Abdelmadjid Tebboune
(2024) | |
Nome orixinal | (ar) عبد المجيد تبون |
---|---|
Biografía | |
Nacemento | 17 de novembro de 1945 (79 anos) Mécheria, Alxeria (pt) |
Minister of National Defence of Algeria (en) | |
19 de decembro de 2019 – 16 de marzo de 2023 ← Ahmed Gaid Salah (en) | |
President of Algeria (en) | |
19 de decembro de 2019 – ← Abdelkader Bensalah | |
Primeiro ministro de Alxeria | |
25 de maio de 2017 – 15 de agosto de 2017 ← Abdelmalek Sellal (pt) – Ahmed Ouyahia → | |
Datos persoais | |
Residencia | El Mouradia Palace (en) |
Relixión | Islam |
Educación | National School of Administration (Algeria) (en) |
Actividade | |
Ocupación | político |
Partido político | Frente de Libertação Nacional (pt) |
Premios | |
| |
Abdelmadjid Tebboune (en árabe: عبد المجيد تبون), nado o 17 de novembro de 1945 en Méchria (Alxeria), é un político alxeriano, actual presidente de Alxeria dende o 19 de decembro de 2019.
Funcionario de carreira e membro da Fronte de Liberación Nacional, foi ministro en varios gobernos e primeiro ministro de Alxeria do 25 de maio ao 15 de agosto de 2017, o que o converte no xefe de goberno do país que menos tempo estivo no cargo.
Gañou as eleccións presidenciais de 2019 na primeira volta como candidato independente aínda que era membro do comité central do FLN, que non o apoiou oficialmente. A campaña para estas eleccións e o comezo do mandato de Tebboune estiveron marcados por manifestacións masivas ("Hirak") e por unha abstención récord.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Familia
[editar | editar a fonte]Naceu o 17 de novembro de 1945 en Méchria[1], na actual vilaia de Naama, no antigo departamento francés de Alxeria. A súa familia era orixinaria de Boussemghoun, na actual vilaia de El Bayadh, situada nas Altas Chairas do suroeste alxeriano.[2]. O seu pai é un xeque, membro da Asociación de ulemas musulmáns alxerianos[3] ademais de militar. Súa nai é unha campesiña.[4]
Formación
[editar | editar a fonte]Licenciouse na Escola Nacional de Administración en 1969.[5]
Carreira profesional
[editar | editar a fonte]Abdelmadjid Tebboune comezou a súa carreira en 1969 como administrador aprendiz[6] e despois como administrador en 1972,[7] na vilaia de Saoura.
Foi sucesivamente secretario xeral das vilaias de Djelfa (1975-1976), Adrar (1977-1979), Batna (1979-1982) e M'Sila (1982-1983).[8][9]
Posteriormente, foi valí de Adrar (1983-1984),[10] de Tiaret (1984-1989) [11] e de Tizi Ouzou (1989-1991).[12]
Política
[editar | editar a fonte]Ministro
[editar | editar a fonte]En xuño de 1991, converteuse en viceministro encargado das autoridades locais baixo o ministro do Interior, durante o segundo goberno de Sid Ahmed Ghozali.[13] Deixou o goberno en 1992.
Foi nomeado Ministro de Comunicación e Cultura en 1999 polo presidente Abdelaziz Bouteflika[14] no goberno de Ahmed Benbitour, cargo que ocupou só seis meses antes de volver ao posto de viceministro encargado das autoridades locais [15] para a reorganización dos valís.
En 2001 o presidente nomeouno ministro de Vivenda e Urbanismo[16] no segundo goberno de Ali Benflis, cargo que ocupou ata 2002.
O 3 de setembro de 2012 foi nomeado de novo ministro de Vivenda e Urbanismo[17] no primeiro goberno de Abdelmalek Sellal. Posteriormente ocupou o cargo de ministro de Vivenda, Urbanismo e Cidade nos tres seguintes gobernos de Sellal.
