Capitán Nemo
Capitán Nemo | |
---|---|
Personaxe de 20.000 leguas baixo o mar; A illa misteriosa | |
Nemo tocando o órgano, gravado de Alphonse Marie Adolphe de Neuville | |
Primeira aparición | Vinte mil leguas baixo o mar |
Última aparición | A illa misteriosa |
Causa/razón | Morto por causas naturais |
Creador(es) | Jules Verne |
Información | |
Nome orixinal | Príncipe Dakkar |
Alcume | Nemo |
Raza | Humano |
Sexo | Masculino |
Nacemento | India |
Falecemento | Nautilus (cerca da illa misteriosa) |
Especialidade | Enxeñaría mariña; científico |
Ocupación | Capitán do Nautilus |
Título | Príncipe (anteriormente) |
Equipamento | Submarino Nautilus |
Aliados | Tripulación do Nautilus |
Inimigos | Imperio Británico |
Familia | Tipu Sahib (tío) |
Pais | Raxá de Bundelkund (pai) |
Residencia | Nautilus |
Nacionalidade | Indio |
O capitán Nemo (do latín nemo, "ninguén"), comandante do submarino Nautilus, é o principal antagonista da novela de Jules Verne Vinte mil leguas baixo o mar e un dos personaxes de A illa misteriosa.
En Vinte mil leguas baixo o mar, Nemo, home culto e gran enxeñeiro, é un personaxe sombrío e misterioso que esconde a súa verdadeira identidade (xa que "nemo" significa ninguén en latín) Obsesionado por un misterio, que é desvelado até o final da novela, renunciou a vivir en sociedade e percorre os mares con afán de investigación científica (as exploracións do submarino Nautilus), de xustiza (axuda aos revolucionarios gregos na súa loita pola emancipación de Turquía), e de vinganza (dedicado ao afundimento de barcos que levan a bandeira de Inglaterra).
O personaxe foi traído de volta na serie de banda deseñada de Alan Moore The League of Extraordinary Gentlemen, e na súa adaptación cinematográfica.
Identidade do personaxe
[editar | editar a fonte]Relación cun personaxe histórico
[editar | editar a fonte]O misterio da identidade de Nemo (Ninguén en latín) revélase en A illa misteriosa: o capitán é en realidade o príncipe Dakkar, fillo dun raxá indio e sobriño de Tipu Sahib, un personaxe histórico real. O ficticio capitán é un agonista de educación europea, pero fiel ás súas raíces indias, alberga un odio feroz a Inglaterra, que escravizou ao seu pobo e asasinou a súa muller e os seus fillos. Despois de A rebelión da India (1857), decidiu construír en segredo o submarino Nautilus, que deseñara para expedicións científicas, nunha illa deserta. Dende entón percorreu os mares cunha tripulación de distintos países, que lle gardaron unha fidelidade absoluta. Morre por causas naturais na súa vellez dentro do Nautilus que se converte na súa tumba en A Illa Misteriosa.
Relación con Galiza
[editar | editar a fonte]Verne establece unha ligazón directa entre o Nemo e a ría de Vigo, onde garda o seu tesouro. No libro, o Nautilus visita a ría para recoller os tesouros de barcos afundidos a raíz da batalla de Rande de 1702. Esta batalla tivo lugar cando unha frota hispano-francesa que transportaba mercadorías e metais prezados de América foi atacada por forzas anglo-holandesas.[1]
A lenda do Capitán Nemo e a súa conexión con Galiza perdura grazas á mestura de feitos históricos e ficción literaria. Varios medios galegos establecen ligazóns entre o misterioso capitán e o país galego. En particular, insinúase a posibilidade de que Verne puidese terse inspirado nunha persoa real da Coruña para o seu personaxe.[2] Unha exposición no Aquarium Finisterrae coruñés destacou esta teoría, suxerindo que o camareiro local Santiago López puido ter compartido información con Verne sobre un capitán local que sabía moito sobre submarinos, posibelmente influenciando a creación do Capitán Nemo.[3]
En 2004, Verne foi homenaxeado na ría de Vigo cunha estatua do capitán Nemo. A escultura está feita en bronce envellecido e só se poden observar os mergulladores coa marea baixa. A obra foi idealizada polo falecido Moncho Lastra e esculpida por Sergio Portela Campos, está situada entre a Illa de San Simón e a praia de Cesantes.[4]
Capitán Nemo en cine, televisión e música
[editar | editar a fonte]- 1916 Allen Hollubar na primeira versión de 20.000 leguas baixo o mar, unha produción cinematográfica muda francesa.
