Economía do Chad
Economía de Chad | |
---|---|
Moeda | Franco CFA de África Central |
Organizacións comerciais de que fai parte | OMC, Unión Africana |
Datos estatísticos[1] | |
PIB | 28 mil millóns (2013) |
Posición do PIB | 118ª no mundo[2] |
Crecemento do PIB | 3.9% (2013) |
PIB per cápita | 2 500 (2013) |
PIB por sector | agricultura 46.3%, industria 9.9%, servizos 43.8% (2013) |
Inflación | 4.5% (2013) |
Poboación abaixo da limiar de pobreza | dato non dispoñíbel |
Total da forza de traballo | 4.293.000 (2007) |
Forza de traballo por sector | agricultura 80%, industria e servizos 20% (2006) |
Desemprego | dato non dispoñíbel |
Industrias | petróleo, téxtiles de algodón, carnes embutidas, cervexa, carbonato de sodio, xabón, cigarros, materiais de construción |
Parcerías comerciais[1] | |
Exportacións | 3 865 millóns (2013) |
Produtos de exportación | petróleo, gando, algodón, goma arábiga |
Principais mercados | Estados Unidos 81.9%, República Popular da China 6.7% (2012) |
Importacións | 2 701 millóns (2013) |
Principais produtos importados | máquinas e equipamentos de transporte, bens industriais, alimentos, téxtiles |
Principais mercados | República Popular da China 20.2%, Camerún 18.2%, Francia 16.1%, Arabia Saudita 5.6%, Estados Unidos 4.2% (2012) |
Finanzas públicas[1] | |
Débeda externa | 1 828 millóns (2013) |
Ingresos | dato non dispoñible |
Gastos | dato non dispoñible |
A economía do Chad aínda depende da agricultura de subsistencia, pero hai perspectivas coa explotación do petróleo. As primeiras reservas comezaron a ser exploradas en outubro de 2003 O país posúe abundantes xacementos, principalmente na conca de Doba. Un oleoduto transporta o petróleo ata beiras do océano Atlántico, no Camerún.
O país tamén posúe uranio, aínda que non é explotado.
Na rexión tropical do sur prodúcese algodón que é industrializado no país, e ten potencial para outros tipos de cultivos tamén. Outros cultivos importantes no país son o sorgo, arroz, patacas, mandioca. Outras industrias importantes son a industria téxtil e o envasado de carnes.
O Índice de Desenvolvemento Humano da ONU coloca o país como o 5º máis pobre do mundo, xa que o 80% da súa poboación vive debaixo do limiar de pobreza.
As exportacións de algodón, gando e goma arábiga son as máis importantes fontes de ingresos externos despois do petróleo. Tamén o diñeiro enviado por traballadores no exterior é unha importante fonte de ingresos. Ademais o país é dependente de axuda estranxeira e capital externo para os investimentos públicos e privados.[1]
Recentemente a economía foi afectada polo alto custo de repatriar persoas que fuxiron da violencia no Sudán do Sur e na República Centroafricana. Os principais obstáculos aos investimentos son as infraestruturas limitadas, poucos traballadores cualificados, excesiva burocracia e corrupción.[1]
O principal socio comercial de Chad é a Unión Europea.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 1,2 CIA. "The World Factbook". Arquivado dende o orixinal o 18 de maio de 2020. Consultado o 6 de xullo de 2014.
- ↑ CIA. "Real GDP (purchasing power parity)". The World Factbook (en inglés).