O 19 de xaneiro de 2017, despois da enfermidade e posterior morte de Bakhti Belaïb, foi nomeado ministro de Comercio de forma provisional.[18]
Primeiro ministro
[editar | editar a fonte]O 24 de maio de 2017, considerado próximo ao Xefe de Estado Maior, Ahmed Gaïd Salah,[19] foi nomeado primeiro ministro, sucedendo a Abdelmalek Sellal, que estivera á fronte do goberno dende 2012.[20] O goberno formouse o 25 de maio.[21]
Con todo, foi substituído 15 de agosto de 2017 polo ex primeiro ministro Ahmed Ouyahia.[22] A súa vontade de restrinxir as importacións, loitar contra a corrupción e levar a cabo unha inspección xeral no seo do primeiro ministro, instando aos seus ministros a "facer balance dos gastos públicos" realizados polo goberno anterior,[23] ademais da súa, segundo a presidencia, "hostilidade contra os empresarios", son algunhas das razóns que explican a súa destitución.[24]
En xullo, o goberno enviou unha serie de avisos a grandes empresas alxerianas ou estranxeiras adxudicatarias de importantes contratos de infraestrutura pública, ameazando con rescindir contratos de obras con atrasos. Entre estas empresas destacaba ETRHB, unha empresa de obras de estradas, hidráulicas e construción, propiedade de Ali Haddad, xefe do Foro de líderes empresariais (FCE), organización patronal e próxima a Saïd Bouteflika, irmán do xefe de Estado.[25]
Porén, estas medidas fixéronlle gañar popularidade.[26] Tras iso foi considerado como un posible sucesor de Bouteflika.[27]
Eleccións presidenciais de 2019
[editar | editar a fonte]O 26 de setembro de 2019, anunciou a súa candidatura ás eleccións presidenciais de decembro, aprazadas por segunda vez tras as manifestacións da Hirak e a dimisión de Abdelaziz Bouteflika.[28]
Presentándose como o "candidato do pobo", afirmou que as demandas dos manifestantes non podían ser satisfeitas "sen un presidente elixido e lexítimo". Prometeu unha reforma da Constitución e da lei electoral, así como o establecemento dunha verdadeira democracia a nivel local e nacional.[29] Avogou por que o Estado recuperase os préstamos das empresas que nunca se devolveran aos bancos estatais. Presentouse como candidato independente, aínda que seguiu sendo membro do comité central do FLN.[30]
Rexeitado polos manifestantes,[31] foi acusado polos seus detractores de ser o "candidato do exército" e de estar implicado no caso Khalifa, no que saíu o seu nome. Mostrouse partidario de reabrir o caso.[32] En novembro de 2019 afrontou a dimisión do seu director de campaña e a revelación por parte do xornal Ennahar, con fama de ser próximo ao poder, dos seus vínculos co empresario encarcerado Omar Aliat.[33]
O 12 de decembro, tras unha campaña interrompida por grandes protestas ata o día das eleccións,[34] Abdelmadjid Tebboune foi elixido polo 58,1% dos votos emitidos na primeira volta, cunha abstención récord (60,1% dos inscritos)[35] Algúns analistas consideraron "dubidosas" as cifras.[36] Na súa primeira conferencia de prensa despois da súa elección, Tebboune tendeu a man á Hirak e falou a favor do diálogo.[37]
Presidente da República
[editar | editar a fonte]Investidura
[editar | editar a fonte]Abdelmadjid Tebboune converteuse en presidente da República Democrática e Popular de Alxeria e xurou o cargo o 19 de decembro de 2019.[38][39]
Primeiras medidas
[editar | editar a fonte]Despois da toma de posesión, o novo presidente saudou á Hirak e declarou que "o gran éxito é o froito do movemento popular iniciado polo noso pobo que se negou, grazas á súa conciencia, á caída do Estado e das súas institucións ", renovou a súa chamada ao diálogo e prometeu cumprir as reivindicacións dos manifestantes no marco dun consenso político e das leis da República".[38][40] Pediu prescindir da predicada "excelencia" para romper co uso exacerbado desta fórmula durante o mandato de Abdelaziz Bouteflika, un termo que se volveu impopular e motivo de impugnación.[41] Durante a cerimonia, condecorou coa medalla da orde do mérito nacional, co rango "SADR", a, Abdelkader Bensalah e Ahmed Gaïd Salah.[42] Na mesma cerimonia foi condecorado co mesmo rango por Abdelkader Bensalah.[38]
O mesmo día aceptou a dimisión de Noureddine Bedoui e designou a Sabri Boukadoum como primeiro ministro interino mentres instruía ao goberno para xestionar os asuntos urxentes á espera do nomeamento dun novo xefe de goberno. Ademais, o ministro do Interior, Salah Eddine Dahmoune, foi destituído das súas funcións por facer comentarios insultantes sobre os manifestantes da Hirak.[43]
