Autochrome
O autochrome é un procedemento fotográfico en cor. Patentado no ano 1903 polos irmáns Lumière e comercializado en 1907, resultou ser o único procedemento en cor dispoñible ata o ano 1935, que acabou abandonándose por resultar custoso e precisar de longos tempos de exposición.
O Autochrome supuña o emprego dun mosaico de microscópicos grans de amidón de pataca, sobre a base dunha película en branco e negro. Os grans eran tinguidos de cor laranxa, verde e morado, actuando desta forma como filtros de cor. Tras o procesado da placa xurdían as cores complementarias.
Unha vez concluídos o proceso de revelado e fixado é necesario inverter a imaxe para obter un positivo.
Os Autochromes eran placas de cristal ata a década dos anos 30 cando apareceu en formato película.
A película Autochrome foi gradualmente substituída por outros procesos como o Kodachrome e o Kodacolor.
Commons ten máis contidos multimedia sobre: Autochrome |