Saltar ao contido

A. B. Yehoshua

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaA. B. Yehoshua

Editar o valor en Wikidata
Nome orixinal(he) אַבְרָהָם גַּבְרִיאֵל יְהוֹשֻׁעַ Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento9 de decembro de 1936 Editar o valor en Wikidata
Xerusalén Editar o valor en Wikidata
Morte14 de xuño de 2022 Editar o valor en Wikidata (85 anos)
Tel Aviv, Israel Editar o valor en Wikidata
Causa da mortecancro Editar o valor en Wikidata
Lugar de sepulturaEin Carmel Editar o valor en Wikidata
EducaciónUniversidade Hebrea de Xerusalén - grao en Artes (–1961)
Escola Hebrea Rehaviah Editar o valor en Wikidata
Actividade
Campo de traballoActividade literaria Editar o valor en Wikidata
Ocupaciónescritor, dramaturgo, pedagogo, guionista Editar o valor en Wikidata
Período de actividade1957 Editar o valor en Wikidata -
EmpregadorUniversidade de Chicago
Universidade de Haifa Editar o valor en Wikidata
Partido políticoPartido Laborista de Israel Editar o valor en Wikidata
Influencias
Pseudónimo literarioא. ב. יהושע Editar o valor en Wikidata
Obra
Obras destacables
Arquivos en
Familia
FillosGidi Yehoshua Editar o valor en Wikidata
Premios

Descrito pola fonteObálky knih, Editar o valor en Wikidata
IMDB: nm0420471 Allocine: 495333 Allmovie: p312025 Editar o valor en Wikidata

Abraham Gabriel Yehoshua, nado en Xerusalén o 9 de decembro de 1936 e finado en Tel Aviv o 14 de xuño de 2022, foi un novelista, ensaísta, e dramaturgo israelí. The New York Times denominouno como o "Faulkner israelí".[1] Asinou a súa obra como A. B. Yehoshua.

Biografía

[editar | editar a fonte]

Avraham ("Boolie") Yehoshua naceu no seo dunha familia sefardí que levaba cinco xeracións instalada en Xerusalén. O seu pai, Yaakov Yehoshua, era un erudito especializado na historia de Xerusalén. A súa nai, Malka Rosilio, inmigrou desde Marrocos en 1932. Medrou no barrio xerosolimitano de Kerem Avraham.[2]

Yehoshua foi paracaidista das Forzas de Defensa de Israel de 1954 a 1957 e cursou estudos no Gymnasia Rehavia, un instituto municipal de Xerusalén.[3] Logo de estudar Literatura e Filosofía na Universidade Hebrea de Xerusalén, empezou a traballar como docente.

Entre 1963 e 1967, Yehoshua morou en París e foi Secretario Xeral da Unión Mundial de Estudantes Xudeus. En 1972, incorporouse á Universidade de Haifa para ensinar Literatura Comparada e Hebrea, pasando a ser profesor titular.[4] En 1975 obtivo unha residencia literaria no Saint Cross College da Universidade de Oxford. Posteriormente, tamén foi un profesor visitante en Harvard (1977), Chicago (1988, 1997, 2000) e Princeton (1992).

Estivo casado con Rivka, psicóloga clínica, ata a súa morte en 2016. Yehoshua morreu de cancro, o 14 de xuño de 2022, deixando unha filla, dous fillos, e seis netos.[5]

Carreira literaria

[editar | editar a fonte]
Yehoshua coa súa muller, Rivka na década de 1990.

Tras rematar o seu servizo militar, Yehoshua empezou a publicar ficción. Foi unha figura senlleira entre a "nova xeración" de escritores israelís. Estes diferían dos seus predecesores por centrarse máis no individuo e no interpersonal que no grupal. Yehoshua sinalou a Franz Kafka, Shmuel Yosef Agnon, e William Faulkner como influencias.[6][7] O seu primeiro libro, Mot Hazaken, foi editado en 1962.

Autor de once novelas, tres libros de relatos, catro obras de teatro, e catro coleccións de ensaios, incluíndo Ahizat Moledet, un libro de reflexións sobre identidade e literatura. A súa novela máis aclamada, Mar Mani, é unha ollada a Israel e á identidade xudía construída a partir de cinco conversacións que cobren douscentos anos de vida xudía en Xerusalén e na cunca mediterránea.[8] Este texto foi adaptado para televisión como serie polo director Ram Loevy.[9]

En 2007, visitou Galicia para recibir o Premio San Clemente pola súa novela Hakalá hameshajreret ("A noiva liberada").[10] Santiago de Compostela inspirouno e empregouna como escenario da súa obra חסד ספרדי, traducida ao inglés como The Retrospective, publicada no ano 2013.[11][12]

Ademais, os seus libros foron traducidos a 28 linguas, sendo algúns deles adaptados ao cinema, televisión, teatro ou á ópera.

