Economía de Belarús
Economía de Belarús | |
---|---|
Moeda | rublo belaruso |
Organizacións comerciais de que fai parte | CEI, OMC (observador) |
Datos estatísticos[1] | |
PIB | 150,3 mil millóns (2012) |
Posición do PIB | 62ª no mundo[2] |
Crecemento do PIB | 4,3% (2012) |
PIB per cápita | $ 16 000 (2012) |
PIB por sector | agricultura 9,2%, industria 46,2%, comercio e servizos 44,6% (2012) |
Inflación | 70% (2012) |
Poboación abaixo da limiar de pobreza | dato non dispoñíbel |
Total da forza de traballo | 5.000.000 (2009) |
Forza de traballo por sector | agricultura 9,4%, industria 45,9%, comercio e servizos 44,7% (2005) |
Desemprego | 1% (2012) |
Industrias | máquinas de corte de metais, tractores, camións, escavadeiras, motocicletas, televisores, fibras sintéticas, fertilizantes, radios, frigoríficos |
Parcerías comerciais[1] | |
Exportacións | 46,6 mil millóns (2012) |
Produtos de exportación | máquinas e equipamentos, produtos minerais, produtos químicos, metais, téxtiles, alimentos |
Principais mercados | Rusia 33,5%, Países Baixos 15,1%, Ucraína 10,2%, Letonia 7,7%, Alemaña 4,5% (2011) |
Importacións | 48,18 mil millóns (2012) |
Principais produtos importados | produtos minerais, máquinas e equipamentos, produtos químicos, alimentos, metais |
Principais mercados | Rusia 54,4%, Alemaña 5,6%, República Popular da China 4,8%, Ucraína 4,4% (2011) |
Finanzas públicas[1] | |
Débeda externa | 1 067 millóns (2012) |
Ingresos | dato non dispoñible |
Gastos | dato non dispoñible |
A economía de Belarús mantivo nos últimos tres anos taxas de crecemento por encima do 6%, aínda que persisten altos niveis de inflación, de poboación por baixo do nivel de pobreza e forte dependencia económica de Rusia debido á pertenza durante moitos anos á URSS e á especialización produtiva que realizaban as economías centralizadas. As reformas económicas iniciadas en 1995 non levaron a unha apertura de mercados nin á entrada masiva de capitais estranxeiros, e dificultaron a renovación tecnolóxica e o aumento do consumo interno. Por outra banda, o control económico garante un alto nivel de protección social. Estatísticas do goberno indican que o PIB creceu uns 10% o 2008, a pesar dos obstáculos dunha economía centralizada co alta inflación[1].
Os principais recursos naturais do país son os seus bosques, a explotación do petróleo e o gas natural.
O 69,7% da súa superficie atópase sen explotar e, aínda que o 29,7% é cultivable, só o 0,6% destínase a colleitas permanentes. As terra con rega permanente ascendían a 1150 km² en 1999.
O tipo de cambio era de 2152,76 rublos belarusos por dólar estadounidense (2005) e o PIB per cápita de 6800 dólares (2004). A taxa de inflación ascendeu no mesmo ano a 17,4%. A débeda pública externa é duns 600 000 000 de dólares e a taxa de desemprego do 2% (2004).
Belarús produce motocicletas, televisores e teas. O agro belaruso baséase na produción de papas, cereais, froitas e verduras, vacas, porcos, cabalos, cabras e aves de curral.
Exporta elementos para a industria, maquinaria pesada, gas natural, petróleo, produtos químicos, aceiro, metais non ferrosos, alimentos e bebidas, materiais de construción, produtos agrícolas e papel a Rusia (51%), Ucraína (8%), Polonia (4%) e Alemaña (3%) (2000).
As súas importacións consisten en maquinarias para as súas industrias do petróleo, gas, madeira, química, eléctrica e metalúrgica, alimentos e bebidas, implementos agrícolas e elementos para fabricar papel e producir madeira. As mesmas proveñen de Rusia (65%), Alemaña (7%) e Polonia (3%) (2000).
Tamén ten moeda propia, o rublo belaruso.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 CIA. "The World Factbook". Arquivado dende o orixinal o 29/05/2020. Consultado o 18/5/2013.
- ↑ CIA. "Real GDP (purchasing power parity)". The World Factbook (en inglés).