COBOL
COBOL | |
---|---|
Portada do informe COBOL 60. Departamento de Defensa, abril 1960. | |
Paradigma | Procedural, imperativa, orientada a obxectos |
Data | 28 de maio de 1959 (65 anos) |
Deseñador | Howard Bromberg Howard Discount Vernon Reeves Jean E. Sammet William Selden Gertrude Tierney |
Desenvolvedor | CODASYL, ANSI, ISO |
Última versión | ISO/IEC 1989:2014 |
Tipo de dato | .cbl, .cob, .cpy |
Postas en funcionamento | GNU Cobol, IBM COBOL, Micro Focus Visual COBOL |
Dialectos | ACUCOBOL-GT, COBOL-IT, COBOL/2, DEC COBOL-10, DEC VAX COBOL, DOSVS COBOL, Fujitsu COBOL, Hitachi COBOL2002, HP3000 COBOL/II, IBM COBOL SAA, IBM COBOL/400, IBM COBOL/II, IBM Enterprise COBOL, IBM ILE COBOL, IBM OS/VS COBOL, ICL COBOL, isCOBOL, Micro Focus COBOL, Microsoft COBOL, Realia COBOL, Ryan McFarland RM/COBOL, Ryan McFarland RM/COBOL-85, Tandem (NonStop) COBOL85, Tandem (NonStop) SCOBOL, UNIVAC COBOL, Unisys MCP COBOL74, Unisys MCP COBOL85, Unix COBOL X/Open, Visual COBOL, Wang VS COBOL |
Influído por | AIMACO, C++, COMTRAN, FACT, FLOW-MATIC, Smalltalk |
Influíu | CobolScript, PL/1, PL/B |
Sistema operativo | Windows e Linux |
Licenza | GNU |
COBOL (acrónimo de COmmon Business Oriented Language[1]) é unha linguaxe de programación compilada similar á lingua na súa sintaxe e orientada a emprego en empresas. É unha linguaxe procedural, imperativa, e desde o 2002 orientada a obxectos. Emprégase especialmente en empresas, en finanzas e en equipos da administración; fundamentalmente en servidores de empresas e para procesamentos en lote e tarefas de transaccións. A súa popularidade está minguando e estes sistemas están migrando a novas plataformas, noutras linguaxes.[2][3]
Historia
[editar | editar a fonte]COBOL deseñouna en 1959 o consorcio CODASYL, composta por fabricantes de ordenadores, usuarios e o departamento de defensa dos Estados Unidos de América. Estivo baseada en parte no traballo de Grace Hopper, ao que se lle chamaba "a avoa de COBOL". COBOL creouse para ter unha linguaxe de programación para o procesamento de datos.[4][5][6] O primeiro prototipo 1960 denominándose COBOL-60. Evolucionou rapidamente e foi revisado en 1961 a 1965. Estandarizouse por primeira vez en 1969, e fíxoo catro veces máis. As súas melloras posteriores foron o soporte de linguaxe orientada a obxectos.[7] En 2018 o estándar da linguaxe é a ISO/IEC 1989:2014.[8]
COBOL ten unha sintaxe semellante ao inglés xa que foi deseñada para ser xa en si mesma unha linguaxe documentada e lexible. Pola contra, é unha linguaxe redundante e ten máis de 300 palabras reservadas. Cando en linguaxes actuais se pode escribir cunha sintaxe "y = x", COBOL ten unha linguaxe máis verbal e indica " MOVE x TO y". O código de COBOL pártese en catro bloques: a identificacións, o ambiente, os datos e o procedemento. Ten unha xerarquía ríxida nas súas seccións, parágrafos e liñas. Carece dunha libraría ampla, xa que só conta cunha estándar de 43 declaracións e 87 funcións e unha soa clase.
Esta linguaxe non tivo un interese no mundo académico e científico, polo que o seu deseño xurdiu só para a súa aplicación empresarial. Por iso, prestou atención a introdución e saída de datos, considerando só entradas de números e cadeas de texto. COBOL foi criticado ao longo da súa vida no mercado pola súa redundancia, o proceso de deseño e a falta de soporte para a programación estruturada, que derive en código monolítico e incomprensible.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Tradución do inglés, é a "linguaxe común orientada a negocios".
- ↑ Mitchell, Robert L. (14 de marzo de 2012). "Brain drain: Where Cobol systems go from here". Computerworld.
- ↑ Mitchell, Robert L. (4 de outubro de 2006). "Cobol: Not Dead Yet". Computerworld. Arquivado dende o orixinal o 27 de abril de 2014. Consultado o 03 de xaneiro de 2018.
- ↑ Porter Adams, Vicki (5 de outubro de 1981). InfoWorld, eds. "Captain Grace M. Hopper: the Mother of COBOL" 3 (20 ed.): 33. ISSN 0199-6649.
- ↑ Betts, Mitch (6 de xaneiro de 1992). "Grace Hopper, mother of Cobol, dies". Computerworld (1 ed.) 26: 14. ISSN 0010-4841.
- ↑ Lohr, Steve (2008). Basic Books, eds. Go To: The Story of the Math Majors, Bridge Players, Engineers, Chess Wizards, Maverick Scientists, and Iconoclasts--The Programmers Who Created the Software Revolution. p. 52. ISBN 978-0786730766.
- ↑ Ensmenger, Nathan L. (2009). MIT Press, eds. The Computer Boys Take Over: Computers, Programmers, and the Politics of Technical Expertise. p. 100. ISBN 978-0262050937. LCCN 2009052638.
- ↑ ISO, eds. (26 de maio de 2014). "ISO/IEC 1989:2014".
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- COBOL Standards (en inglés)
- COBOL User Groups (COBUG) (en inglés)
Este artigo sobre informática é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír. |