- 1929 Lionel Barrymore (como o conde Andre Dakkar) en A illa misteriosa, na que só o título e algún momento illado lembran as obras de Verne que o inspiraron.
- 1951 Leonard Penn nunha adaptación de The Mysterious Island en forma de serie.
- 1952 Thomas Mitchell en dous capítulos da serie de televisión Tales of Tomorrow, que adaptou a novela 20.000 leguas baixo o mar .
- 1954 James Mason, o capitán Nemo na versión cinematográfica de 20.000 leguas baixo o mar producida por Disney na que é a máis famosa das adaptacións desta novela.
- 1961 Herbert Lom, na coprodución angloamericana Mysterious Island .
- 1960 Robert Ryan, en Captain Nemo and the Sunken City, que foi unha película que non adaptaba ningunha das novelas nas que aparecía o famoso capitán.
- 1970 Michel Le Royer en Nemo, adaptación francesa de 20.000 leguas baixo o mar para televisión.
- 1973 Omar Sharif nunha dobre adaptación de A illa misteriosa que se fixo para o cine e como serie de televisión.
- 1975 Vladislav Dvorzhetsky na versión cinematográfica soviética da novela.
- 1978 José Ferrer en El regreso del capitán Nemo, película que non adaptou ningunha das novelas de Verne.
- 1983 Michael Schenker Group, na súa canción "Captain Nemo" incluída no álbum: "Built To Destroy".
- 1992 Silvio Rodríguez, na súa canción "Quien Fuera" incluída no disco: "Silvio" fai referencia ao Capitán Nemo
- 1993 Sarah Brightman, lanza unha "cover" do grupo sueco The Dive, titulada "Captain Nemo" do seu primeiro álbum de estudo "Dive".
- 1995 John Bach, nunha serie de televisión baseada en A illa misteriosa .
- 1995 David Coburn, nunha versión espacial de 20.000 Leagues Under the Sea.
- 1997 Michael Caine, nunha versión televisiva de 20.000 Leagues Under the Sea.
- 1997 Ben Cross, nunha versión televisiva de 20.000 Leagues Under the Sea.
- 1997 Adam Wyle, nunha versión infantil de 20.000 Leagues Under the Sea.
- 1998 Ace of Base, dedícalle a canción "Captain Nemo" no disco "Flowers" na versión europea.
- 2003 Naseeruddin Shah, en The League of Extraordinary Gentlemen, versión cinematográfica do cómic de Alan Moore.
- 2005 Patrick Stewart nunha versión televisiva de The Mysterious Island .
- 2007 Sean Lawlor, nunha película de directo a vídeo titulada 30.000 leguas baixo o mar.
- 2010 "Captain Nemo" é unha canción do grupo costarriqueño de heavy metal Nautilus
- 2012 Os restos do capitán Nemo aparecen brevemente na película Viaxe ao centro da terra II: A illa misteriosa, así como o Nautilus que usan para escapar.
- O Capitán Nemo de 2013 estaba previsto que fose un dos novos personaxes que aparecerán nas dúas próximas entregas da franquía producida por Disney, Piratas do Caribe 5 e 6, que se rodarían ao mesmo tempo que as películas 2 e 3.
- En 2016 Captain Nemo anunciou que tería unha aparición na sexta tempada de Once Upon A Time, xunto co Capitán Killian "Hook" Jones.
- 2020 O capitán Nemo aparece no xogo Fate Grand Order como un servo da clase de pilotos xunto ao Nautilus.
- En 2020 emitiuse o capítulo "Sanjurjo Badía, o capitán Nemo da industria galega" da serie da Televisión de Galicia A Pegada dos Indianos.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Chueca, Iván Giménez (2022-01-01). "Un tesoro de leyenda para el capitán Nemo - Jot Down Cultural Magazine" (en castelán). Consultado o 2023-08-16.
- ↑ https://www.facebook.com/lavozdegalicia (2002-06-25). "El Aquarium Finisterrae mostrará la relación entre el Capitán Nemo y Galicia". La Voz de Galicia (en castelán). Consultado o 2023-08-16.
- ↑ culturagalega.org (2002-07-01). "Nemo na Coruña". culturagalega.org (en castelán). Consultado o 2023-08-16.
- ↑ "Estatua do Capitán Nemo na Ría de Vigo". turismoriasbaixas.com. Consultado o 2023-08-17.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Capitán Nemo |
- Ernest Bazin
- Jules Verne
- Sanjurjo Badía
- Submarino
- Somerxíbel
- Tipu Sultan
- A Illa misteriosa
- Vinte mil leguas submarinas
- Finding Nemo
- Little Nemo
- Punto Nemo