Pacto Ribbentrop-Molotov
O Tratado de Non Agresión entre Alemaña e a Unión Soviética (en alemán: Deutsch-sowjetischer Nichtangriffspakt[1]; en ruso Договор о ненападении между Германией и Советским Союзом[2]) Pacto Ribbentrop-Molotov, ou pacto de non agresión, foi asinado entre a Alemaña nazi e a Unión Soviética en Moscova polos ministros de Asuntos Exteriores de Alemaña e da Unión Soviética, Joachim von Ribbentrop e Viacheslav Molotov respectivamente.
Pacto Ribbentrop-Molotov | |
---|---|
Joachim von Ribbentrop e Viacheslav Mólotov durante a sinatura do pacto. Molotov está a piques de asinar. Ribbentrop está detrás del, con Stalin á súa esquerda. | |
Data | 23 de agosto de 1939 |
Creación | 23 de agosto de 1939 |
Derogación | 22 de xuño de 1941 (Invasión alemá da URSS) |
Lingua | Alemán e ruso |
Formato | Asinado en papel |
Localización | Moscova, Unión Soviética |
Signatarios | Joachim von Ribbentrop (Alemaña) e Viacheslav Mólotov (Unión Soviética) |
Función | Renovar e establecer a non-agresión mutua e dividir esferas de influencia en Europa Oriental |
O pacto rubricouse o 23 de agosto de 1939, pouco antes de iniciarse a Segunda guerra mundial, e despois de que Francia e Gran Bretaña tivesen asinado o pacto de Múnic[3] e sen que se tivese desactivado nunca o pacto Antikomintern, alianza de axuda militar de países pro-fascistas contra a Unión Soviética, asinado en 1936 e renovado en 1941[4].
Os acordos
editarO tratado contiña cláusulas de non agresión mutua, así como de comprometerse á unha solución pacífica das controversias entre ambos os Estados, e cunha intención de estreitar vinculos económicos e comerciais, e de axudarse un ao outro. Ademais, o tratado contiña tamén unhas disposicións secretas[3] que só coñecían os xerarcas do ambos os gobernos, mais non reveladas ao público, onde o Terceiro Reich e a Unión Soviética definían case literalmente as partillas da Europa do leste e central, fixando os límites da influencia alemá e soviética mediante mutuo acordo, determinando que Polonia ficaría como zona de influencia de ambos os dous estados, e logrando a Unión Soviética que Alemaña recoñecesen a Estonia, Letonia e Lituania como zonas de interese soviético. Tamén se comprometían a consultarse mutuamente sobre asuntos de interese común e a non participar en ningunha alianza formada en contra dalgún dos estados asinantes.
Efectos
editarA sinatura deste pacto incomodou moito no resto de Europa, aínda que Stalin estivera intentando negociar unha alianza con Gran Bretaña e Francia durante varios meses. Para moitas persoas resultaba incomprensíbel que dúas potencias tan enfrontadas puidesen pórse de acordo nun pacto de non agresión amigábel en tan pouco tempo. Especial foi o caso dos fascistas que odiaban a ideoloxía comunista e vían isto como un pacto co demo, ao igual que os simpatizantes da Unión Soviética, que vían o réxime nazi como o inimigo a bater.
A consecuencia directa foi a invasión de Polonia por Alemaña e días despois pola URSS en setembro de 1939 e o ataque posterior a Finlandia por parte da URSS. Baixo este pacto en 1940 os soviéticos anexiónanse Estonia, Lituania e Letonia, e territorios de Romanía.
Despois da vitoria da Wehrmacht na batalla de Francia en xuño de 1940 e unha vez comezada xa a Segunda guerra mundial, as relacións xermano-soviéticas tornáronse cada vez máis tensas. Hitler consideraba o pacto asinado como unha solución temporal, pois andaba cavilando en expandir o territorio alemán para o leste. Nunha conferencia secreta celebrada o 31 de xullo de 1940, os alemáns tomaron a decisión de invadir a Unión Soviética na primavera de 1941, nun plan que tiña o nome de Operación Barbarrossa. As relacións entre ambos os países empezaron e poñerse moi negras ante a presenza da maquinaria bélica alemá en Finlandia e Romanía, e tamén a unha visita do soviético Molotov a Berlín no novembro de 1940, onde dixo en voz moi alta que estaba preocupado polo enorme poderío militar de Alemaña. Os preparativos para a Operación Barbarossa realizáronse rapidamente, e a decisión de invadir a URSS foi confirmada nunha asemblea de guerra o 18 de decembro de 1940.
