Acordo Centroeuropeo de Libre Comercio
Localización | |||
---|---|---|---|
Creación | 21 de decembro de 1992 | ||
Sitio web | cefta.int |
O Acordo Centroeuropeo de Libre Comercio (Central European Free Trade Agreement ou CEFTA, polas súas siglas en inglés) é un acordo comercial internacional entre países maioritariamente localizados no Sueste de Europa. Fundado por representantes de Polonia, Hungría e Checoslovaquia, o CEFTA ampliouse a Albania, Bosnia e Hercegovina, Bulgaria, Croacia, Moldova, Montenegro, Macedonia do Norte, Romanía, Serbia, Eslovenia e a MINUK (en representación de Kosovo, de acordo coa UNSCR 1244).
Historia
[editar | editar a fonte]Acordo orixinal
[editar | editar a fonte]O acordo orixinal do CEFTA foi asinado, o 21 de decembro de 1992 en Cracovia (Polonia), polos países do Grupo Visegrád; é dicir, Polonia, Hungría, Chequia e Eslovaquia (naquela altura ambas parte de Checoslovaquia) e entrou en vigor en xullo de 1994.
A través do CEFTA, os países participantes agardaban mobilizar esforzos para pasar a formar parte das institucións da Europa Occidental e unirse así aos sistemas políticos, económicos, de seguranza e legais europeos; consolidando desta forma a democracia e a economía de libre mercado.
O acordo foi emendado polos acordos asinados o 11 de setembro de 1995 en Brno, República Checa e o 4 de xullo de 2003 en Bled, Eslovenia.
Eslovenia entrou a formar parte do CEFTA en 1996, Romanía en 1997, Bulgaria en 1999, Croacia en 2003 e Macedonia en 2006.
Acordo de 2006
[editar | editar a fonte]Todo os participantes do acordo orixinal forman agora parte da UE, polo que abandonaron o CEFTA. Aínda así decidiuse estender o CEFTA para cubrir ao resto dos países balcánicos, que xa completaran unha serie de acordos bilaterais de libre comercio encadrados no Pacto de Estabilidade para o Sueste de Europa. O 6 de abril de 2006, no Cume de Primeiros Ministros do Sueste de Europa en Bucarest, realizouse unha declaración conxunta de expansión do CEFTA a Albania, Bosnia e Hercegovina, Moldova, Serbia, Montenegro e a MINUK (en representación de Kosovo).[1] Tamén se discutiu a adhesión de Ucraína.[2] O acordo ampliado foi rubricado o 9 de novembro de 2006 en Bruxelas e asinado o 19 de decembro de 2006 no Cume de Primeiros Ministros do Sueste de Europa en Bucarest.[3] O acordo entrou en vigor o 26 de xullo de 2007 para Albania, Kosovo, Moldova, Montenegro e Macedonia; o 22 de agosto para Croacia; o 24 de outubro para Serbia; e o 22 de novembro de 2007 para Bosnia e Hercegovina. O obxectivo do acordo era establecer unha zona de libre comercio na rexión antes do 31 de decembro de 2010.
Despois da declaración de independencia de Kosovo, o 17 de febreiro de 2008, a MINUK continuou a representar a Kosovo en todas as reunións do CEFTA. A finais de 2008 Kosovo mudou os seus selos de aduanas substituíndo os da MINUK polos de Kosovo. Isto tivo como resultado un bloqueo comercial por parte de Serbia e Bosnia que non recoñecen a República de Kosovo.[4] O goberno de Pristina respondeu impondo o seu propio bloqueo ás importacións dende Serbia. A medida foi seguida de enfrontamentos nos postos fronteirizos en xullo de 2011.[5]
Relacións coa Unión europea
[editar | editar a fonte]Todos os anteriores países participantes asinaran con anterioridade acordos de asociación coa UE, polo que o CEFTA funciona de feito como unha preparación para para chegar a ser membro de pleno dereito da Unión Europea.[Cómpre referencia] Polonia, a República Checa, Hungría, Eslovaquia e Eslovenia uníronse á UE o 1 de maio de 2004, con Bulgaria e Romanía uníndose a continuación o 1 de xaneiro de 2007. Croacia uniuse o 1 de xullo de 2013.
Montenegro, Serbia, Albania e Macedonia do Norte levan en conversas para unha posíbel adhesión á UE dende 2012, 2014 e 2020.
Por recomendación do UE, os futuros membros prepáranse para a adhesión á UE establecendo áreas de libre comercio[Cómpre referencia]. Unha considerable proporción do comercio estranxeiro do CEFTA é con países da UE[Cómpre referencia].
Membros
[editar | editar a fonte]A 1 de xullo de 2013, os participantes do CEFTA son: Albania, Bosnia e Hercegovina, Moldova, Montenegro, Macedonia do Norte, Serbia e a MINUK (en representación de Kosovo).
Os membros anteriores eran Bulgaria, Croacia, República Checa, Hungría, Polonia, Romanía, Eslovaquia e Eslovenia pero abandonaron a súa pertenza ao CEFTA cando pasaron a ser estados membros da Unión europea (UE).
