Luís Iglesia
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 2 de febreiro de 1962 (62 anos) Riotorto, España |
Actividade | |
Ocupación | actor, actor de cinema, actor de dobraxe |
Luís Iglesia Besteiro, nado en Riotorto o 2 de febreiro de 1962, é un actor galego de cine, televisión e teatro, ademais de actor de voz e director de dobraxe.[1]
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Inicios
[editar | editar a fonte]Comezou na televisión co-presentando en 1987 o programa infantil da TVG, Rapaces, e en 1997 Cousa, Cousiña.[2] Traballou no teatro con varias compañías, especialmente con Teatro do Aquí en obras como Rastros[3], en curtametraxes como Contar, de Teo Manuel Abad, e no mundo da dobraxe, como actor e director, converténdose na voz habitual de Harrison Ford, Robert De Niro, Mel Gibson, Paul Newman, Chuck Norris ou Garfield, entre outros.[4] En 1999 apareceu nun episodio da coñecida serie Mareas Vivas.
Anos 2000
[editar | editar a fonte]En 2001 comezou a interpretar a Antón en Terra de Miranda, papel que realizou durante as primeiras tres temporadas da serie. Durante eses anos apareceu como secundario en varios filmes como Entre bateas (2002), O agasallo de Silvia (2003), A promesa (2004), Heroína (2005) ou Pataghorobí (2005), en series como Pepe Carvalho (2003), As leis de Celavella (2004), Libro de familia (2005) ou Hospital Central (2008) e en curtametraxes como Palíndromo (2008).
Anos 2010
[editar | editar a fonte]Dende 2009 e ata 2013 interpretou o narcotraficante Carmelo Matalobos, na serie da Televisión de Galicia, Matalobos,[5] sendo este o seu primeiro papel como protagonista. A serie foi un éxito de audiencia e converteuse nun fenómenos social en Galicia, loada por crítica e público,[6] e o papel de Luis Iglesia como o xefe do clan valeulle catro nomeamentos consecutivos como candidato ao Premio Mestre Mateo ao mellor actor.
Paralelamente a Matalobos participou en varias series e miniseries fóra de Galicia: No soy como tú (2010), producida por Antena 3, e Piratas (2011), Ángel o demonio (2011) e La fuga (2012), de Telecinco. Tamén no 2012 actuou no filme galego Vilamor, dirixido por Ignacio Vilar e no que interpretou a personaxe de Breixo de adulto. En 2013 participou no filme Somos xente honrada de Alejandro Marzoa e na miniserie histórica galego-catalá Salgadura.[7] Así mesmo, protagonizou a obra de teatro Gaivotas subterráneas, coa que gañou o Premio Fetega ao mellor actor de teatro[8] e deu voz ó Dicionario de pronuncia da lingua galega do Instituto da Lingua Galega.[9]
En 2014, meteuse no papel de Emilio en Libro de familia, personaxe que interpretou ata o final da serie en 2018.[10] Tamén no 2014 interpretou o organista da Catedral de Santiago na miniseria Códice[11] e puxo voz a Hachibaldo no filme animado de Ernesto Padrón, Maimiño e o espello máxico.[12] En 2015 apareceu no filme A praia dos afogados, de Gerardo Herrero e ao ano seguinte tivo un pequeno papel en Julieta, de Pedro Almodóvar,[13] así como na curtametraxe Vida, de Manuel Garrido e Rubén Riós.
En 2017 apareceu en varios episodios da serie de TVE El ministerio del tiempo, e en 2018 en Vivir sin permiso, serie de Telecinco inspirada nun relato de Manuel Rivas. Tamén ese ano traballou en Las Brujas de E'lente, de Simón Vázquez, o primeiro filme de cine fantástico rodado na provincia de Ourense.[14] En 2019 actuou como Augusto Mendoza en Lobos e cordeiros, fixo de narrador para a Real Filharmonía de Galicia, recitando a Oscar Wilde,[15] e dende setembro interpretou o excomisario Emilio Fortes nos primeiros episodios da serie A estiba, da TVG.
Filmografía
[editar | editar a fonte]Filmes
[editar | editar a fonte]- Entre bateas (2002). Como Xocas.
- Autopsia (2002). Como o Rubio.
- Cota vermella (2003). Como primeiro oficial.
- O agasallo de Silvia (2003). Como doutor.
- A rosa de Alexandría (2003) Como Ginés.
- A promesa (2004). Como doutor.
- Heroína (2005). Como Juanjo.
- Pataghorobí (2005). Como home do bar.
- Secuestrados (2010). Como Javier.
- Vilamor (2012). Como Breixo
- Somos xente honrada (2013). Como Sandro.
- A praia dos afogados (2015). Como forense Guzmán Barrio.
- Julieta (2016). Como forense.
- Las Brujas de E'lente (2018). Como Adolfo.
Series de TV
[editar | editar a fonte]- Mareas Vivas (1999). 1 episodio (Tempada 2. Episodio 10. ¿Por que soan as campás?). TVG.
- Un mundo de historias (2000).
- Terra de Miranda (2001-2003). Como Antón. TVG.
- Pepe Carvalho (2003). Como Ginés.