Alemaña atacou a Unión Soviética o 22 de xuño de 1941, ao invadir o territorio polaco anexionado pola URSS en setembro de 1939, nunha campaña militar que non rematou até o 1945, coa derrota final alemá na que os rusos chamaron Gran guerra patria.
Consideracións a finais do século XX e principios do XIX
editarOs documentos oficiais do Terceiro Reich alusivos ao Pacto, incluíndo as "cláusulas secretas"", foron descubertos tras a fin da guerra polo exército británico, sendo eventualmente revelados ao público. Durante décadas, a política oficial da Unión Soviética foi negar a existencia de tales cláusulas secretas do Pacto e admitir como reais só os acordos relacionados á mutua non agresión. Non foi senón tras a gran manifestación denominada Cadea báltica, en agosto de 1989, coa que se creou unha comisión especial na Unión Soviética para investigar a súa existencia, concluíndo os seus traballos afirmativamente. Como resultado, o goberno soviético presidido por Gorbachov, no marco da súa política de glasnost (apertura) emitiu unha declaración oficial admitindo como verdadeiro o contido deste tratado respecto á partilla nazi-soviética da Europa Oriental e condenando o Pacto. Desde a década de 2000 altos cargos da Federación Rusa, incluíndo o presidente Vladimir Putin e o ministro de Exteriores Serguéi Lavrov, afirmaron que o pacto fora unha "decisión estratéxica e oportuna" que permitiu á Unión Soviética gañar tempo para defenderse na Gran guerra patria e que os países europeos tomaran "decisiones miopes" para acougar a Hitler permitindo o pacto Antikomintern, non intervindo na Guerra civil española e permitindo a expansión dos nazis por Centroeuropa, rubricando o Pacto de Múnic. Segundo Lavrov, "Calculando ingenuamente que a guerra non os tocaría, as potencias occidentais xogaron un doble xogo: Tentaron dirixir a agresión de Hitler cara ao leste. Nesas condicións, a URSS tivo que salvagardar a sú propia seguridade nacional por si mesma".[3] Nun comunicado conxunto, os gobernos de Estonia, Letonia, Lituania, Polonia e Rumania consideraron que o tratado "condenou a media Europa a décadas de miseria".
Notas
editar- ↑ "Deutsch-Sowjetischer Nichtangriffspakt". Geschichte kompakt (en alemán). Consultado o 2022-06-20.
- ↑ "Полный текст Договор о ненападении между Германией и Советским Союзом / Баварская государственная библиотека (БСБ, Мюнхен)". www.1000dokumente.de. Consultado o 2022-06-20.
- ↑ 3,0 3,1 3,2 "Ribbentrop-Molotov, el pacto entre nazis y soviéticos que "condenó a media Europa a décadas de miseria"". BBC News Mundo (en castelán). Consultado o 2022-06-20.
- ↑ Weinberg, Gerhard (1970). The Foreign Policy of Hitler's Germany Diplomatic Revolution in Europe 1933–36. Chicago. ISBN 0226885097.
Véxase tamén
editarA Galipedia ten un portal sobre: Rusia |
Commons ten máis contidos multimedia sobre: Pacto Ribbentrop-Molotov |
A Galipedia ten un portal sobre: Segunda Guerra Mundial |
Outros artigos
editar- Guerra de Inverno
- Guerra de Laponia
- Ocupación das Repúblicas Bálticas
- Operación Barbarroxa
- Segunda guerra mundial
Ligazóns externas
editar- Texto do pacto (en español)
- Texto do pacto (en alemán)
- Texto do pacto (en inglés) Arquivado 14 de novembro de 2014 en Wayback Machine.