Saltar ao contido

Miami

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:Xeografía políticaMiami
Fotomontaxe
Imaxe

EpónimoMayaimi (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Localización
Editar o valor en Wikidata Mapa
 25°47′N 80°13′O / 25.78, -80.22
EstadoEstados Unidos de América
Estado federadoFlorida
CondadoCondado de Miami-Dade (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Capital de
Poboación
Poboación442.241 (2020) Editar o valor en Wikidata (3.089,38 hab./km²)
Número de fogares180.676 (2020) Editar o valor en Wikidata
Xeografía
Situado na entidade territorial estatísticaRegião Metropolitana do Sul da Flórida (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata (Poboación:6.138.333) Editar o valor en Wikidata
Superficie143.148.642 m² Editar o valor en Wikidata
Auga36,0173 % (1 de abril de 2010) Editar o valor en Wikidata
Bañado porRio Miami (pt) Traducir e Baía Biscayne (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Altitude2 m Editar o valor en Wikidata
Creación1825 Editar o valor en Wikidata
Organización política
• Alcalde Editar o valor en WikidataFrancis X. Suarez (2017–) Editar o valor en Wikidata
Identificador descritivo
Código postal33152 Editar o valor en Wikidata
Fuso horario
Prefixo telefónico305 e 786 Editar o valor en Wikidata
Outro
Irmandado con
Setif (pt) Traducir
Río de Xaneiro
Murcia Editar o valor en Wikidata../... 36+

Sitio webmiami.gov Editar o valor en Wikidata
BNE: XX453803

Miami é unha cidade da Florida, nos Estados Unidos de América. É a sede do condado de Miami-Dade. Ten preto de 350 mil habitantes, aínda que súa zona metropolitana posúa 2.1 millóns, chegando a cinco millóns, cando se contan os condados veciños de Broward e Palm Beach. Foi fundada o 28 de xullo de 1896 e segundo as Nacións Unidas no ano 2008, Miami converteuse na cuarta área urbanizada máis grande do país, despois dos Ánxeles, Nova York e Chicago. Tamén no 2008 a cidade de Miami foi premiada co galardón de "Cidade máis limpa dos Estados Unidos".

Centro de Miami

A área da desembocadura do río Miami na Baía Viscaíno levaba mil anos habitada polos indios Tequesta cuxas principais aldeas asentábanse na beira norte. No século XVI apareceron exploradores españois, os primeiros europeos, que en 1567 levantaron unha misión xesuíta na mesma desembocadura pero que foi abandonada aos tres anos.

Ata comezos do século XIX non se ten constancia dunha ocupación permanente. Eran bahameses buscadores de tesouros nos naufraxios da zona, sen título de propiedade. Pero venderon a Richard Fitzpatrick terras que o converteron no primeiro poboador branco do lugar.

En 1836 o exército americano levanta alí, na súa propiedade (beira norte do río, na desembocadura) un cuartel que chaman Fort Dallas, coma parte da defensa nas Guerras Semínolas. En 1842, tralo fin da segunda guerra, o sobriño e herdeiro de Fitzpatrick, William English, utiliza os restos do cuartel coma base para o establecemento dunha pequena aldea que chama Miami. Xa en 1844 é sede do condado contando para o censo de 1850 con 96 habitantes. A terceira Guerra Semínola (1855-58) e a posterior Guerra de Secesión impedirán o seu crecemento.

Será en 1871 cando chegarán coma colonos dende Cleveland, primeiro William Brickell (o Pai de Miami) quen merca terras ao sur do río fronte aos restos de Fort Dallas, establecendo unha oficina de correos e un posto comercial; e no 1891 Xulia Tuttle (a Nai de Miami), quen herda as terras do norte do río, as do forte. Entrambos, tras unha terrible xeada (1895) que arrasa toda a colleita de cítricos do norte de Florida, van convencer, curiosamente a outro home de Cleveland, Henry M. Flagler, propietario do Florida East Coast Railroad, para que achegue o ferrocarril ata as súas plantacións.

Así, da man do tren, comeza en 1896 un gran desenvolvemento e a incorporación coma City of Miami, votada por 502 homes (100 negros, man de obra do ferrocarril, que habitan a Colored Town ao noroeste).

