Monterroso

concello da comarca da Ulloa, na provincia de Lugo

Monterroso é un concello da provincia de Lugo, pertencente á Comarca da Ulloa. Segundo o INE en 2021 tiña 3.562 habitantes (1771 homes e 1791 mulleres). O seu xentilicio é monterrosina/monterrosino.

Modelo:Xeografía políticaMonterroso
Imaxe

Localización
lang=gl Editar o valor en Wikidata Mapa
 42°47′33″N 7°50′10″O / 42.7925, -7.8361111111111
EstadoEspaña
Comunidade autónomaGalicia
ProvinciaProvincia de Lugo Editar o valor en Wikidata
CapitalMonterroso Editar o valor en Wikidata
Poboación
Poboación3.593 (2023) Editar o valor en Wikidata (30,45 hab./km²)
Xeografía
Parte de
Superficie118 km² Editar o valor en Wikidata
Altitude504 m Editar o valor en Wikidata
Comparte fronteira con
Organización política
• Alcalde Editar o valor en WikidataAntonio Gato Soengas Editar o valor en Wikidata
Eleccións municipais en Monterroso Editar o valor en Wikidata
Identificador descritivo
Código postal27560 Editar o valor en Wikidata
Fuso horario
Código INE27032 Editar o valor en Wikidata

Sitio webmonterroso.es Editar o valor en Wikidata

Poboación

editar
Censo total 2019 3.667 habitantes
Homes 1.812
Mulleres 1.804

Poboación do núcleo urbano

editar
Poboación do núcleo urbano
Fonte: INE Datos Poboación San Miguel de Esporiz [1].

Historia

editar

A denominación Monterroso non aparece ata mediados do século XII cando era o nome dun monte, e pasou a denominar a un asentamento humano. O documento máis antigo relacionado coa comarca é de 572 e refírese á confirmación da división da diocese lucense en doce condados. O territorio de Monterroso abranguía a comarca da Ulloa e pasaría os seus límites ata á Terra de Melide e cara ao Miño.

No século XII, dentro do conflito entre Pedro Froilaz e o matrimonio real de Urraca de León e Afonso o Batallador, entrando este en Galicia e asediando ao Conde de Traba no castelo de Monterroso (o que hoxe é a torre de Penas) conseguindo vencer a seus rivais, pero poñéndose a mal o Batallador coa súa muller ao asasinar a un nobre[2] amigo de Urraca que se refuxiara baixo seu manto.

A finais de 1920 comezou a editarse en Monterroso o periódico El Eco del Ulla, Órgano del Sindicato Católico Agrario de Monterroso.

En Monterroso hai un centro penitenciario para reclusos mozos, na Vacaloura, Penas, a seis quilómetros do centro da vila.[3]

editar
Refraneiro
  • Bestas en pelo, hainas en Monterroso [4].
Cantigueiro
  • Na miña vida tal vin/ na feira de Monterroso:/ corenta e cinco estudiantes/ a cabalo dun raposo [5].
  • Na miña vida tal vin/ na feira de Monterroso:/ vinte cinco escríbanos/ da cabalo dun raposo.
  • Se ti viras o que eu vin/ alá riba en Monterroso,/ sete frades dun convento/ da cabalo dun raposo [6].
  • Se ti viras o que eu vin / na feira de Monterroso: / vinte cinco xastres xuntos / da cabalo dun raposo.
  • Se ti viras o que eu vin/ no monte de Monterroso,/ máis de sesenta mil corvos/ da cabalo dun raposo.
  • Se tu viras o que eu vin/ na feira de Monterroso:/ o abade de Lubeira/ dacabalo dun raposo [7].
  • Se tu viras o que eu vin/ na feira de Monterroso:/ sete frades dun convento/ dacabalo dun raposo [7].
  • Se viras o que eu vin / na feira de Monterroso, / vintecinco costureiras / dacabalo dun raposo.[8]

Galería de imaxes

editar

Lugares de Monterroso

editar

Para unha lista completa de todos os lugares do concello de Monterroso vexa: Lugares de Monterroso.

Parroquias

editar
Galicia | Provincia de Lugo | Parroquias de Monterroso

Arada (Santa María) | Bidouredo (Santiago) | O Bispo (Santa María) | Cumbraos (San Martiño) | Esporiz (San Miguel) | Fente (San Martiño) | Os Ferreiros (San Cibrao) | Frameán (San Pedro) | Fufín (San Martiño) | Lavandelo (Santiago) | Leborei (Santa María) | Ligonde (Santiago) | Lodoso (San Xoán) | Marzán (Santa María) | Milleirós (San Pedro) | Novelúa (San Cristovo) | Pedraza (Santa María) | Penas (San Miguel) | Pol (San Cibrao) | Salgueiros (Santa María) | San Breixo (San Salvador) | Satrexas (Santa Eufemia) | Sirgal (Santo André) | Sucastro (Santa Mariña) | Tarrío (Santa María) | Valboa (San Salvador) | Vilanova (San Pedro) | Viloíde (San Cristovo)

  1. https://www.ine.es/wstempus/nomen/GraficoWidget?idup=77170
  2. María del Carmen Pallares Méndez e Ermelindo Portela Silva, La reina Urraca, ed. Nerea, 2006.
  3. Centro Penitenciario de Lugo-Monterroso Arquivado 11 de xuño de 2017 en Wayback Machine. (en castelán).
  4. Eladio Rodríguez González, s. v. besta.
  5. No texto: vín, de un. Fermín Bouza-Brey 1929, 189.
  6. No texto: qu’eu, d’a cabalo. Saudade nº 4, xullo 1943, 27.
  7. 7,0 7,1 Xaquín Lorenzo Fernández, 147. No orixinal: vín, de un.
  8. Castro Santamariña, Manuel (2013). Cancioneiro das terras de Aranga. Deputación da Coruña. p. 57. ISBN 978-84-9812-210-7. 

Véxase tamén

editar

Bibliografía

editar

Outros artigos

editar

Ligazóns externas

editar

 
 Este artigo sobre concellos de Galicia é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.