Saltar ao contido

Auditorio Pazo de Congresos Mar de Vigo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.


Auditorio Pazo de Congresos Mar de Vigo
Auditorio Pazo de Congresos Mar de Vigo.
Localización de Auditorio Pazo de Congresos Mar de Vigo en Pontevedra
Auditorio Pazo de Congresos Mar de Vigo
EnderezoAv. de Beiramar, 59
CidadeVigo
PaísEspaña
Inauguración2011
Na rede
https://auditoriomardevigo.com/
editar datos en Wikidata ]

O Auditorio Pazo de Congresos Mar de Vigo é un auditorio e pazo de congresos de máis de 23.000 m², situado na Avenida de Beiramar do concello de Vigo, ao carón do porto e, polo tanto, da ría.

Dende a rúa Jacinto Benavente.

Froito dun deseño encargado en 2001, sendo alcalde Lois Pérez Castrillo, ao arquitecto pontevedrés César Portela, foi construído nos terreos que anteriormente ocupaba a empresa pesqueira Casa Mar.[1] O orzamento inicial era de preto de 86 millón de euros, que chegarían a elevarse a máis de 154 millóns, para logo volver a recortarse a cifras próximas ás orixinais. Foi inaugurado no ano 2011 polo alcalde Abel Caballero e o Presidente da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijóo, cun concerto de Luz Casal no vestíbulo.

Descrición

[editar | editar a fonte]
Dende a Avenida de Beiramar.

Ten sete andares (maila planta baixa e o estacionamento subterráneo de 325 prazas). Dispón de auditorio, con capacidade para 1.421 persoas e un escenario de 800 m² (o máis grade de Galicia[2]), sete salas de diferentes capacidades, cafetería e un restaurante na terraza a 28 metros de altura[3]. Conta cunha zona comercial e de oficinas, sen explotar, así como dun hotel de catro estrelas ó carón, o Hotel Carrís Beiramar con 121 habitacións, cafetería e restaurante propios, pechado no ano 2013[4] e aberto de novo en 2014.

Durante o seu primeiro ano de funcionamento actuaron, entre outros, James Blunt, Wilco, David Bisbal, Mónica Naranjo, Enrique Bunbury, Les Luthiers, Moncho Borrajo e o Ballet do Teatro Nacional Ruso representando Schelkúnchik e mailo Lebedínoye óziero de Tchaikovski. Representáronse, así meso, as óperas Aida de Verdi e Madama Butterfly de Puccini. Tamén tivo lugar o XVIII Congreso Nacional e XII Internacional da Medicina Xeral e de Familia.[5]

  1. O Auditorio Pazo de Congresos na páxina do Concello de Vigo.
  2. Vigo estrena un auditorio con vistas al mar, El País (en castelán).
  3. Declaracións do arquitecto ao xornal El Mundo (en castelán).
  4. Páxina do CH Beiramar Arquivado 31 de marzo de 2012 en Wayback Machine. en castelán, inglés e portugués e unha ligazón inoperativa á versión en galego. Consultada o 25/03/2012. Carrís é unha empresa fundada en 2006 con capital 100% galego que conta con seis hoteis en Galicia e un en Portugal.
  5. El auditorio cumple su primer año con eventos de todos los géneros... Faro de Vigo (en castelán).

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]