Condado de Holanda
Lema | «"Vigilate Deo confidentes"» | ||||
---|---|---|---|---|---|
Localización | |||||
| |||||
Estado desaparecido | Sacro Imperio Romano Xermánico | ||||
Capital | A Haia Ámsterdam | ||||
Poboación | |||||
Lingua oficial | Lingua frisoa lingua neerlandesa | ||||
Relixión | Igrexa católica | ||||
Datos históricos | |||||
Precedido por | |||||
Creación | 880 | ||||
Disolución | 1795 | ||||
Sucedido por | Delf Department (en) | ||||
O Condado de Holanda (en neerlandés Graafschap Holland) foi un antigo condado feudatario do Sacro Imperio Romano Xermánico que se estableceu no século X. En 1433 foi adquirido por Filipe o Bo, a así foi integrado nos Países Baixos borgoñóns, e despois nos Países Baixos españois, extinguíndose en 1573.
Historia
[editar | editar a fonte]Até o século IX, os habitantes do territorio holandés eran de procedencia frisoa, e a zona era parte de Frisia.
A finais do século IX, Holanda converteuse nun condado do Sacro Imperio Romano Xermánico.
O primeiro conde de Holanda que se coñece con certeza foi Teodorico I, que reinou desde 896 até 931. Foi sucedido por unha longa lista de condes holandeses, que até o ano 1101 coñecéronse como condes de Frisia.
Cando o conde Xoán I morreu sen descendencia en 1299, o condado foi herdado por Xoán II de Avesnes, conde de Hainaut.
Na época de Guillerme V (da Casa de Wittelsbach, 1354–1388), o conde de Holanda tamén foi o conde de Hainaut e de Zelandia.
Máis tarde, diversos enfrontamentos armados tiveron lugar até que Jacqueline I, condesa de Hainaut, se viu obrigada a ceder todas as súas posesións, incluíndo Holanda, ao seu primo Filipe III de Borgoña, coñecido como Filipe o Bo, en 1432.
Como consecuencia, Holanda converteuse en parte dos Países Baixos borgoñóns e, máis tarde, en 1477, pasou a formar parte das Dezasete Provincias dos Habsburgo (Países Baixos españois).
No século XVI, o condado converteuse na rexión europea máis densamente urbanizada, coa maioría da poboación vivindo nas grandes urbes.
Nos Países Baixos españois, Holanda era a rexión dominante do norte; a influencia política de Holanda determinou en gran medida o dominio borgoñón sobre a zona.
O último conde de Holanda foi Filipe III, máis coñecido como Filipe II, rei de España. Foi deposto oficialmente en 1581 mediante a Acta de abxuración,[1] pola que xurdiu a República das sete Provincias Unidas dos Países Baixos.
Porén, os monarcas hispánicos conservaron a intitulación de "condes de Holanda" até a paz de Münster, asinada en 1648.
Historia posterior do territorio
[editar | editar a fonte]Pola Acta de abxuración de 1581, o rei Filipe II de España tivo que conceder a autonomía da República dos Sete Países Baixos Unidos, e o Condado de Holanda, que formaba parte dela como provincia, deixou de existir como estado independente.
Desde entón, o Condado de Holanda foi gobernado por un estatúder designado polos Estados Xerais dos Países Baixos. Oficialmente o Condado de Holanda continuou existindo até 1795, cando o territorio das Sete Provincias foi transformado por Napoleón na República Bátava, república irmá da Primeira República francesa. O territorio do Condado foi dividido en catro departamentos: Amstel, Delft, Texel e Schelde en Maas.
Despois de 1813, Holanda foi novamente unha provincia, esta vez do Reino Unido dos Países Baixos.
En 1840 o territorio foi dividido en dúas partes correspondentes ás actuais provincias neerlandesas de Holanda do Norte (Noord-Holland) e Holanda do Sur (Zuid-Holland).
Soberanos do Condado de Holanda
[editar | editar a fonte]Os primeiros señores de Holanda que ostentaban o título de conde posuían a Frisia occidental; pero o título de "conde de Holanda" aparece con Teodorico V.
