.
Tamén escribiu moitos libros sobre xadrez, sendo o máis famosos Oordeel en Plan ("Xuízo e Formulación") e estudos sobre aperturas.
En Ámsterdan hai unha Max Euwe Plein (praza) cerca do Leidseplein. Hai un museo dedicado a Max Euwe e unha gran colección de libros de xadrez. A súa neta, Esmee Lammers, escribiu un libro para nenos titulado Lang Leve de Koningin ("Longa vida á Raíña"), que é moi popular entre a mocidade.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Outros artigos
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Max Euwe en ChessGames.com
- Biografía de Max Euwe
- Partidas de Euwe en muljadi.org
- 25 posicións críticas de nas súas partidas
- Recordando a Max Euwe (PDF).
Predecesor: Alexander Alekhine |
Campión do mundo de xadrez 1935–1937 |
Sucesor: Alexander Alekhine |