Opinións

[editar | editar a fonte]

Yehoshua foi activista do Movemento pola Paz israelí. Expresou as súas posicións críticas coa ocupación israelí de territorios pero tamén cos políticos palestinos.[13] En 2003 asistiu á presentación da Iniciativa de Xénova, que defende a solución dos dous estados. Nas eleccións de 2009 apoiou, canda a outros intelectuais, o partido de esquerda Meretz.[14][15]

Con todo, durante as operacións militares de Israel en Gaza, tanto na chamada "Chumbo Fundido" de 2008 e 2009, como en 2012, insistiu aos habitantes da Franxa a rematar coa violencia, xustificando a intervención niso.[16]

Yehoshua foi criticado pola comunidade xudía americana pola súa afirmación de que unha "vida xudía plena só podería ser nun estado xudeu". Tamén foron polémicos os seus ditos sobre que os xudeus que vivían fóra de Israel "xogaban co xudaísmo" ou que o "Xudaísmo da diáspora é masturbación".[8][17]

Recoñecementos e premios

[editar | editar a fonte]
Manuscrito de Mar Mani, Biblioteca Nacional de Israel

Ao longo da súa dilatada traxectoria literaria, A. B. Yehoshua foi merecente de diversos premios, por exemplo:

  • En 1972, Yehoshua recibiu o Premio do Primeiro Ministro para Traballos Literarios hebreos.
  • En 1983, Premio Brenner.
  • En 1986, Premio Alterman.
  • En 1989, Premio Bialik de literatura ex aequo con Avner Treinin.
  • En 1995, Premio de Israel para literatura hebrea.[18]
  • En 1990, Premio Nacional do Libro xudeu.[19]
  • En 2006, a obra Shlihuto Shel Ha-memouneh Al Mashabei Enosh foi merecente de Los Angeles Times Book prize.
  • En 2007, Premio Arcebispo Xoán de San Clemente.[10]
  • En 2012, o Prix Médicis étranger para a súa novela חסד ספרדי (inglés: The Retrospective).[20]
  • En 2017 gañou o Premio Dan David.[21]

Ademais, foi nomeado doutor honoris causa pola Hebrew Union College (1990), a Universidade de Tel Aviv (1998), a Universidade de Turín (1999), Universidade Bar-Ilan (2000), e a Escola Normal Superior de Pisa (2012).

  1. "Extra strong". The Jerusalem Post (en inglés). Consultado o 2022-06-14. 
  2. Motti, Golani (2004). ""If I lived there it would crush me" Jerusalem from the Biographical to the Historical and Back: A Conversation with A. B. Yehoshua". Journal of Israeli History 23: 279–300. doi:10.1080/1353104042000282429. 
  3. Mintz, Alan L.; Mintz, Author Alan (1997). The Boom in Contemporary Israeli Fiction (en inglés). UPNE. ISBN 978-0-87451-830-6. 
  4. Berger, Joseph (2022-06-14). "A.B. Yehoshua, Israeli Writer Who Explored Moral and Political Dilemmas, Dies at 85". The New York Times (en inglés). ISSN 0362-4331. Consultado o 2022-06-14. 
  5. Ynet (2022-06-14). "Abraham B. Yehoshua, prominent Israeli author dies". Ynetnews (en inglés). Consultado o 2022-06-14. 
  6. On Yehoshua's indebtedness to Agnon: “The ‘Double Triangle’ Paradigm in Hebrew Fiction: National Redemption in Bi-generational Love Triangles
  7. "Talkin' 'bout his generation - Minnesota Daily". web.archive.org. 2008-01-18. Arquivado dende o orixinal o 18/01/2008. Consultado o 2022-06-14. 
  8. 8,0 8,1 Bronner, Ethan (2008-11-13). "A.B. Yehoshua's 'Friendly Fire'". The New York Times (en inglés). ISSN 0362-4331. Consultado o 2022-06-14. 
  9. "Mar Mani". Consultado o 2022-06-16. 
  10. 10,0 10,1 Santiago, Concello de. "Isidro Novo, Javier Cercas e Abraham B. Yehoshúa recibiron os premios San Clemente - Noticias. Ayuntamiento de Santiago de Compostela". santiagodecompostela.gal (en inglés). Consultado o 2022-06-15. 
  11. BENDAHAN, ESTHER (2022-06-15). "El escritor sefardoisraelí que desafió a la diáspora". El País (en castelán). Consultado o 2022-06-16. 
  12. Pinsky, Robert (2013-03-29). "Screening History". The New York Times (en inglés). ISSN 0362-4331. Consultado o 2022-06-16. 
  13. Bronner, Ethan (2008-11-13). "A.B. Yehoshua's 'Friendly Fire'". The New York Times (en inglés). ISSN 0362-4331. Consultado o 2022-06-14. 
  14. Carbajosa, Ana (2009-01-03). ""En Líbano nos dimos cuenta de que no somos tan fuertes"". El País (en castelán). ISSN 1134-6582. Consultado o 2022-06-14. 
  15. "Israel's crisis of leadership". Los Angeles Times (en inglés). 2008-12-14. Consultado o 2022-06-14. 
  16. "ENTRETIEN. L'écrivain israélien A.B. Yehoshua : Privez Gaza de nourriture !". Courrier international (en francés). 2012-11-22. Consultado o 2022-06-14. 
  17. "Leaving Israel". The Jerusalem Post (en inglés). Consultado o 2022-06-14. 
  18. "Israel Prize". 
  19. "Past Winners Jewish Book Council". www.jewishbookcouncil.org (en inglés). Consultado o 2022-06-15. 
  20. "Le Médicis est attribué à Emmanuelle Pireyre pour "Féérie générale"". Le Monde.fr (en francés). 2012-11-06. Consultado o 2022-06-15. 
  21. "A. B. Yehoshua". Dan David Prize (en inglés). 2021-08-17. Consultado o 2022-06-15.