O mesmo Flagler vai iniciar a que será a industria clave da cidade no futuro, constrúe un hotel na punta norte da desembocadura do río, o Royal Palm. A era do turismo comeza. Asemade draga o porto natural. A muller de Brickell, Mary, tralo pasamento do seu home en 1908, vai ser unha das principais promotoras inmobiliarias nas terras da súa propiedade.

O boom prodúcese na década dos vinte, cando a poboación da cidade se triplíca (Miami Beach comezara a planificarse en 1915)[1]. Pero a tremenda especulación inmobiliaria (planificación para 200.000 h., cando en 1920 a cidade tiña 30.000) estalou o que unido a varios furacáns desastrosos provocou a paralización do desenvolvemento. Con todo, a infraestrutura do futuro estaba feita.

A segunda guerra mundial significou o segundo boom (sen repouso significativo ata o de agora). Os soldados substituíron os turistas.

Un feito importante produciuse nos anos sesenta: 200.000 refuxiados da Cuba castrista fan de Miami o seu fogar de acollida. Dende entón, a cidade comezou a se converter na cidade hispana[2] dos Estados Unidos de América, cosmopolita e multicultural. A importante colonia cubana concéntrase en Little Havana, barrio ao oeste do centro.

Na cidade fálase, alén do inglés, o español, debido á cantidade de hispanoamericanos que viven en Miami. Tamén se falan linguas menos comúns entre os habitantes como son o crioulo haitiano, o francés, o portugués, o alemán, o italiano, o árabe, o chinés e o grego. A rexión tamén conta cunha colonia xudía numerosa.

Economía

[editar | editar a fonte]

Miami é unha das cidades máis visitadas polos turistas nos Estados Unidos, frecuentadas polos snow birds, termo usado para describir os habitantes da rexión norte dos Estados Unidos de América, que pasan o inverno neste estado (e principalmente nos arredores desta cidade), para fuxiren da neve e do frío.

O clima de Miami é un clima tropical, con veráns calorosos e húmidos, e con invernos tépedos e secos, e normalmente con temperaturas non máis baixas de 10 °C. Miami está considerada unha das cidades con máis calor do país, chegando a ter 3.000 horas de sol ó ano.

A cidade de Miami está dividida en trece barrios, o barrio central da cidade, é o Downtown Miami. No norte atópase Midtown, un barrio no que hai diversas culturas de diferentes países. O do sur é Coral Way no cal a súa arquitectura colonial española é o máis destacado, e tamén o Coconut Grove. No lado oeste sitúase Little Habana, West Flagler e Flagami.

[editar | editar a fonte]

A música en Miami é variada. As diversas culturas trouxeron a Miami varios tipos de bailes. Os cubanos, a conga e a rumba. Os de Porto Rico, o actual Reggaeton. Os dominicanos fixerón o mesmo coa bachata e o merengue. Os que máis contribuíron foron os caribeños, que engadiron a esa lista o reggae, o soca, o kompa, o zouk, o calipso e o steelpan. A cidade de Miami tamén está considerada a mellor do mundo no freestyle, un estilo de música dance, desta cidade saíu moita xente que se fixo famosa con este tipo de música, como o caso de Stevie B ou Exposé. Grazas a que Miami tamén é unha gran potencia na música techno, organízanse festas en grandes discotecas como Mansion ou Opium Garden.

Medios de comunicación

[editar | editar a fonte]

Os destacados, Miami Herald en inglés e El Nuevo Herald en español, son os máis comúns na parte de periódicos, seguido de periódicos para estudantes que son menos lidos. Miami é a cidade de produción de moitas cadeas televisivas como o caso de Telemundo ou Mega TV. Tamén a radio ten unha grande achega no país, polo alto porcentaxe de oíntes que hai.

Miami ten catro equipos de diversos deportes, como poden ser os Miami Heat de baloncesto, os Miami Dolphins da NFL, os Florida Marlins da MLB e os Florida Panthers da NHL. O American Airlines Arena é o estadio dos Miami Heat, campións no 2012, é o único estadio que está situado no centro de Miami. O Dolphin Stadium, campo de fútbol americano que xa se sitúa nas aforas de Miami, foi varias veces o escenario das finais da Super Bowl.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]