Condes en Frisia occidental
[editar | editar a fonte]- 833-855: Xerolfo I, conde en 839 no pagus de Westrachi ao leste do río Vlie.
- 885-916: Xerolfo II, conde en 885 no Kennemerland, morto ante de 916, fillo ou neto do precedente.
- 916-959: Teodorico I (ou Dirk I), morto despois de 939, probabelmente fillo do precedente.
- 959-988: Teodorico II (? 930 † 988), neto do precedente.
- 988-993: Arnulfo (? 951 † 993), fillo do precedente.
- Casado en 980 con Lutgarda, filla de Sigfrido de Luxemburgo.
- 993-1044: Teodorico III (980 † 1044), fillo do precedente.
- 1044-1049: Teodorico IV († 1049),fillo do precedente.
- 1049-1061: Florencio I (1017 † 1061), irmán do precedente.
- Casado contra 1050 con Xertrude de Saxonia, filla de Bernardo II Billung, e de Eilika de Schweinfurt. Morto sen descendencia.
- En 1063 Xertrude de Saxonia casa con Roberto o Frisón que gobernou o Condado durante a minoría de idade de Teodorico V.
Condes de Holanda
[editar | editar a fonte]- 1061-1091: Teodorico V (1052 † 1091), fillo do precedente, inicialmente baixo a rexencia de Roberto o Frisón, toma o título de "conde de Holanda".
- Casado con Otelinda (ca. 1054 † 1124), probabelmente de Saxonia.
- 1091-1122: Florencio II o Gordo (1085 † 1121), fillo do precedente.
- Casado contra 1113 con Petronila de Lorena (1086 † 1144), filla de Teodorico II, duque de Lorena, e de Edwige de Formbach.
- 1121 - 1157: Teodorico VI (1114 † 1157), fillo do precedente.
- Casado con Sofía de Luxembourg-Salm (1117 † 1176), herdeira de Bentheim, filla de Otón de Luxembourg-Salm, conde palatino do Rin, conde de Bentheim e de Rheineck, e de Xertrude, señora de Frisia.
- 1157-1190: Florencio III (1141 † 1190), fillo do precedente.
- Casado en 1162 con Ada de Escocia, filla de Henrique de Escocia, conde de Northumbria, e de Ada de Warrenne.
- 1190-1203: Teodorico VII († 1203), fillo do precedente.
- 1203-1207: Ada (1188 † 1223), filla do precedente.
- 1207-1222: Guillerme I (1167 † 1222), fillo de Florencio III, destrona á súa sobriña.
- Casado:
- en 1197 con Adelaida de Güeldres († 1218), filla de Otón I, conde de Güeldres e de Richardis de Wittelsbach.
- en 1220 con María de Brabante († 1260), filla de Henrique I, e de Matilde de Boulogne e de Alsacia.
- Casado:
- 1222-1234: Florencio IV (1210 † 1234), fillo do precedente e de Adelaida de Güeldres.
- Casado con Matilde de Brabante (1200 † 1267), filla de Henrique I, duque de Brabante, e de Matilde de Boulogne e de Alsacia.
- 1234-1256: Guillerme II (1227 † 1256), fillo do precedente, até 1240 baixo a tutela do seu tío Otón, bispo de Utrecht.
- Foi elixido Rei de romanos o 3 de outubro de 1247.
- Casado en 1252 con Isabel de Brunswick († 1266), filla de Otón I o Neno, duque de Brunswick, e de Matilde de Brandeburgo.
- 1256-1296: Florencio V (1254 † 1296), fillo do precedente, toma Zelandia e intitúlase conde de Zelandia.
- Casado en 1270 con Beatriz de Flandres († 1296), filla de Guido de Dampierre, conde de Flandres, e de Matilde de Béthune.
- 1296-1299: Xoán I (1284 † 1299), fillo do precedente.
Despois de Xoán I, os condes de Hainaut herdan os Condados de Holanda e de Zelandia.
Casa de Avesnes
[editar | editar a fonte]- 1299-1304: Xoán II de Avesnes (1248 † 1304), igualmente conde de Hainaut (Xoán I), fillo de Xoán de Avesnes e de Adelaida de Holanda, ela mesma filla de Florencio IV.