O 20 de decembro de 2019, nomeou como xefe de persoal a Noureddine Ayadi e como secretario xeral da presidencia da República a Mohammed Amine Messaïd, quen ocupara o cargo de director da súa campaña electoral. Ademais, Bouakkaz e Amrouche foron nomeados director xeral de Protocolo e secretario particular do presidente da República, respectivamente.[44]
Durante a súa primeira viaxe oficial en Alxeria, o 22 de decembro, anunciou a creación dun ministerio responsable das start-ups e microempresas así como dun banco para apoiar aos promotores destes proxectos. Tamén ordenou a reapertura das terminais de aeroporto non empregadas en todo o país.[45][46]
Formación do goberno de Djerad
[editar | editar a fonte]O 28 de decembro nomeou a Abdelaziz Djerad como primeiro ministro e encargoulle formar un novo goberno.[47] Ao día seguinte nomeou a Belaïd Mohand Oussaïd como Ministro asesor de Comunicación e voceiro da presidencia da República.[48]
A comezos de 2020, mentres continuba a Hirak, os alcaldes dos concellos da vilaia de Buxía, membros da Agrupación pola Cultura e a Democracia (RCD) rexeitaron colgar o retrato oficial de Tebboune.[49]
Consultas e reforma constitucional
[editar | editar a fonte]O 28 de decembro de 2019 recibiu a Ahmed Benbitour, ex xefe de goberno, con quen falou sobre as "bases da nova República".[48] O 9 de xaneiro, recibiu a Abdelaziz Rahabi "para intercambiar e escoitar as súas impresións sobre a situación actual e a súa visión de futuro".[50] Esta reunión formou parte das consultas sobre a revisión da Constitución.[51] O 13 de xaneiro recibiu ao ex xefe de goberno Mouloud Hamrouche e foi á casa do exministro de Asuntos Exteriores Ahmed Taleb Ibrahimi.[52] O 14 de xaneiro, recibiu aos seus opoñentes Soufiane Djilali[53] e Karim Younes.[54] O 15 de xaneiro recibiu ao mujahid Youcef Khatib[55] e ao presidente da Asociación de Ulemas Musulmáns de Alxeria, Abderrazak Guessoum.[56] O 8 de xaneiro de 2020 creouse unha comisión de expertos de 17 membros, a maioría deles profesores de Dereito Constitucional, co fin de realizar propostas para unha nova Constitución.[57] Trazáronse sete eixos principais sobre os que a comisión debía traballar, entre eles a conservación do bicameralismo e o cargo do xefe de goberno. Propúxose en particular permitir que o presidente exercese só un máximo de dous mandatos e facer que esta disposición fose "inmutable e intocable".[58] Ao final destes dous meses, a proposta do comité debía ser obxecto dun diálogo antes de ser adoptada polo Parlamento e sometida a referendo.
Continuación e suspensión do Hirak
[editar | editar a fonte]En febreiro de 2020, achegándose o aniversario do estalido das protestas que comezaran o 22 de febreiro de 2019, o presidente Abdelmadjid Tebboune declarou que "a Hirak é un fenómeno saudábel" e que non tiña nada que lle reprochar. Engadiu que dito movemento popular evitou un desastre no país. Decretou que o 22 de febreiro agora se celebrase cada ano como un "día nacional de fraternidade e cohesión entre o pobo e o seu exército pola democracia".[59] Os días 21 e 22 de febreiro de 2020, as manifestacións reuniron a un gran número de persoas.[60][61]
No contexto da pandemia por coronavirus de 2019-2020, o presidente da República anunciou o 17 de marzo de 2020 a prohibición de marchas e manifestacións, sen importar o motivo, explicando que non se trata dunha restrición das liberdades senón "unha medida de protección da saúde pública".[62] O venres 20 de marzo non se realizaron marchas nin manifestacións.[63]
Política exterior
[editar | editar a fonte]Nun contexto rexional marcado pola guerra civil libia, Abdelmadjid Tebboune recibiu a varios xefes de Estado e ministros de Asuntos Exteriores de países implicados na crise.[64][65][66][67][68] Abdelmadjid Tebboune participou na conferencia de Berlín sobre Libia o 19 de xaneiro de 2020.[69]
Vida privada
[editar | editar a fonte]En outubro de 2019, comezou o xuízo ao seu fillo Khaled, en prisión desde o 20 de xuño de 2018, no contexto da incautación, no porto de Orán, de 701 kg de cocaína. Foi absolto o 26 de febreiro de 2020.[70]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "PRÉSIDENT". election-politique.com (en francés). Consultado o 31 de marzo de 2020.
