Saltar ao contido

Coraxe

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Boa sorte! Edmund Leighton.

A coraxe[1] ou a valentía[2] é unha virtude humana, que se pode definir como a forza de vontade que pode posuír unha persoa para levar adiante unha acción a pesar dos impedimentos. A coraxe é a habilidade de sobreporse a devanditos impedimentos e perseverar probablemente coa acción que se pretendía realizar. A coraxe consiste en enfrontarse a situacións valiosas e importantes de maneira que superes o medo a fracasar nelas; tamén se entende como a forza por facer algo por alguén ou por ti mesmo. Así mesmo, pode definir un estado de furia, molestia, ira, irritación ou anoxo.[3] A miúdo moitas persoas utilizan esta palabra para expresar un sentimento oprimido. Por exemplo, cando ocorre algo que lles desagrada excesivamente. O contrario á coraxe é a covardía, que é o medo a facer algo por distintas razóns.[4]

A coraxe física oponse á dor física, o traballo pesado ou a posibilidade de recibir lesións ou morte. A coraxe moral permite actuar correctamente a pesar de recibir por iso descrédito[5], vergoña, deshonor ou represalias sociais.

A virtude clásica da fortaleza (en latín, fortitudo) tamén se traduce como "coraxe", pero inclúe aspectos de perseveranza e paciencia.[6]

  1. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para coraxe.
  2. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para valentía.
  3. Corripio, Fernando (1985). Diccionario de ideas afines (en castelán). Barcelona: Herder. p. 236. ISBN 84-254-1515-2. 
  4. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para covardía.
  5. Pianalto, Matthew (2012). Moral Courage and Facing Others (en inglés) 20. Philosophical Studies. pp. 165–184. doi:10.1080/09672559.2012.668308. 
  6. Rickaby, John (1909). The Catholic Encyclopedia (en inglés) 6. Nueva York: Robert Appleton Company.