Saltar ao contido

Banco de Inglaterra

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Banco de Inglaterra
TipoBanco central, negocio e gráfica
Data de fundación27 de xullo de 1694 e 1694
Fundador(es)Charles Montagu, 1st Earl of Halifax
Nomeado en referencia aInglaterra
Presidente/aAndrew Bailey (2020-) Editar o valor en Wikidata
Organización subsidiariaBankers Industrial Development e Agricultural Mortgage Corporation
SedeBanco de Inglaterra
PaísReino Unido
51°30′51″N 0°05′19″O / 51.5142, -0.0885
Na rede
https://www.bankofengland.co.uk/
Twitter: bankofengland Editar o valor en Wikidata
editar datos en Wikidata ]
A sede principal do Banco de Inglaterra

O Banco de Inglaterra (en inglés, oficialmente, Governor and Company of the Bank of England) é o banco central do Reino Unido, e é o encargado de ditar a política monetaria do estado a través dun Comité de Política Monetaria. Funciona como o Banco Central do Goberno do Reino Unido e entre outras, a súa principal función é a de emitir e controlar a circulación da libra esterlina.

A súa sede atópase en Londres, na rúa Threadneedle, coñecida como a The Old Lady of Threadneedle Street ou The Old Lady (en galego, A dama vella da rúa Threadneedle o A dama vella). O actual gobernador do Banco de Inglaterra é Mervyn King, que substituíu o 30 de xuño de 2003 a Sir Edward George no cargo.

Pertence ao Sistema Europeo de Bancos Centrais, mais, como o Reino Unido non adoptou o euro, non cedeu as súas competencias en materia de política monetaria ao Banco Central Europeo.

Historia do Banco

[editar | editar a fonte]

O Banco de Inglaterra, ao igual que o banco de Francia e Alemaña, non comezou como banco estatal nin como empresa da coroa, senón como banco privado, controlado pola dinastía banqueira europea que se instalara en Inglaterra, Francia, Alemaña, Austria e Italia: o clan Rotschild, canda os asociados Khun, Loeb, Lehman, Warburg etc. A familia Rotschild posuía un enorme poder financeiro en toda Europa pero desexaban aumentalo e así estabelecer as políticas financeiras nos principais países europeos. O Banco foi fundado en 1694, sería nacionalizado o 1 de marzo de 1946 a consecuencia da segunda guerra mundial, e volveu ser privatizado no 1997.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]