Saltar ao contido

Nominativo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Revisión feita o 28 de xullo de 2022 ás 04:18 por Alfonso Márquez (conversa | contribucións) (Arranxiños)
(dif) ← Revisión máis antiga | Revisión actual (dif) | Revisión máis nova → (dif)

O nominativo é o nome dun caso que nas linguas flexivas de raíz indoeuropea é utilizado en substantivos, adxectivos e pronomes para indicar que a palabra realiza a función de suxeito, aínda que pode aparecer tamén noutras como a de Atributo.

Proceden dun nominativo latino os vocábulos DĚUS > Deus, RES > res, magĬster> mestre, IESUS > Xesús, SARTOR > prov. sastre> xastre, CURCŬLIO> gorgollo, CAROLUS > Carlos, JUDEX> xuíz, e voces cultas como cráter, prefacio, crise, tórax,...