Provincia de Lugo
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde maio de 2014.) |
Lugo é unha das catro provincias de Galicia creadas por Javier de Burgos en 1833. É a meirande provincia galega e a de menor poboación relativa. Limita ó norte co mar Cantábrico, ó oeste coa provincia da Coruña e a de Pontevedra, ó sur coa provincia de Ourense e ó leste co Principado de Asturias e a provincia de León, pertencente a Castela e León. A súa capital e a cidade máis poboada é Lugo, sendo a segunda cidade en poboación Monforte de Lemos, seguida de Viveiro, Vilalba, Sarria, Ribadeo, Foz, Burela e Chantada[1].
Lugo (gl) Lugo (es) | |||||
Localización | |||||
---|---|---|---|---|---|
| |||||
Estado | España | ||||
Comunidade autónoma | Galicia | ||||
Capital | Lugo | ||||
Contén a división administrativa | |||||
Poboación | |||||
Poboación | 326.013 (2021) (33,08 hab./km²) | ||||
Xeografía | |||||
Superficie | 9.856 km² | ||||
Bañado por | Mar Cantábrico | ||||
Punto máis alto | O Mustallar (1.935 m) | ||||
Comparte fronteira con | |||||
Datos históricos | |||||
Precedido por | |||||
Organización política | |||||
Órgano executivo | Deputación de Lugo | ||||
• Presidente da Deputación | Darío Campos Conde (2015–2019) | ||||
Identificador descritivo | |||||
Código postal | 27 | ||||
Fuso horario | |||||
ISO 3166-2 | ES-LU | ||||
Código NUTS | ES112 | ||||
Código INE | 27 | ||||
Páxina web | deputacionlugo.gal | ||||
Aínda que é a maior das provincias galegas, é a terceira en número de habitantes, con 327 946 habitantes en 2020, tras A Coruña e Pontevedra.
Consta de 67 concellos, 11 comarcas e 9 partidos xudiciais, integrados por 1167 parroquias e 10 299 entidades de poboación.[2]
Xeografía
editarA provincia sitúase no nordeste de Galicia, e ocupa 9.856 km². Segundo o IGE[3], no ano 2020 vivía unha poboación de 327 946 habitantes, cunha densidade de poboación duns 33,27 hab./km².
Limita ao norte co mar Cantábrico, ao oeste coa provincia da Coruña, ao sur coa provincia de Ourense, e ao leste, co Principado de Asturias e coa provincia de León.
A orixe da delimitación moderna parte do proxecto de prefecturas de Xosé I, na invasión napoleónica, que establecía a prefectura do Alto Miño, con cabeceira en Lugo e subprefecturas en Lugo, Mondoñedo e Viveiro.[2]
Rías
editarAs rías da provincia de Lugo forman parte das Rías Altas. De oeste a leste son:
- Ría do Barqueiro, desembocadura do río Sor, límite das provincias de Lugo e A Coruña.
- Ría de Viveiro, desembocadura do río Landro, ó norte de Viveiro.
- Ría de Foz, desembocadura do río Masma, ó leste de Foz.
- Ría de Ribadeo, desembocadura do río Eo, límite entre Galicia e Asturias.
Illas
editarAs illas máis importantes da costa lucense son, de oeste a leste:
- Illa Coelleira, na boca oriental da ría do Barqueiro, no concello do Vicedo.
- Illa Ansarón, no concello de Xove.
- Os Farallóns, en fronte de San Cibrao, no concello de Cervo.
- Illa Pancha, na punta nordeste do concello de Ribadeo, no extremo occidental da saída da ría de Ribadeo.
Cabos
editarEntre os numerosos cabos e puntas que hai na provincia debido a súa costa irregular, destacan:
- Punta Roncadoira, no concello de Xove.
- Punta de Morás, no concello de Xove.
- Cabo de San Cibrao, no concello de Cervo.
- Punta dos Castros, no concello de Cervo.
- Cabo Burela, no concello de Burela.