- As leis de Celavella (2004). Como Marcial Iglesias. TVG.
- Libro de familia (2005). Como Sotomayor. TVG.
- Hospital Central (2008). Como Lorenzo. 1 episodio (Tempada 16. Episodio 14. La puerta está abierta).
- Matalobos (2009-2013). Como Carmelo Matalobos. TVG.
- No soy como tú (2010). Como Jiménez.
- Piratas (2011). Como Gaspar Falcón.
- Ángel o demonio (2011). Como Coronel Medina. 2 episodios.
- La fuga (2012). Como Enrique Graus.
- Salgadura (2013). Como Pousa.
- Pazo de familia (2014-2018). Como Emilio. TVG.
- Códice (2014). Como Joaquín Veiga. TVG.
- El ministerio del tiempo (2017). Como Bosco de Sobrecasa. La 1.
- Vivir sin permiso (2018). Telecinco.
- Lobos e cordeiros (2019). Como Augusto Mendoza.
- A estiba (2019). Como Emilio Fortes. TVG.
- Serramoura. TVG.
Curtametraxes
[editar | editar a fonte]- Contar (1994).
- Xinetes na tormenta (2001). Como Bou.
- Ruleta (2002). Como Beltrán.
- Nai que non fuches (2003). Como home.
- A teoría do espello (2004). Como Lucio.
- Premio (2006). Como profesor.
- O máis rico do cemiterio (2007). Como Gustavo.
- Palíndromo (2008). Como profesor.
- Dies dei (2008). Como médico.
- Maldita mañana (2008). Como Deus.
- Crónica das soidades urbanas (2008). Como home.
- Mr. Smith & Mrs. Wesson (2012). Como Y. Kalashnikov.
- Pecados (2012). Como detective.
- Flores para Amalia (2013).
- Lurna (2015). Como Ruso.
- Vida (2016).
Galardóns e nomeamentos
[editar | editar a fonte]Ano | Categoría | Filme | Resultado |
---|---|---|---|
2009 | Mellor actor | Matalobos | Nomeado |
2010 | Mellor actor | Matalobos | Nomeado |
2011 | Mellor actor | Matalobos | Nomeado |
2012 | Mellor actor | Matalobos | Nomeado |
Premios Fetega
[editar | editar a fonte]Ano | Categoría | Obra | Resultado |
---|---|---|---|
2013 | Mellor actor de teatro | Gaivotas subterráneas | Gañador[8] |
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Luís Iglesia no Soportal do Audiovisual Galego". Consultado o 23 de outubro de 2019.
- ↑ "25 anos de Televisión de Galicia" (PDF). El Correo Gallego. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 08 de marzo de 2016. Consultado o 22 de outubro de 2019.
- ↑ "Axencia Audiovisual Galega.". Arquivado dende o orixinal o 01 de xaneiro de 2014. Consultado o 26 de agosto de 2018.
- ↑ "Harrison Ford coida que as clases humildes salvaron o galego", artigo en El Progreso, 15 de maio de 2008.
- ↑ "Matalobos, un «thriller» con acento lucense", artigo en La Voz de Galicia, 12 de abril de 2009.
- ↑ "Matalobos, el auténtico clan televisivo". La Voz de Galicia (en castelán). 4 de marzo de 2018. Consultado o 22 de outubro de 2019.
- ↑ "A TVG ofrece integramente a miniserie 'Salgadura', unha historia de ambición, traizón e paixón, inspirada nos Massó". CRTVG. 14 de agosto de 2017. Consultado o 22 de outubro de 2019.
- ↑ 8,0 8,1 "O Fetega premia a obra «Gaivotas subterráneas»". La Voz de Galicia (en castelán). 7 de setembro de 2013. Consultado o 23 de outubro de 2019.
- ↑ Créditos do Dicionario de pronuncia da lingua galega.
- ↑ "Os espectadores da TVG escollerán o final da serie 'Pazo de familia'". La Opinión A Coruña. 14 de novembro de 2018. Consultado o 22 de outubro de 2019.
- ↑ "TVG emite el desenlace de la serie «Códice»". La Voz de Galicia (en castelán). 30 de decembro de 2014. Consultado o 22 de outubro de 2019.
- ↑ "«Maimiño», la película gallega que arrasa en Cuba, llega a las salas españolas". La Voz de Galicia (en castelán). 6 de maio de 2015. Consultado o 22 de outubro de 2019.
- ↑ "Elenco completo de "Julieta"". www.cine.com. Consultado o 22 de outubro de 2019.
- ↑ ""Las brujas de E'lente", de Simón Vázquez, el primer filme de cine fantástico rodado en la provincia". Faro de Vigo (en castelán). 1 de decembro de 2018. Consultado o 22 de outubro de 2019.
- ↑ "A Real Filharmonía de Galicia pecha a tempada de abono 2018/2019 coa estrea en España de "A balada do cárcere de Reading", de Jonathan Rathbone". 27 de maio de 2019. Consultado o 22 de outubro de 2019.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Outros artigos
[editar | editar a fonte]- Garfield e mailos seus amigos
- A lexión dos superheroes
- O detective Conan
- One Piece
- Shin Chan
- Walker, ranger de Texas
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Luís Iglesia |