Participantes do acordo | Entrada | Saída |
---|---|---|
Polonia | 1992 | 2004 |
Hungría | ||
República Checa[b] | ||
Eslovaquia[c] | ||
Eslovenia | 1996 | |
Romanía | 1997 | 2007 |
Bulgaria | 1999 | |
Croacia | 2003 | 2013 |
Macedonia do Norte[d] | 2006 | — |
Albania | 2007 | |
Bosnia e Hercegovina | ||
Moldova | ||
Montenegro | ||
Serbia | ||
MINUK (en representación de Kosovo) |
Criterios de afiliación
[editar | editar a fonte]Criterios anteriores da Declaración de Poznań:
- Membro da Organización Mundial do Comercio.
- Acordo de asociación coa Unión Europea con previsión de membro de pleno dereito no futuro.
- Tratados de libre comercio cos actuais estados membro do CEFTA.
Criterios actuais dende a reunión de Zagreb en 2005:
- Membro da Organización Mundial do Comercio ou compromiso de respectar todas as súas normas.
- Calquera acordo de asociación coa Unión Europea.
- Tratados de libre comercio cos actuais estados membro do CEFTA.
Membros actuais
[editar | editar a fonte]Participantes do acordo | Adhesión | Poboación | Área (km²)
|
Capital | PIB per capita (PPP) | |
---|---|---|---|---|---|---|
Albania | 1 de xaneiro de 2007 | 2.862.427 | 28.748 | Tirana | 40 151 | 13,991 |
Bosnia e Hercegovina | 3.502.550 | 51.209 | Sarajevo | 51 996 | 15,935 | |
Moldova | 3.547.539 | 33.843 | Chişinău | 35 906 | 13,879 | |
Montenegro | 622.182 | 14.026 | Podgorica | 12 608 | 20,084 | |
Macedonia do Norte | 1 de xaneiro de 2006 | 2.077.132 | 25.713 | Skopje | 34 694 | 16,486 |
Serbia | 1 de xaneiro de 2007 | 6.963.764 | 77.474 | Belgrado | 141 927 | 20,544 |
MINUK (en representación de Kosovo) | 1.795.666 | 10.908 | Pristina | 23 524 | 13,017 |
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Kosovo é motivo dunha disputa territorial entre a República de Kosovo e a República de Serbia. A República de Kosovo declarou unilateralmente a independencia o 17 de febreiro de 2008. Serbia mantén que é parte do seu territorio soberano. Os dous gobernos comezaron a normalizar relacións en 2013, como parte do Tratado de Bruxelas. Kosovo é recoñecido como un estado independente por 97 dos 193 estados membros das Nacións Unidas. En total, 112 estados membros da ONU recoñeceron a Kosovo nalgún momento, dos que 15 retiraron o recoñecemento máis tarde.
- ↑ Ata o 1 de xaneiro de 1993 parte de Checoslovaquia.
- ↑ Ata o 1 de xaneiro de 1993 parte de Checoslovaquia.
- ↑ Ata 2019 chamada República de Macedonia.
- Referencias
- ↑ "Kosovo to begin CEFTA negotiations". ECIKS (en inglés). 29 de xuño de 2006. Consultado o 20 de xaneiro de 2022.
- ↑ "Ukraine, Croatia broaden ties" (en inglés). UNIAN. 6 de xullo de 2006. Consultado o 20 de xaneiro de 2022.
- ↑ "Central European Free Trade Agreement (CEFTA) initialled" (PDF). EU in Kosovo (en inglés). 10 de novembro de 2006. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 27 de febreiro de 2008. Consultado o 20 de xaneiro de 2022.
- ↑ "Kosovo in CEFTA: in or Out?" (PDF). GAP Institute (en inglés). 29 de marzo de 2011. Consultado o 20 de xaneiro de 2022.
- ↑ "Kosovo Serbs block disputed border crossings". The Australian (en inglés). 16 de setembro de 2011. Consultado o 20 de xaneiro de 2022.
- ↑ Data for 2015. International Monetary Fund, World Economic Outlook Database
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Outros artigos
[editar | editar a fonte]- Economía de Europa
- Áreas de libre comercio en Europa
- Open Balkan
- Asociación Europea de Libre Comercio (EFTA)
- Pacto de Estabilidade para o Sueste de Europa
- Mercosur
- Comunidade de Transporte do Sueste de Europa
- Regras de orixe
- Acceso ao mercado
- Área de libre comercio
- Taxa alfandegueira
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Mapa de acceso ao mercado, do Centro de Comercio Internacional
- Facilitador de regras de orixe, do Centro de Comercio Internacional, da Organización Mundial de Alfándegas e da Organización Mundial do Comercio
- Páxina web do CEFTA
- Portal de Comercio do CEFTA Arquivado 20 de abril de 2018 en Wayback Machine.
- Tratado do CEFTA orixinal
- CEFTA 2006