Ríos
editarO principal río que a percorre é o Miño, que tamén acada a provincia de Ourense e fai de linde entre a provincia de Pontevedra e Portugal, desembocando no océano Atlántico. Na cornixa cantábrica ten moitos pequenos ríos. O afluente do Miño é o Sil, que, doutra banda, cómpre dicir que resulta un atractivo turístico amais de polos canóns e a súa riqueza vinícola, tamén polo encadramento no que se atopa, a chamada Ribeira Sacra, que abrangue o sur da provincia de Lugo e mais o norte da de Ourense.
- Río Miño, nace na serra de Meira e desemboca no océano Atlántico no límite galaico-portugués. Atravesa a provincia de norte a sur. A meirande parte da provincia pertence á súa cunca.
- Río Sil, nace no Bierzo e desemboca no río Miño. Na maior parte do seu percorrido pola provincia fai de límite coa provincia de Ourense.
- Río Landro, nace na serra do Xistral e desemboca na ría do Barqueiro.
- Río Ouro, nace na serra do Xistral e desemboca no mar Cantábrico.
- Río Masma, nace na serra da Toxiza e desemboca na ría de Foz.
- Río Eo, nace en Baleira e desemboca na ría de Ribadeo. Foi declarado en 2007, Reserva da Biosfera pola UNESCO.
- Río Ladra, nace na Terra Chá e desemboca no río Miño.
- Río Narla, nace nos montes do Corno de Boi e desemboca no río Miño.
- Río Anllo, nace na serra do Xistral e desemboca no río Miño.
- Río Lea, nace na serra do Monciro e desemboca no río Miño.
- Río Neira, nace na serra do Portelo e desemboca no río Miño.
- Río Navia, nace nos Ancares e desemboca en Navia (Asturias).
- Río Cabe, nace no Incio e desemboca no río Sil.
- Río Lor, nace no Courel e desemboca no río Sil.
Encoros
editarHai 28 encoros na provincia, entre os que destacan:
- Encoro de Belesar, no río Miño ó seu paso polos concellos de Guntín, Páramo, Portomarín, Paradela, Taboada, Chantada e O Saviñao. Ten 655 hm³ de capacidade. é o maior de Galicia.
- Encoro de Salime, no río Navia ó seu paso por Negueira de Muñiz. Ten 266 hm³ de capacidade.
- Encoro de Santo Estevo, no río Sil ó seu paso polos concellos de Sober, Nogueira de Ramuín, Parada de Sil e A Teixeira. Ten 213 hm³ de capacidade.
- Encoro dos Peares, no río Miño ó seu paso polos concellos do Saviñao, Chantada, Carballedo e Pantón. Ten 182 hm³ de capacidade.
- Encoro de Vilasouto, no río Mao ó seu paso por Vilasouto, no concello do Incio. Ten 21 hm³ de capacidade.
- Encoro de Sequeiros, no río Sil ó seu paso por Sequeiros, no concello de Quiroga. Ten 11 hm³ de capacidade.
- Encoro de San Martiño, no río Sil ó seu paso polos concellos de Quiroga, Larouco, A Rúa de Valdeorras e Petín. Ten 10 hm³ de capacidade.
- Encoro do Covo, no río Covo ó seu paso polo Castelo, no concello de Cervo. Ten 6 hm³ de capacidade.
- Encoro de San Xoán, no concello de Guitiriz. Ten menos de 1 hm³ de capacidade.
Para unha lista completa, véxase Lista de encoros de Galicia.
Lagoas
editarNa provincia de Lugo hai varias lagoas situadas na Terra Chá:
- Lagoa de Cospeito, no concello de Cospeito.
- Lagoas de Pedroso, no concello de Begonte.
- Lagoas de Bardancos, no concello de Castro de Rei.
- Lagoas de Reboredo, no concello de Vilalba.
- Lagoa de Carballosa, no concello de Cospeito.
- Lagoa de Denune, no concello de Begonte
- Lagoa de Abelleiras, no concello de Cospeito.
- Lagoa de Seixas, no concello de Cospeito.
Sistemas montañosos
editarOs sistemas montañosos máis importantes da provincia son:
- Serra dos Ancares, facendo fronteira con León e Asturias, co pico da Pena Rubia (1.822 m) como altura raíña. Foi declarado en 2006, Reserva da Biosfera pola UNESCO.
