Carel Godin de Beaufort
Jonkheer (Barón) Karel Pieter Antoni Jan Hubertus (Carel) Godin de Beaufort nado en Maarsbergen o 10 de abril de 1934 e finado en Colonia, Alemaña o 2 de agosto de 1964 foi un pilotode carreiras e nobre holandés dos Países Baixos. Competiu na Fórmula Un entre 1957 e 1964.
Biografía | |||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Nacemento | 10 de abril de 1934 Maarsbergen, Países Baixos (en) | ||||||||||||||||
Morte | 2 de agosto de 1964 (30 anos) Colonia, Alemaña | ||||||||||||||||
Actividade | |||||||||||||||||
Ocupación | piloto de Fórmula Un, piloto de motociclismo, piloto de automobilismo | ||||||||||||||||
Deporte | automobilismo Motociclismo | ||||||||||||||||
| |||||||||||||||||
Participou en | |||||||||||||||||
24 Horas de Le Mans | |||||||||||||||||
Familia | |||||||||||||||||
Familia | De Beaufort (en) | ||||||||||||||||
Pais | Johan Willem Godin de Beaufort e Hillegonda Maria Spiekermann | ||||||||||||||||
A Galipedia ten un portal sobre: Fórmula 1 |
Carreira
editarGodin de Beaufort participou en 31 Grandes Premios do Campionato do Mundo, converténdose no primeiro holandés en puntuar no Campionato do Mundo de Fórmula Un e en numerosas carreiras de Fórmula Un fora do Campionato. Foi un dos últimos pilotos verdaderamente afeccionados na F1, e pilotou os seus propios coches, pintados co vibrante cor de carreiras holandés: laranxa, baixo o escudo "Ecurie Maarsbergen", o equipo tomou o seu nome da casa de campo de Beaufort. Nos primeiros anos considerárono unha especie de chicana móbil, e un perigo para os outros pilotos da pista. Con todo, en anos posteriores converteuse nun rival competente e popular.
Sempre un devoto de Porsche (soamente pilotou dúas carreiras do campionato do mundo con outros coches) era unha visión familiar no campionato e nas carreiras fóra de Campionato no seu Porsche 718 laranxa, comprado ao equipo Rob Walker Racing Team. Aínda que o 718 xa estaba obsoleto no seu primeiro ano con el, persistiu con el pois era o único deseño no cal cabía o seu rexo corpo. O tamaño do coche, e un trazo de humor autocrítico do propio Beaufort, valeulle o alcumo de "Porsche Gordiño". Coa estereotipada excentricidade aristocrática a miúdo pilotaba sen zapatos,[1] E na súa última carreira en Alemaña ata foi visto correndo as voltas da práctica levando unha peluca dos Beatles, en lugar do seu casco.[2]
Morte
editarGodin de Beaufort pilotaba o Porsche 718 na práctica para o Gran Premio de Alemaña de 1964 en Nürburgring cando o coche saíuse de súpeto da pista na infame curva de Bergwerk. Saíu despedido do coche e sufriu múltiples feridas na cabeza, o peito e as pernas. Inicialmente Beaufort foi levado a un hospital en Koblenz, pero ao día seguinte foi trasladado a un importante centro neurolóxico en Colonia onde morreu pola noite.
Rexistro de carreiras
editarResultados completos nas 24 Horas de Le Mans
editarAno | Equipo | Co-Pilotos | Coche | Clase | Voltas | Pos. | Clase Pos. |
---|---|---|---|---|---|---|---|
1956 | Wolfgang Seidel | Mathieu Hezemans | Porsche 550A/4 RS | S 1.6 | 48 | Ret | Ret |
1957 | E. Hugus | Ed Hugus | Porsche 550A RS | S 1.5 | 286 | 8th | 1º |
1958 | Baron Carel Godin de Beaufort | Herbert Linge | Porsche 550 RS | S 1.5 | 288 | 5th | 2º |
1959 | Baron Carel Godin de Beaufort | Christian Heins | Porsche 718 RSK | S 1.5 | 186 | Ret | Ret |
1960 | Baron Carel Godin de Beaufort | Richard Stoop | Porsche 718 RS 60 | S 1.6 | 180 | Ret | Ret |
1962 | Porsche System Engineering | Ben Pon | Porsche 356B Abarth | GT 1.6 | 35 | Ret | Ret |
1963 | Porsche System Engineering | Gerhard Koch | Porsche 356B 2000GS GT | GT 2.0 | 94 | Ret | Ret |
Resultados Completos na Fórmula Un
editar(Chave) As carreiras en letra grosa indican pole position; as carreiras en cursiva indican volta rápida.
‡ participou cun Fórmula 2.
Resultados completos na Fórmula 1 fóra de campionato
editar(Chave) As carreiras en letra grosa indican pole position; as carreiras en cursiva indican volta rápida.
ano | Equipo | Chasis | Motor | 1 | 2 | 3 | 4 | 5 | 6 | 7 | 8 | 9 | 10 | 11 | 12 | 13 | 14 | 15 | 16 | 17 | 18 | 19 | 20 | 21 |
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
1961 | Ecurie Maarsbergen | Porsche 718 | Porsche 547/3 1.5 F4 | LOM | GLV | PAU | BRX | VIE | AIN | SYR | NAP | LON | SIL | SOL Ret |
KAN | DAN Ret |
MOD NSC |
FLG 6 |
OUL | LEW | VAL | RAN | NAT | RSA |
1962 | Ecurie Maarsbergen | Porsche 718 | Porsche 547/6 1.5 F4 | CAP | BRX | LOM | LAV | GLV | PAU | AIN | INT | NAP | MAL 9 |
CLP | RMS 7 |
SOL 5 |
KAN 6 |
MED | DAN 7 |
OUL 7 |
MEX 7 |
RAN | NAT | |
1963 | Ecurie Maarsbergen | Porsche 718 | Porsche 547/6 1.5 F4 | LOM | GLV | PAU 4 |
IMO 6 |
SYR 2 |
AIN | INT 9 |
ROM 2 |
SOL 7 |
KAN 7 |
MED NTS |
AUT 3 |
OUL 10 |
RAN | |||||||
1964 | Ecurie Maarsbergen | Porsche 718 | Porsche 547/6 1.5 F4 | DMT | NWT | SYR Ret |
AIN | INT 13 |
SOL 8 |
MED | RAN |
Notas
editar- ↑ "Copia arquivada". Arquivado dende o orixinal o 08 de decembro de 2006. Consultado o 11 de febreiro de 2017.
- ↑ "8W - Who? - Carel Godin de Beaufort". 8w.forix.com. Consultado o 2012-09-10.
Véxase tamén
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Carel Godin de Beaufort |