Miguel Juane
Miguel Juane Sánchez, nado o 17 de xuño de 1965 en Vigo, é un avogado e ex xogador de baloncesto galego. Con 2,00m de altura, a súa posición natural era a de ala. Foi internacional coa selección española.
Biografía | |||||||||||||||||||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Nacemento | 17 de xuño de 1965 (59 anos) Vigo, España | ||||||||||||||||||||||||||||||||||
Actividade | |||||||||||||||||||||||||||||||||||
Ocupación | baloncestista | ||||||||||||||||||||||||||||||||||
Deporte | baloncesto | ||||||||||||||||||||||||||||||||||
Posición de xogo | Ala | ||||||||||||||||||||||||||||||||||
|
Dende setembro de 2023 é o Xuíz Único do Comité de Apelación da FGB.
Traxectoria
editarTraxectoria deportiva
editarComezou a súa carreira no baloncesto no Club Bosco da Coruña, co que competiu na Primeira B (segundo nivel do baloncesto español) dende 1982.[1] No verán de 1985 fichou polo Obradoiro, da mesma categoría, no que militou dúas tempadas baixo a batuta de Pepiño Casal.[2][3]
En 1987 marchou xunto con Ricardo Aldrey para o OAR Ferrol, tamén da Primeira B, onde se reencontrou con Alberto Abalde que fixera o mesmo camiño a tempada anterior. O equipo ferrolán, no que destacaba tamén Anicet Lavodrama,[4] conseguiu regresar á Liga ACB ese mesmo ano. Juane debutou na máxima categoría do baloncesto español na tempada seguinte e ao remate desta deixou o club verde para ingresar polo Valladolid, nunha polémica fichaxe ao negarse o presidente do club ferrolán, Juan Fernández, a deixalo libre.[5][6] Foi o primeiro deportista español en romper o seu contrato unilateralmente acolléndose ao famoso Real Decreto 1006/85, e en pagar a cláusula de rescisión, que foi dun millón de pesetas.[7]
Nas dúas campañas nas que militou no Valladolid, o club púrpura e dourado realizou dúas das mellores actuacións da súa historia, acadando a sexta e a sétima praza da liga respectivamente e xogando unha final da Copa Príncipe de Asturias. Foi titular naquel equipo, no que militaban entre outros Arvydas Sabonis, Valdemaras Chomičius e Miguel Ángel Reyes, e fixo unha media de 11 puntos.[3]
No verán de 1991 deixou o Valladolid e fichou polo Baskonia, onde xogou unha tempada. A continuación xogou no Oximesa de Granada e pechou a súa carreira no CAB Coruña na tempada 1993/94.
Selección española
editarXogou coa selección española júnior e coa sub-23 antes de debutar coa absoluta en 1989. Disputou un total de tres partidos co combinado español.[8]
Tras a retirada deportiva
editarLicenciado en Dereito, tras deixar o baloncesto exerceu como avogado no seu propio bufete na Coruña e Vilagarcía.[9] Especializouse no campo do deporte e foi presidente do Comité Galego de Disciplina Deportiva entre 2012 e 2020, presidente da Asociación Galega de Dereito Deportivo entre 2016 e 2020, membro do Tribunal de Arbitraxe, mediador do COE e vicepresidente da Asociación Española de Mediación Deportiva.[10]
En 1999 formou parte do equipo xudicial que tomou as rendas do Atlético de Madrid por orde da Audiencia Nacional, tras a destitución de Jesús Gil.[11][12] En 2009 foi presentado como director xeral do Obradoiro, na súa nova etapa na ACB.[13]
En marzo de 2021 converteuse no novo secretario do Consello de Administración do Deportivo da Coruña, despois de que Abanca forzase a saída do presidente Fernando Vidal, sendo substituído por Antonio Couceiro.[10][14] Ocupou dito cargo ata que todo o Consello foi cesado ao remate da tempada 2022/23, tralo fracaso na promoción de ascenso a Segunda.[15] En setembro de 2023 pasou ocupar o cargo de Xuíz Único do Comité de Apelación da Federación Galega de Baloncesto.[16]
Notas
editar- ↑ "El Bosco Majox habrá de entregarse de lleno frente al Español". La Voz de Galicia (en castelán). 18 de decembro de 1982. p. 55.
- ↑ "El Feiraco-Santiago aspira a mantenerse en la Primera «B» del baloncesto masculino". La Voz de Galicia (en castelán). 12 de agosto de 1985. p. 18.
- ↑ 3,0 3,1 "Juane, si el Obra te llama dos veces". El Correo Gallego (en castelán). 28 de xaneiro de 2018. Consultado o 3 de abril de 2021.
- ↑ "Historia de los ascensos a ACB (1987-88) (I): del Clesa Ferrol de Lavodrama al Askatuak de Abdul Jeelani" (en castelán). 3 de abril de 2020. Consultado o 3 de abril de 2021.
- ↑ "Juane: «Podemos firmar contratos, pero lo que parece es que al final todo es papel mojado»". La Voz de Galicia (en castelán). 23 de xuño de 1989. p. 51.
- ↑ "Miguel Juane al Fórum de Valladolid". La Voz de Galicia (en castelán). 7 de setembro de 1989. p. 40.
- ↑ "Un jurista en la pista" (en castelán). 24 de marzo de 2019. Consultado o 3 de abril de 2021.
- ↑ "Miguel Juane". seleccionbaloncesto.es (en castelán). Consultado o 3 de abril de 2021.
- ↑ Ortiz Pérez, Javier (28 de xullo de 2013). "Miguel Juane: El tercer ‘MJ’ histórico" (en castelán). Arquivado dende o orixinal o 14 de abril de 2021. Consultado o 3 de abril de 2021.
- ↑ 10,0 10,1 "Miguel Juane, nuevo secretario del Consejo de Administración del Deportivo" (en castelán). 24 de marzo de 2021. Consultado o 3 de abril de 2021.
- ↑ Torres, Diego (5 de xaneiro de 2000). "La incómoda soledad de Juane". El País (en castelán). Consultado o 3 de abril de 2021.
- ↑ Méndez, Rafael (31 de marzo de 2013). "El fútbol, otra burbuja pinchada". El País (en castelán). Consultado o 3 de abril de 2021.
- ↑ "Miguel Juane, presentado como director general del Obradoiro". Marca (en castelán). 22 de xullo de 2009. Consultado o 3 de abril de 2021.
- ↑ "Miguel Juane, novo secretario do Deportivo". CRTVG (en castelán). 24 de marzo de 2021. Consultado o 3 de abril de 2021.
- ↑ Núñez, Alfonso (14 de xuño de 2023). "Dimite todo el Consejo de Administración del Deportivo y el club anuncia el cese de Rubén de la Barrera" (en castelán). Consultado o 30 de decembro de 2023.
- ↑ "Miguel Juane, novo Xuíz Único do Comité de Apelación FGB". 4 de setembro de 2023. Consultado o 30 de decembro de 2023.
Véxase tamén
editarLigazóns externas
editar- Ficha de Juane na web da ACB (en castelán).