- Casado en 1270 con Filipa de Luxemburgo (1252 † 1311), filla de Henrique V, conde de Luxemburgo, e de Margarida de Bar.
- 1304-1337: Guillerme III de Avesnes (1286 † 1337), conde de Hainaut (Guillerme I) e de Holanda, fillo do precedente.
- Casado en 1305 con Xoaana de Valois (1294 †1342), filla de Carlos de Valois, conde de Valois, e de Margarida de Anjou.
- 1337-1345: Guillerme IV de Avesnes (1307 † 1345), conde de Hainaut (Guillerme II) e de Holanda, fillo do precedente.
- Casado en 1334 con Xoana de Brabante, filla de Xoán III, duque de Brabante e de Limburgo, e de María d'Évreux.
- 1345-1354: Margarida I (1310 † 1356), condesa de Hainaut (Margarida II) e de Holanda, irmá do precedente.
- Casada en 1324 co emperador Lois IV de Baviera (1282 † 1347).
Casa de Wittelsbach
[editar | editar a fonte]- 1354-1358: Guillerme V de Baviera (1330 † 1388), conde de Hainaut (Guillerme III) e de Holanda a partir de 1356, fillo da precedente, disputoulle á súa nai os condados de Holanda e de Zelandia que ela abandonou en 1354.
- Casado en 1352 con Matilde de Lancaster (1335 † 1362), filla de Henrique II, conde de Lancaster, e de Isabel de Beaumont.
- 1358-1404: Alberte I de Baviera (1336 † 1404) conde de Hainaut e de Holanda, irmán do precedente.
- Casado:
- Con Margarida de Brieg (1342 † 1386), filla de Lois de Silesia-Liegnitz, duque de Brieg, e de Inés de Goglau.
- En 1394 con Margarida de Clèves (1375 † 1411), filla de Adolfo I de La Mark, conde de Clèves, e de Margarida de Juliers.
- Casado:
- 1404-1417: Guillerme VI de Baviera (1365 † 1417), conde de Hainaut e de Holanda, fillo do precedente e de Margarida de Brieg.
- Casado en 1385 con Margarida de Borgoña, filla de Filipe II o Intrépido, duque de Borgoña, e de Margarida, condesa de Flandees.
- 1417-1433: Jacqueline de Baviera (1401 † 1436), condesa de Hainaut e de Holanda, filla do precedente.
- Casada en 1418 con Xoán IV de Borgoña (1403 † 1427), duque de Brabante, fillo de Antonio de Borgoña e sobriño de Xoán sen Medo.
- Recoñeceu en 1428 a Filipe o Bo como herdeiro dos seus dominios, que ela abandonou formalmente en 1433.
Casa de Borgoña
[editar | editar a fonte]- 1433-1467: Filipe III o Bo (Filipe I de Hainaut, e Filipe I de Holanda).
- 1467-1477: Carlos o Temerario (Carlos I de Borgoña, de Hainaut e de Holanda).
- 1477-1482: María de Borgoña
- Casada con Maximiliano I de Habsburgo, emperador do Sacro Imperio Romano Xermánico, que foi rexente (1482–1519).
Casa de Habsburgo
[editar | editar a fonte]- 1482-1506: Filipe o Fermoso (Filipe II de Holanda e de Hainaut).
- 1506-1555: Carlos I de España (Carlos II de Holanda e de Hainaut).
- 1555-1573: Filipe II de España (Filipe III de Holanda e de Hainaut).
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Transcrición ao inglés, desde o neerlandés, da Acta de abxuración Arquivado 06 de abril de 2007 en Wayback Machine..
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Condado de Holanda |
Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Léon Vanderkindere, La Formation territoriale des principautés belges au Moyen Âge, Vol. II. Bruxelles: H. Lamertin, 1902 (reimpr. en 1981).
Outros artigos
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Adriano H. Luijdjens, Contea e provincia di Olanda en Treccani (Enciclopedia Italiana) (en italiano). Consultada o 27 de outubro de 2016.