Saltar ao contido

Artur I da Bretaña

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaArtur I da Bretaña

Editar o valor en Wikidata
Nome orixinal(br) Arzhur Iañ Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento29 de marzo de 1187 Editar o valor en Wikidata
Nantes, Francia Editar o valor en Wikidata
Morte3 de abril de 1203 Editar o valor en Wikidata (16 anos)
Rouen Castle, Francia (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Causa da mortehomicidio Editar o valor en Wikidata
Lugar de sepulturaCatedral de Rouen (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Conde de Anjou
6 de abril de 1199 – 3 de abril de 1203 (finado no cargo)
← Ricardo I de InglaterraXoán I de Inglaterra →
Duque da Bretaña
1196 – 3 de abril de 1203 (finado no cargo)
← Constanza da BretañaAlice, Duquesa da Bretanha (pt) Traducir, Guido de Thouars (pt) Traducir →
Conde de Richmond
1196 – 3 de abril de 1203 (finado no cargo)
← Constanza da BretañaAlice, Duquesa da Bretanha (pt) Traducir, Guido de Thouars (pt) Traducir →
Editar o valor en Wikidata
Datos persoais
RelixiónCristianismo Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónaristócrata Editar o valor en Wikidata
Outro
TítuloDuque Editar o valor en Wikidata
FamiliaCasa de Plantagenet e Casa de Anjou Editar o valor en Wikidata
PaisGodofredo II da Bretaña Editar o valor en Wikidata  e Constanza da Bretaña Editar o valor en Wikidata
IrmánsLeonor da Bretanha
Matilda of Brittany
Alice, Duquesa da Bretanha
Catherine de Thouars Editar o valor en Wikidata
Cronoloxía
nacemento póstumo Editar o valor en Wikidata

Descrito pola fonteDictionary of National Biography
The Nuttall Encyclopædia >>>:Arthur, Prince, Duke of Brittany
Encyclopædia Britannica Editar o valor en Wikidata
WikiTree: Plantagenet-154 Find a Grave: 26789678 Editar o valor en Wikidata

Artur I (en bretón: Arzhur Iañ; francés: Arthur Ier de Bretagne), nado o 29 de marzo de 1187 en Nantes e finado o 3 de abril de 1203,[1],[2], foi o fillo póstumo de Godofredo II da Bretaña e de Constanza, duquesa da Bretaña e condesa de Richmond.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Primeiros anos

[editar | editar a fonte]

Foi proclamado duque da Bretaña pola súa nai Constanza da Bretaña e os grandes en 1196, ducado asociado a Constanza, que era a duquesa herdeira. Foi educado na corte de Filipe Augusto, que o protexeu da cobiza do seu tío Ricardo Corazón de León. Porén, este nomeouno herdeiro do trono inglés á súa morte en 1191, relegando ó seu irmán máis novo Xoán sen Terra. Mais Filipe Augusto foi máis hábil: en 1198, convenceu ós nobres bretóns para que enviasen a Artur á corte francesa co obxectivo de ser educado alí, por ser o seu vasalo, o cal representaba unha clara amenaza para Ricardo, pois sendo Artur o seu herdeiro, este, educado polo rei francés, acabaría por volverse na súa contra. Evidentemente o rei inglés lembraba os amargos momentos que lle fixo pasar ó seu pai Henrique II cando era o herdeiro, e non quería que isto se repetise. Ricardo decidiu desherdar a Artur e nomeou novo herdeiro ó seu irmán Xoán. Porén, o herdeiro lexítimo de Ricardo era Artur, por evidente liña sucesoria (ó ser o fillo do irmán inmediatamente menor do rei). Isto ocasionou unha grave confusión en Inglaterra.

Perda da coroa

[editar | editar a fonte]

Ó morrer Ricardo (1199), Artur debía ser o sucesor do defunto rei, mais estando ausente do país, Xoán sen Terra aproveitou a ocasión para proclamarse rei, apoiado pola súa nai Leonor de Aquitania, que lle cedeu a rexencia do ducado de Aquitania. Os nobres do condado de Anjou proclamaron como conde a Artur, co apoio do rei de Francia, mentres que os nobres de Normandía e os propios ingleses recoñeceron a Xoán como o seu soberano. Porén, ó ser derrotado o novo rei inglés, decidiu pactar co monarca francés cedéndolle algúns terreos e unha abondosa compensación económica. En troques, o rei de Francia retirou o seu apoio a Artur deixándolle só o ducado da Bretaña como feudo vasalo de Xoán sen Terra. En 1201, ó morrer a súa nai, Artur asumiu o goberno do ducado da Bretaña.

No marco da guerra, Artur intentou secuestrar á súa avoa, Leonor de Aquitania, no castelo de Mirebeau, achegado a Poitou. Esta pediu axuda ó seu fillo Xoán, que derrotou o exército francés do duque da Bretaña na batalla de Mirebeau e Artur foi apresado polo cabaleiro Guillerme des Roches e encarcelárono primeiro en Falaise e logo en Ruán, onde Xoán sen Terra tratou de obrigalo a renunciar ás súas pretensións ó trono inglés, primeiro con ameazas, e logo segundo algúns, mediante a tortura. Ninguén sabe que ocorreu con Artur despois diso. Segundo os anais de Margam, o 3 de abril de 1203: «Logo de que o rei Xoán capturase a Artur e mantivese vivo en prisión algún tempo no Castelo de Ruán... cando Xoán estaba bébedo e posuído polo demo, matou a Artur coas súas propias mans e, atando o corpo a unha pedra pesada, botouno no Sena». Porén, o oficial que comandaba a fortaleza de Ruán, Huberto de Burgh, declarou ter entregado a Artur por volta da Pascua de 1203 ós axentes do rei para ser castrado e que Artur morreu dunha conmoción. Máis tarde, Huberto retractouse e declarou que Artur aínda estaba vivo, pero ninguén o volveu con vida, e a suposición do seu asasinato causou unha rebelión contra o rei Xoán na Bretaña e despois en Normandía. Ademais de Arturo, Xoán tamén capturou á súa sobriña, Leonor, primeira doncela da Bretaña, que permaneceu prisioneira o resto da súa vida.

  1. Jean Flori, Aliénor d'Aquitaine - La reine insoumise, Payot, 2004, p. 281
  2. (en inglés) Généalogie d'Arthur Ier de Bretagne sur le site de la Fondation pour le généalogie médiévale

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]
  • Carley, James P.; Riddy, Felicity, eds. (1998). Arthurian Literature XVI. D.S. Brewer. 
  • Everard, J. A. (2004). Brittany and the Angevins: Province and Empire 1158–1203. Cambridge University Press. 
  • Gillingham, John (1984). The Angevin Empire. Hodder Arnold. 
  • Legge, M. Dominica (1982), "William the Marshal and Arthur of Brittany", Historical Research, volume 55
  • McAuliffe, Mary (2012). Clash of Crowns: William the Conqueror, Richard Lionheart, and Eleanor of Aquitaine. Rowman & Littlefield Publishers, Inc. 
  • McDougall, Sara (2017). Royal Bastards: The Birth of Illegitimacy, 800-1230. Oxford University Press. 
  • Powicke, F. M. (outubro de 1909), "King John and Arthur of Brittany", The English Historical Review, volume 24, pp. 659–674
  • Seel, Graham E. (2012). King John: An Underrated King. Anthem Press.