- ↑ "Algérie : Abdelmadjid Tebboune, un président entre les mains de l’armée" (en francés). 15 de decembro de 2019. Consultado o 31 de marzo de 2020.
- ↑ "Abdelmadjid Tebboune, à peine élu, déjà constesté à la présidence de l’Algérie" (en francés). 13 de decembro de 2019. Consultado o 31 de marzo de 2020.
- ↑ "Algérie: les défis d’Abdelmadjid Tebboune, nouveau président d’un pays sous tension" (en francés). 13 de decembro de 2019. Consultado o 31 de marzo de 2020.
- ↑ "Decretos, decisións e circulares" (PDF). Diario Oficial da República Alxeriana (en francés). 29 de xullo de 1969. Consultado o 31 de marzo de 2020.
- ↑ Journal officiel de la République algérienne du 24 octobre 1969.
- ↑ Journal officiel de la République algérienne du 23 janvier 1973.
- ↑ Journal officiel de la République algérienne du 25 avril 1975.
- ↑ "Biografía de Abdelmadjid Tebboune" (en francés). Arquivado dende o orixinal o 13 de decembro de 2019. Consultado o 31 de marzo de 2020.
- ↑ Journal officiel de la République algérienne du 15 février 1983.
- ↑ Journal officiel de la République algérienne du 19 juin 1984.
- ↑ Journal officiel de la République algérienne du 30 août 1989.
- ↑ Journal officiel de la République algérienne du 18 juin 1991.
- ↑ Journal officiel de la République algérienne du 26 décembre 1999.
- ↑ Journal officiel de la République algérienne du 4 juillet 2000.
- ↑ Journal officiel de la République algérienne du 6 juin 2001.
- ↑ Journal officiel de la République algérienne du 9 septembre 2012.
- ↑ "Abdelmadjid Tebboune prend ses fonctions de ministre du Commerce par intérim" (en francés). 18 de xaneiro de 2017. Consultado o 31 de marzo de 2020.
- ↑ "Alger, Abdelmajid Tebboune probable candidat aux Présidentielles" (en francés). 24 de setembro de 2019. Arquivado dende o orixinal o 28 de decembro de 2019. Consultado o 31 de marzo de 2020.
- ↑ "Le président Bouteflika nomme Abdelmadjid Tebboune Premier ministre" (en francés). 24 de maio de 2017. Consultado o 16 de abril de 2020.
- ↑ "Le président Bouteflika nomme les membres du gouvernement" (en francés). 25 de maio de 2017. Consultado o 16 de abril de 2020.
- ↑ "Algérie: le premier ministre limogé" (en francés). 15 de agosto de 2017. Consultado o 16 de abril de 2020.
- ↑ "Algérie : l'arrestation de deux ex-Premiers ministres dévoile l'étendue de la corruption" (en francés). Consultado o 16 de abril de 2020.
- ↑ "Algérie: le Premier ministre limogé trois mois à peine après sa nomination" (en francés). 15 de agosto de 2017. Consultado o 16 de abril de 2020.
- ↑ "Algérie : le premier ministre déjà limogé au bout de trois mois" (en francés). 15 de agosto de 2017. Consultado o 16 de abril de 2020.
- ↑ "Algérie - Limogeage de Tebboune : "Chronique d'une chute annoncée"" (en francés). 16 de agosto de 2017. Consultado o 16 de abril de 2020.
