Birmingham, Alabama
Birmingham (en) | |||||
Alcume | The Magic City | ||||
---|---|---|---|---|---|
Epónimo | Birmingham | ||||
Localización | |||||
| |||||
Estado | Estados Unidos de América | ||||
Estado federado | Alabama | ||||
County of Alabama (en) | Condado de Jefferson (pt) | ||||
Capital de | |||||
Poboación | |||||
Poboación | 200.733 (2020) (521,46 hab./km²) | ||||
Número de fogares | 91.598 (2020) | ||||
Xeografía | |||||
Situado na entidade territorial estatística | Birmingham–Hoover Metropolitan Area (en) (Poboación:1.115.289) | ||||
Superficie | 384,944955 km² | ||||
Auga | 1,7123 % (1 de abril de 2010) | ||||
Altitude | 187 m | ||||
Comparte fronteira con | |||||
Creación | 1871 | ||||
Organización política | |||||
• Mayor of Birmingham, Alabama (en) | Randall Woodfin (pt) (2017–) | ||||
Identificador descritivo | |||||
Código postal | 35201 | ||||
Fuso horario | |||||
Prefixo telefónico | 205 | ||||
Outro | |||||
Irmandado con | Gweru (pt) Pomigliano d'Arco (pt) Maebashi Plzeň Cobán Anshan Székesfehérvár (1997–) Rosh HaAyin (2000–) Vinnytsia (pt) (2003–) | ||||
Páxina web | birminghamal.gov | ||||
Birmingham é a cidade máis grande do estado de Alabama, nos Estados Unidos. A poboación da cidade é de 242 820 habitantes, pero hai máis de 1 100 000 na área metropolitana. A cidade é relativamente nova, pois foi fundada en 1871. Dende a súa fundación ata o final da década de 1960, Birmingham foi un centro industrial principal do sur.
Historia
[editar | editar a fonte]Birmingham comezou como un centro industrial dos Estados Unidos, onde se fabricaba aceiro. A rexión tiña todo o necesario para fabricalo, por iso a cidade medrou axiña. Tanto foi así que chegou a ser coñecida como "A cidade máxica"[Cómpre referencia] ou "O Pittsburgh do sur"[Cómpre referencia], por mor das historias similares das ambas as dúas cidades industriais.
Actualmente Birmingham é unha das cidades máis importante do sur, xunto a Atlanta, Charlotte, Nashville e Miami. Hai nela cinco industrias predominantes: o aceiro, a banca, a medicina, as aseguradoras e a biotecnoloxía. Birmingham é tamén a primeira área metropolitana no sur e a sétima dos Estados Unidos en canto a mellores oportunidades para gañar e aforrar cartos.[1]
Economía
[editar | editar a fonte]En Birmingham a industria siderúrxica sempre desempeñou un papel crucial na economía. Aínda que a industria de aceiro xa non ten a mesma importancia ca antigamente, a produción de aceiro segue a desempeñar un papel clave na economía. Nos últimos anos, as empresas siderúrxicas locais anunciaron preto de 100 millóns de dólares de investimentos en ampliacións e novas instalacións en torno á cidade. Nos anos 1970 e 1980, distintos investimentos en tecnoloxía e investigación de biomedicina no campus de Birmingham da Universidade de Alabama a economía da cidade. Birmingham é tamén un centro bancario de liderado, que serve como sede de dous grandes bancos: Regions Financial Corporation e BBVA Compass. SouthTrust foi adquirido polo Wachovia en 2004. A cidade aínda ten grandes operacións como unha das sedes rexionais da Wachovia, que agora forma parte do Wells Fargo Bank. Ao redor de 2009, o sector de finanzas e banca en Birmingham empregaba 1870 asesores financeiros, 1530 axentes de crédito, 680 axentes de vendas de valores e servizos financeiros, 380 analistas financeiros, 310 examinadores financeiros, 220 analistas de crédito e 130 conselleiros de crédito.
Transporte
[editar | editar a fonte]Hai moitas maneiras de chegar a Birmingham. A área sérvese do Aeroporto Internacional de Birmingham. É o aeroporto máis grande do estado e un dos de maior tráfico do sur dos Estados Unidos[Cómpre referencia]. O ano pasado[Cómpre referencia] usaron este aeroporto máis de 3 millóns de persoas. O aeroporto ofrece 160 voos cada día a máis de 37 cidades nos Estados Unidos e no resto do mundo.
Deporte
[editar | editar a fonte]Ningún dos catro grandes deportes de equipo dos Estados Unidos ten licenzas en Birmingham. Varias ligas menores de fútbol americano tiveron licenzas na cidade, pero as ligas desapareceron. Algúns exemplos foron os Birmingham Americans e os Birmingham Vulcans, da World Football League; os Birmingham Fire, da World League of American Football; e os Birmingham Stallions, da United States Football League. En troques, os deportes universitarios están fortemente representados na cidade, especialmente en baloncesto.
Existen dous circuítos de carreiras próximos a Birmingham: Talladega Superspeedway, o óvalo máis longo dos Estados Unidos, e Barber Motorsports Park, onde se corren carreiras de gran turismo e de motociclismo de velocidade.
Birmingham posúe dous campos de golf que acolleron competicións do PGA Champions Tour: o Greystone Golf & Country Club, sede do Memorial Classic ata 2005; e o Ross Bridge Golf Resort and Spa, sede do Regions Charity Classic.
Educación
[editar | editar a fonte]A Biblioteca Pública de Birmingham, con 21 sedes locais, serve para ofrecer educación e entretemento a toda a comunidade e para todas as idades. Hai institutos como a Mountain Brook High School, que está entre os 250 mellores institutos, ademais do xa mencionado campus de Birmingham da Universidade de Alabama.
Edificios máis altos
[editar | editar a fonte]A torre Wells Fargo (138 m), Regions-Harbert Plaza (133 m), AT&T City Center (119 m), Regions Center (119 m), City Federal Building (99 m), Alabama Power Headquarters Building (98 m), Leer Tower (87 m), John Man Building (87 m) e Daniel Building (86 m).
Terremotos
[editar | editar a fonte]A área de Birmingham non é propensa a sismo, e o historial de actividade é de preto dun 60% menor cá media dos Estados Unidos. Na área de Birmingham os terremotos son xeralmente menores. O de Irondale, nas afóras da cidade, en 1916, cunha mangitude de 5,1, causou danos na área de Birmingham e sentiuse en estados veciños e ata nas Carolinas. Un tremor de terra en 2003, que tivo o seu epicentro no nordeste de Alabama (cunha magnitude entre 4,6 e 4,9) tamén se sentiu en Atlanta, Tennessee, Kentucky e Carolina do Norte e do Sur.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Bizjournals(en inglés)