- Serra do Courel, ó norte do río Sil, tamén en fronteira coa provincia de León, co monte Faro (1.606 m).
- Serra do Xistral, entre a A Mariña de Lugo e a Terra Chá, co Cadramón (1.056 m) e O Xistral (1.032 m) como puntos máis altos.
- Serra do Faro, co monte Cantelle (1.222 m) fronteira entre Lugo e Pontevedra.
- Cova da Serpe, co pico do mesmo nome (841 m) entre Lugo e A Coruña.
Demografía
editarConcellos máis poboados
editarComarcas e concellos da provincia de Lugo | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
|
Evolución
editarGráfico da evolución da poboación da provincia dende 1900 ata 2020:
Patrimonio
editarZonas protexidas
editarNa provincia de Lugo hai varias zonas protexidas, aínda que non hai ningún parque nacional nin natural.
- Praia das Catedrais
- Terras do Miño
- Río Eo, Oscos e Terras de Burón
- Os Ancares Lucenses e Montes de Cervantes, Navia de Suarna e Becerreá
Economía
editarO 50% pertence a servizos, o 34% a primaria (agricultura, gandería, silvicultura e pesca), o 11% é a construción e o 5% a industria (incluída a enerxía).[Cómpre referencia][cando?]
Comunicacións
editarEstradas
editar- A-6 (e N-VI): Arteixo-A Coruña-Lugo-Ponferrada-Astorga-Benavente-Medina del Campo-Madrid.
- A-8 (e N-634): Santiago de Compostela-Vilalba-Ribadeo-Xixón-Santander-Bilbao-Donostia.
- CG-2.1: Lalín (AP-53)-Chantada-Monforte de Lemos
- CG-2.2: Nadela (A-6) - Sarria - Monforte de Lemos
- N-120 (futura A-76): Logroño - Burgos - León - Ponferrada - Monforte de Lemos - Ourense - Vigo
- N-540 (futura A-56): Lugo - Guntín (N-547) - Chantada - Ourense
- N-547 (futura A-57): Santiago de Compostela - Arzúa - Melide - Palas de Rei - Guntín (N-540)
- N-640: Vilagarcía de Arousa - A Estrada - Lalín - Monterroso - Lugo - Meira - A Pontenova - A Veiga - A-8
- N-642: Ferrol - Ortigueira - Viveiro - Burela - Foz
Ferrocarril
editarNa provincia de Lugo hai tres liñas de tren en funcionamento:
- A Coruña-Palencia (Adif) por Guitiriz, Rábade, Lugo, Sarria, Monforte e Quiroga.
- Vigo-Monforte de Lemos (Adif)
- Ferrol-Oviedo (Feve) por Viveiro, Burela, Foz e Ribadeo.
Transporte aéreo
editarComarcas
editarConcellos
editarAs comarcas da provincia de Lugo divídense en 67 concellos (Galicia ten 313).
Galería de imaxes
editar-
Subdelegación do Goberno de Lugo.
-
Muralla e a catedral de Lugo.
-
Castelo de Monforte de Lemos, segunda cidade en poboación.
-
Vila de Mondoñedo, capital da Mariña Central.
-
A cidade de Sarria, capital da comarca de Sarria e quinto concello da provincia en poboación.
-
A catedral de Lugo, na imaxe, é unha das dúas catedrais da provincia, xunto coa catedral de Mondoñedo.
Notas
editar- ↑ "Cifras oficiais de poboación a 1 de xaneiro de 2016". IGE. Arquivado dende o orixinal o 24 de marzo de 2016. Consultado o 12/7/2017.
- ↑ 2,0 2,1 AAVV (2019). Das vías romanas á modernidade. deputación Provincial de Lugo. ISBN 9788412059717.
- ↑ IGE (ed.). "IGE - Nomenclátor de Galicia" (en galego). Arquivado dende o orixinal o 30 de decembro de 2020. Consultado o 27 de abril de 2021.
Véxase tamén
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Provincia de Lugo |