- ↑ "Dans l’antichambre du pouvoir en Algérie (IV)" (en francés). 20 de xullo de 2017. Consultado o 16 de abril de 2020.
- ↑ "Algeria's former PM Tebboune applies to run for presidency" (en inglés). 27 de setembro de 2019. Arquivado dende o orixinal o 27 de setembro de 2019. Consultado o 16 de abril de 2020.
- ↑ "Tebboune: «Je suis le candidat du peuple»" (en francés). Consultado o 16 de abril de 2020.
- ↑ "Algérie : qui est Abdelmajid Tebboune, qui a été proclamé vainqueur ?" (en francés). 13 de decembro de 2019. Consultado o 16 de abril de 2020.
- ↑ "32e acte de révolution pacifique : Les Algériens rejettent la présidentielle avec la « Issaba »". www.algerie360.com (en francés). Consultado o 16 de abril de 2020.
- ↑ "Algérie: le retour d’Abdelmadjid Tebboune, cauchemar des oligarques" (en francés). Consultado o 16 de abril de 2020.
- ↑ "Argelia: el presidente electo Abdelmadjid Tebboune ya está "desligitimado"" (en castelán). 14 de decembro de 2019. Consultado o 16 de abril de 2020.
- ↑ "EN IMAGES. Manifestation à Alger, heurts en Kabylie... Une présidentielle sous tension". www.lexpress.fr (en francés). Consultado o 16 de abril de 2020.
- ↑ "Le Conseil Constitutionnel annonce les résultats définitifs de la présidentielle" (en francés). 16 de decembro de 2020. Consultado o 16 de abril de 2020.
- ↑ "Algérie : contesté par la rue, le président Tebboune entre en fonction" (en francés). 19 de decembro de 2019. Consultado o 16 de abril de 2020.
- ↑ "Première conférence de presse de Tebboune : « Je tends ma main au Hirak »" (en francés). Arquivado dende o orixinal o 26 de xullo de 2020. Consultado o 16 de abril de 2020.
- ↑ 38,0 38,1 38,2 "Le nouveau président Abdelmadjid Tebboune prête serment (Actualisé)" (en francés). Arquivado dende o orixinal o 19 de decembro de 2019. Consultado o 16 de abril de 2020.
- ↑ "Abdelmadjid Tebboune juramentó como presidente de Argelia en medio de masivas protestas" (en francés). 19 de decembro de 2019. Consultado o 16 de abril de 2020.
- ↑ "Pour son premier discours en tant que président, Tebboune chante les louanges du Hirak" (en francés). Arquivado dende o orixinal o 19 de decembro de 2019. Consultado o 31 de marzo de 2020.
- ↑ "Le nouveau Président demande à être dispensé du prédicat ‘’Excellence’’" (en francés). Arquivado dende o orixinal o 19 de decembro de 2019. Consultado o 16 de abril de 2020.
- ↑ "Le Président Tebboune décerne la médaille de l'Ordre de mérite national du rang "Sadr" à Bensalah et Gaid Salah" (en francés). Arquivado dende o orixinal o 19 de decembro de 2019. Consultado o 16 de abril de 2020.
- ↑ "Sabri Boukadoum désigné Premier ministre par intérim" (en francés). Arquivado dende o orixinal o 26 de xullo de 2020. Consultado o 16 de abril de 2020.
- ↑ "Le président Tebboune nomme Noureddine Ayadi directeur de cabinet et Mohamed Amine Messaïd secrétaire général de la présidence de la République" (en francés). Arquivado dende o orixinal o 20 de decembro de 2019. Consultado o 16 de abril de 2020.
- ↑ "Tebboune annonce la création d'un ministère dédié aux start-up et à la micro-entreprise" (en francés). Arquivado dende o orixinal o 23 de decembro de 2019. Consultado o 16 de abril de 2020.
- ↑ "Trafic aérien: Tebboune ordonne la réouverture des aérogares inexploités" (en francés). Consultado o 16 de abril de 2020.
- ↑ "Sur décision du président Tebboune: Abdelaziz Djerrad nouveau premier ministre" (en francés). Arquivado dende o orixinal o 28 de decembro de 2019. Consultado o 16 de abril de 2020.
- ↑ 48,0 48,1 "Tebboune nomme Mohand Oussaïd Belaïd porte-parole de la présidence et reçoit Benbitour" (en francés). 29 de decembro de 2019. Consultado o 16 de abril de 2020.
- ↑ "Des maires RCD refusent d’accrocher le portrait de Tebboune dans leurs locaux" (en francés). 7 de xaneiro de 2020. Arquivado dende o orixinal o 10 de xaneiro de 2020. Consultado o 16 de abril de 2020.
- ↑ "Dialogue : le président Tebboune reçoit Abdelaziz Rahabi" (en francés). Consultado o 16 de abril de 2020.
- ↑ "Ce que Tebboune a dit à Rahabi" (en francés). Consultado o 16 de abril de 2020.
- ↑ "Dialogue : Tebboune reçoit Hamrouche et se rend chez Taleb Ibrahimi" (en francés). 13 de xaneiro de 2020. Consultado o 16 de abril de 2020.
- ↑ "Djilali Sofiane, premier responsable de parti politique chez Tebboune" (en francés). 14 de xaneiro de 2020. Arquivado dende o orixinal o 15 de xaneiro de 2020. Consultado o 16 de abril de 2020.
- ↑ "Tebboune reçoit Karim Younes" (en francés). 14 de xaneiro de 2020. Consultado o 16 de abril de 2020.
- ↑ "Youcef Khatib chez Tebboune" (en francés). 16 de xaneiro de 2020. Arquivado dende o orixinal o 19 de xaneiro de 2020. Consultado o 16 de abril de 2020.
- ↑ "Tebboune reçoit le président de l’Association des oulémas musulmans" (en francés). 15 de xaneiro de 2020. Consultado o 16 de abril de 2020.
- ↑ "Révision de la Constitution : Tebboune nomme un comité d’experts". www.tsa-algerie.com (en francés). Consultado o 16 de abril de 2020.
- ↑ "Révision de la Constitution : Tebboune trace sept axes principaux". www.tsa-algerie.com (en francés). Consultado o 16 de abril de 2020.
- ↑ Le Président Tebboune assure que le Hirak est un phénomène salutaire et met en garde contre toute tentative d'infiltration, Agence APS, 20 février 2020.
- ↑ "Grande Mobilisation du hirak pour son premier anniversaire : Plus vigoureux que jamais !" (en francés). 22 de febreiro de 2020. Arquivado dende o orixinal o 26 de xullo de 2020. Consultado o 16 de abril de 2020.
- ↑ "Anniversaire du Hirak : des milliers de personnes empêchées de marcher sur El Mouradia" (en francés). 22 de febreiro de 2020. Consultado o 16 de abril de 2020.
- ↑ "Abdelmadjid Tebboune assure que l’état a pris ses dispositions pour lutter contre le coronavirus : «Des moyens supplémentaires seront engagés»" (en francés). 18 de marzo de 2020. Arquivado dende o orixinal o 26 de xullo de 2020. Consultado o 16 de abril de 2020.
- ↑ "Coronavirus : le hirak observe la trêve" (en francés). 20 de marzo de 2020. Consultado o 16 de abril de 2020.
- ↑ "Le chef du gouvernement libyen en visite à Alger" (en francés). Consultado o 16 de abril de 2020.
- ↑ "Tebboune reçoit le MAE égyptien, Sameh Choukri" (en francés). Consultado o 16 de abril de 2020.
- ↑ "Crise en Libye : Tebboune reçoit le ministre italien des AE" (en francés). Consultado o 16 de abril de 2020.
- ↑ "Libye: une importante délégation de Haftar a effectué samedi une visite en Algérie" (en francés). Consultado o 16 de abril de 2020.
- ↑ "Algérie/Italie : Giuseppe Conte en visite à Alger sur fond de crise en Libye" (en francés). Consultado o 16 de abril de 2020.
- ↑ "Tebboune se rend à Berlin pour prendre part à la conférence internationale sur la Libye" (en francés). Consultado o 16 de abril de 2020.
- ↑ "Tribunal Sidi M'hamed: Kamel Chikhi dit "El-bouchi" condamné à 8 ans de prison ferme" (en francés). 27 de febreiro de 2020. Consultado o 16 de abril de 2020.